Juan Ramón Jiménez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
'
Nobel prize medal.svg
Juan Ramón Jiménez'
JRJimenez.JPG
Juan Ramón Jiménez
Datos persoais
Nacemento 23 de decembro de 1881
Lugar Moguer, España España
Falecemento 29 de maio de 1958 (76 anos)
Lugar San Xoán, Porto Rico Flag of Puerto Rico.svg
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe Zenobia Camprubí Aymar (1916-1956)
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua Española
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros Poesía
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
Premios {{{premios}}}
Firma de Juan Ramón Jiménez.jpg
{{{web}}}

{{{notas}}}

Juan Ramón Jiménez Mantecón, nado en Moguer (provincia de Huelva) o 23 de decembro de 1881 e finado en San Xoán (Porto Rico) o 29 de maio de 1958, foi un poeta español, gañador do Premio Nobel de Literatura en 1956, mentres permanecía no exilio desde a súa segunda patria, Porto Rico (onde tamén viviron exiliados outras renomeadas figuras peninsulares, tales como Pau Casals e Francisco Ayala.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi fillo de Victor Jiménez e Purificación Mantecón, quen se dedicaban con éxito ao comercio de viños. Tras estudar Bacharelato cos xesuítas no Puerto de Santa María, comezou a carreira de Dereito imposta polo seu pai na Universidade de Sevilla, aínda que non finalizou os seus estudos. Os poemas de Rubén Darío, o membro máis destacado do Modernismo na poesía hispánica, conmovéronlle especialmente na súa mocidade.

En 1900 publicou os seus dous primeiros libros de textos. A morte do seu pai neste mesmo ano e a ruína familiar causáronlle unha fonda preocupación, vivida intensamente por mor do seu carácter hiperestésico, e en 1901 foi ingresado con depresión nun sanatorio en Bordeus, onde tivo unha aventura amorosa coa muller do seu psiquiatra. En 1905 regresou ao seu pobo natal e seis anos máis tarde trasladouse a Madrid. Fixo varias viaxes a Francia e logo a Estados Unidos, onde en 1916 casou con Zenobia Camprubí de Aymar.

A partir de 1931, a esposa do poeta sufrirá os primeiros síntomas dun cancro que acabará coa súa vida. En 1936 viuse obrigado a abandonar España ao estalar a Guerra Civil Española. En 1946 o poeta permanece hospitalizado oito meses por mor doutra crise depresiva. En 1956 a Academia Sueca outórgalle o Premio Nobel de Literatura en Porto Rico, onde viviu gran parte da súa vida no exilio e onde traballa como profesor na Universidade. Tres días despois, morre a súa esposa en San Juan. Nunca se recuperou desta perda, e permaneceu en Porto Rico mentres o Presidente da Universidade de Porto Rico, Jaime Benitez acepta o premio no seu nome. Juan Ramón Jiménez falece dous anos máis tarde, na mesma clínica na que falecera a súa esposa. Os seus restos foron trasladados a España.

Etapas da súa obra[editar | editar a fonte]

A crítica adoita dividir a súa traxectoria poética en tres etapas: sensitiva, intelectual, suficiente ou verdadeira.

A etapa sensitiva (1898-1915) se subdivide á súa vez en dúas sub-etapas; a primeira abarca ata 1908; a segunda, ata 1916. A primeira está marcada pola influencia de Bécquer, o Simbolismo e un Modernismo de formas tenues, rima asonante, verso de arte menor e música íntima. Nela predominan as descricións da paisaxe como reflexo da alma do poeta, unha paisaxe que non é natural nin froito de paseos como o de Machado, senón sometido ao estatismo dun xardín interior, ao intimismo dunha orde. Predominan os sentimentos vagos, a melancolía, a música e a cor desvaído, os recordos e ilusións amorosas. Trátase dunha poesía emotiva e sentimental onde se trasluce a sensibilidade do poeta a través dunha estrutura formal perfecta. Pertencen a esta etapa Rimas (1902), Arias tristes (1903), Jardines alejados (1904), Elejías (1907). A segunda época vértese na forma da arte maior (hendecasílabos e alexandrinos), a rima consonante, o estrofismo clásico (sonetos, serventesios); denota un maior sinal modernista, do Simbolismo francés (Charles Baudelaire, Paul Verlaine) e do decadentismo anglo-francés (Walter Pater, fundamentalmente). Recentemente foi descuberto un libro escrito entre 1910 e 1911, Libros de amor, cunha poesía carnal e erótica. O poeta logra perfectos cumes parnasianas, especialmente nos sonetos; pertencen a esta sub-etapa La soledad sonora (1911), Pastorales (1911), Laberinto (1913), Platero y yo (1914) e Estío (1916), entre outros. Cara ao final desta etapa o poeta empeza a sentir o noxo das roupaxes sensoriais do Modernismo e preocupacións relacionadas co tempo e a posesión dunha beleza eterna.

Platero y yo, datada polo seu autor en 1914, converteuse na obra máis popular do poeta, escrita nunha prosa que suavemente leva ao lectorado a través dun coidadoso retablo de imaxes poéticas que conducen desde a presentación deste borriquete:

Platero é pequeno, peludo, suave; tan brando por fóra que se diría todo de algodón, que non leva ósos. Só os espellos de acibache dos seus ollos son duros cal dous escaravellos de cristal negro.

