British Broadcasting Corporation
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa televisión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa televisión que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
A British Broadcasting Corporation (Corporación Británica de Radiodifusión), máis coñecida como BBC, é a primeira empresa de televisión e radio do Reino Unido. Tamén é a corporación de radiodifusión máis grande do mundo[1]. Produce servizos de programas e información, transmitindo na televisión, na radio, e en Internet; sendo unha das cadeas de noticias máis respectadas do mundo. É independente de controis comerciais e políticos operando baixo un estatuto real que garante dita independencia.
Índice |
[editar] Orixes
Foi fundada no 18 de outubro do 1922. Ao primeiro estaba dedicada aos servizos de radio, ate que o 2 de novembro do 1936 comezou tamén a transmitir programas de televisión de forma regular. A BBC comezou as súas transmisións fora do Reino Unido en decembro do 1932, co obxectivo de xuntar as persoas de fala inglesa que vivían no que, daquela, era o Imperio Británico. O rei Xurxo V transmitiu a primeira mensaxe de nadal por radio na que se dirixiu a os homes e mulleres que están tan aillados pola neve e polos desertos, que só poden alcanzar as voces polo aire.
A compañía, con John Reith como director xeral, pasou a chamarse British Broadcasting Corporation en 1927 cando foi concedida unha carta real e deixou de ser privada. Empezou a emitir televisión de forma experimental no 1932, convertíndose nun servizo regular (coñecido coma o servizo da televisión da BBC) en 1936. A difusión de televisión foi suspendida desde o 1 de setembro do 1939 ate o 7 de xuño do 1946, durante a Segunda Guerra Mundial.
[editar] Notas
- ↑ BBC website: About the BBC - What is the BBC. Consultado o 2008-06-14.