Manchester
Manchester é unha cidade do Reino Unido situada na rexión de North West England, nunha chaira aos pés da ladeira occidental dos Peninos. Segundo estimacións feitas no 2011 conta con 498.800 habitantes, mentres que a área metropolitana, o Gran Manchester, conta con 2.600.000, a terceira aglomeración urbana máis grande do Reino Unido.
É un importante centro artístico, financeiro, de medios de comunicación e de educación superior. É a terceira cidade máis visitada no Reino Unido por turistas doutros estados. Manchester foi a anfitrioa dos Xogos da Mancomunidade de 2002, e é sede de dous equipos de fútbol da Premier League, Manchester United e Manchester City.
Índice |
Historia [editar]
Historicamente a maior parte da cidade foi parte do condado de Lancashire, coas zonas do sur do río Mersey no condado de Cheshire.
Ten orixe nun poboado céltico designado Mancunium polos romanos e, por iso, os habitantes son hoxe chamados Mancunians en inglés. De orixes romanas, centro manufactureiro da lá no medievo, a súa sorte vai cambiar coa reconversión da súa actividade principal pola do algodón no século XVII. Pero vai ser a descuberta da máquina de vapor apoiada polos xacementos de carbón da rexión e os abundantes cursos de auga e canais para o transporte, a que a convertan a partir de 1760 na primeira cidade industrial, inaugurando unha nova era (revolución industrial) que chega ata case que os nosos días. No século XIX Manchester e o seu cinto industrial convértense nunha das urbes maiores e máis activas do mundo.
A súa sorte vai seguir á da súa industria. Coa decadencia desta pola obsolescencia tecnolóxica e a competencia no século XX, a cidade declina.
Cultura [editar]
Manchester ten unha gran cantidade de museos, entre eles o Lowry, Manchester Art Gallery, Urbis, e o Manchester Museum (Museo de Historia) con abundantes pezas do antigo Exipto. Na áchase a biblioteca John Rylands, onde se conserva o manuscrito máis antigo dos evanxeos: parte do evanxeo segundo San Xoán.
No que se refire a tendencias musicais, especialmente a escena de música New wave dos anos 1980, chamada Madchester, de alí saíron grupos e solistas tan relevantes como Oasis, Barclay James Harvest, Herman's Hermits, Van Der Graaf Generator, The Hollies, Buzzcocks, The Fall, The Smiths (e posteriormente o seu líder Morrissey e o guitarrista Johnny Marr), Joy Division, Simply Red, Happy Mondays, James, Take That, The Stone Roses, Inspiral Carpets, New Order, Black Grape, The Charlatans, The Chemical Brothers, 808 State, Electronic, John Foxx, etc.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
