Jaroslav Seifert

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Retrato en relevo na tumba de Jaroslav Seifert.

Jaroslav Seifert, nado en Praga o 23 de setembro de 1901 e finado o 10 de xaneiro de 1986, foi un poeta e xornalista checo. Recibiu o Premio Nobel de Literatura no 1984 por unha produción poética que, dotada de gran frescura, sensualidade e variada imaxinación, subministra unha imaxe liberada do espírito indomable e a versatilidade do home.

Índice

Traxectoria[editar]

Naceu nun barrio residencial de Praga, no seo dunha familia de clase obreira. Non chegou a rematar os seus estudios e comezou a dedicarse á poesía e ó xornalismo. No 1921 publica a súa primeira colección de poemas, A cidade en chamas.

Foi membro fundador do grupo vangardista Devestil e do Partido Comunista Checoslovaco con que rompe relacións no 1929. Entre 1968 e 1970 asumiu a dirección da Unión de Escritores Checos. No 1985 publicou as súas memorias (Toda a beleza do mundo).

Obra[editar]

Entre as súas obras máis importantes destacan:

  • Os brazos de Venus, 1936.
  • Vestida de luz, 1940.
  • Nai, 1954.
  • Concerto sobre a illa, 1965.
  • O bico de despedida, 1965.
  • O anel da madona de Trebon, 1966.
  • Cantos sobre Praga, 1968.
  • Paraugas en Picadilly, 1979.

Véxase tamén[editar]

Ligazóns externas[editar]