Amnistía Internacional
Amnistía Internacional é un movemento mundial integrado por persoas cuxo fin é contribuír a que se respecten os dereitos humanos, traballando por eses dereitos proclamados na Declaración Universal e noutras normas internacionais. Promovendo a súa observancia e a súa concienciación pública con actividades de acción, así como por medio da educación e da presión para que se ratifiquen e apliquen nos tratados. Está formado por máis dun millón e medio de persoas, de máis de 150 países e territorios, que dedican o seu tempo e o seu esforzo para traballar por un mundo no que todas as persoas gocen de todos os dereitos humanos e para apoiar ás vítimas cuxos dereitos foron violados.
Índice |
Obxectivos e características [editar]
A tarefa de Amnistía Internacional (AI) baséase nunha investigación coidadosa e nas normas acordadas pola comunidade internacional. É un movemento democrático e autónomo de activistas voluntarios, con máis dun millón de membros e subscritores repartidos en máis de 140 países e territorios. Finánciase en gran medida coas cotas do seus membros de todo o mundo. A organización nin solicita nin acepta contribucións dos gobernos para realizar a súa tarefa de investigación e campañas contra a violación dos dereitos humanos.
AI é independente de toda ideoloxía política e credo relixioso. Non apoia nin se opón a ningún goberno ou sistema político, nin tampoco apoia nin se opón ás opinións das vítimas cuxos dereitos intenta protexer. A protección imparcial dos dereitos humanos é a súa finalidade.
AI emprende accións para opoñerse a algunhas das violacións máis graves que cometen os gobernos contra os dereitos civís e políticos das persoas. O obxectivo principal do seu activismo contra esas violacións son:
Obter a liberdade de todos os presos de conciencia, é dicir, segundo o Estatuto da organización, das persoas que foron recluídas a causa das súas conviccións políticas, relixiosas o calquera outro motivo de conciencia, ou en razón da súa orixe étnica, sexo, cor, idioma, orixe nacional ou social, situación económica, nacemento ou outras circunstancias, sempre que non fixesen recurso á violencia nin propugnaran o seu uso;
Lograr que sexan xulgados con prontitude e imparcialidade todos os presos políticos; Conseguir a abolición da pena de morte e mais a erradicación da tortura e os malos tratos; Rematar cos homicidios políticos e «as desaparicións».
Amnistía Internacional pide aos grupos políticos armados que respecten os dereitos humanos e poñan fin a abusos como a detención de persoas en calidade de presos de conciencia, a toma de reféns, a tortura e os homicidios ilexítimos.
Tamén colabora coas Nacións Unidas e con organizacións intergubernamentais rexionais, coa súa tarefa en favor dos refuxiados.
Historia [editar]
Amnistía Internacional empezou hai máis de cinco décadas, dous estudantes portugueses elevaron as súas copas para brindar pola liberdade. Por ese sinxelo xesto foron condenados a cumprir sete anos de cárcere. A súa historia horrorizou o avogado británico Peter Benenson (1921-2005) e escribiu ao xornal The Observer coa intención de emprender unha campaña internacional para protexer "«Os presos esquecidos». A súa idea consistía en bombardear as autoridades de todo o mundo con cartas de protesta. O 28 de maio de 1961, o diario publicou un artigo a toda plana titulado «Os presos esquencidos», que inauguraba a campaña de Peter Benenson Appeal for Amnesty 1961 , dun ano de duración. No artigo pedíase aos cidadáns de todo o mundo que protestasen -de forma imparcial e pacífica- contra o encarceramento de homes e mulleres en calquera lugar do mundo polas súas conviccións políticas ou relixiosas, e cualificábase a estas persoas como «presos de conciencia».
Seis meses despois, o que empezou como un breve acto publicitario estábase transformando nun movemento internacional de carácter permanente. Ao cabo dun ano, a nova organización xa enviara delegacións a catro países para elevar protestas a favor dalgúns presos e fixérase cargo de 210 casos; os seus membros xa organizaran estruturas nacionais en sete países. Os principios de imparcialidade e independencia quedaron establecidos desde o comenzo. Púxose o énfase na protección internacional dos dereitos humanos: persoas de todo o mundo actuarían en prol de individuos de calquera parte do mundo. A medida que a organización foi crecendo, o seu foco de atención foise ampliando para ocuparse non só dos presos de conciencia, senon tamén das vítimas doutros abusos contra os dereitos humanos en todo o mundo, como a tortura, as «desaparicións» e a pena de morte. En 1977 os esforzos do movemento foron recompensados co premio Nobel da Paz, e en 1978 a organización foi galardoada co premio de Dereitos Humanos das Nacións Unidas.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Amnistía Internacional-Sección Española (en castelán)
- Amnistía Internacional-Secretariado Internacional (en inglés)
- Grupos Locais Galegos de Amnistía Internacional
- Amnistía Internacional-Vigo