Giorgos Seferis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nobel prize medal.svg
George Seferis.JPG

Geórgios Stylianou Seferiadis, coñecido como Giorgos Seferis (en grego: Γιώργος Σεφέρης), nado en Esmirna o 13 de marzo de 1900 e finado en Atenas o 20 de setembro de 1971, foi un escritor grego gañador do Premio Nobel de Literatura en 1963.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1931 deuse a coñecer cun libro de poemas Strofi, influído polo simbolismo e o hermetismo. Foi cónsul en Londres e publicou Mithistórima (1935), Diario de abordo (I-II e o III, dedicado á illa de Chipre) e, postumamente, Diario (1975-1978).