Ata a súa morte e, claro, a ascensión do pollino ao ceo... de Moguer: «Platero, ti vesnos, verdade?», preguntamos seguindo a letra de Juan Ramón Jiménez.

Estío (1916) supón o cambio cara á segunda etapa de Juan Ramón. O poeta afástase do Modernismo en busca dunha maior depuración da palabra. Desaparecen os ambientes nostálxicos, evocados e soñados, en favor dunha realidade máis concreta.

A súa primeira viaxe a América e o contacto coa poesía en inglés (Yeats, William Blake, Emily Dickinson, Mary Shelley) marca profundamente esta segunda etapa (1916-1936), bautizada por el mesmo como Época intelectual e que lle vincula á corrente literaria do Novecentismo. Prodúcese un feito fundamental: o descubrimento do mar como motivo transcendente. O mar simboliza a vida, a soidade, o gozo, o eterno tempo presente. Iníciase así mesmo unha evolución espiritual que o leva a buscar a transcendencia. No seu desexo de salvarse ante a morte, esfórzase por alcanzar a eternidade, e iso só pode conseguilo a través da beleza e a depuración poética. Suprime, pois,

  1. toda a musicalidade,
  2. os argumentos poéticos,
  3. a aparatosidade externa e ornamental anterior para penetrarse no profundo, no belo, no puro, no esencial.

Desta época destacan Diario de un poeta recientemente casado (1916), Primeira antolojía poética, (1917), Eternidades (1918), Piedra y cielo (1919), Poesía (1917-23) e Belleza (1917-23).

Con Diario de un poeta recientemente casado, titulado posteriormente (en 1948) Diario de poeta y mar (para incluír o segundo apelido da súa esposa, Aymar), iníciase esta nova etapa na obra de Juan Ramón. Trátase dunha poesía sen anécdota, sen as «roupaxes do modernismo», unha poesía estilizada e depurada, onde o poeta admira todo o que contempla. Este poemario xorde como froito da súa viaxe a América. No Diario, Juan Ramón experimenta cos temas e as formas, e abre unha nova corrente poética, que será explotada por algúns membros da Xeración do 27.

En Piedra y cielo (1919) o tema central é xa a creación poética: a poesía como actividade, o poema como obxecto artístico e o poeta como divos-creador dun universo novo. Ábrese así unha nova liña temática que Juan Ramón xa non abandonará: a procura da sublimación poética e a intensificación creativa dunha poesía pura, esquemática.

La Estación total (1923-36). Recolle os últimos poemas escritos en España. O 22 de agosto de 1936, Juan Ramón marcha ao exilio.

Pertence á época suficiente ou verdadeira (1937-1958) todo o escrito durante o seu exilio americano. Juan Ramón continúa replegado en si mesmo en busca da beleza e a perfección. A súa ansia pola transcendencia lévao a unha certa mística e identificarse con Deus e a beleza nun. A súa lingua poética transfórmase nunha especie de idiolecto poboado de múltiples neoloxismos (ultratierra, deseante...). Tras un período de relativo silencio, publica Animal de fondo (1949), Terceira antolojía poética (1957), En el otro costado (1936-42) e Dios deseado y deseante (1948-49).

En Animal de fondo o poeta busca a Deus «sen descanso nin tedio». Pero ese deus non é unha divindade externa ao poeta, senón que se acha nel e na súa obra («a túa esencia está en min, como a miña forma»; «no mundo que eu por ti e para ti creei»). Ese deus ao que se refire é causa e fin da beleza.

Dios deseado y deseante (1948-49) supón a culminación de Animal de fondo. O poeta chega ata a identificarse con ese deus que tanto buscou. Un deus que existe dentro e fóra del, un deus que é desexado e desexante.

Juan Ramón revisou concienzudamente ao longo da súa vida a súa obra. O poemario Lenda (1896-1956), publicado postumamente por Antonio Sánchez Romeralo en 1978, e en edición corrixida por María Ronsel Arretche en 2006 (Madrid: Visor), recolle a obra poética íntegra do autor tal como este quixo que se publicase.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Díez-Canedo, E.:, Juan Ramón Jiménez en su obra (México, 1944).
  • R. Gullón, Conversaciones con Juan Ramón Jiménez (Madrid, 1958).
  • J. Guerreiro Ruiz, Juan Ramón de viva voz (Madrid, 1961)..
  • A. Campoamor González, Vida y poesía de Juan Ramón Jiménez (Madrid, 1976).
  • A. De Albornoz (ed.), Juan Ramón Jiménez (Madrid, 1981).
  • A. Campoamor, Bibliografía general de Juan Ramón Jiménez (Madrid, 1982).
  • F. J. Blasco, La poética de Juan Ramón Jiménez. Desarrollo, contexto y sistema (Salamanca, 1982).
  • M. Juliá, El universo de Juan Ramón Jiménez (Madrid, 1989).
  • A. Pau, Juan Ramón Jiménez. El poeta en el jardín (Madrid, 1999).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]