Like a Rolling Stone

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Like a Rolling Stone é unha canción de 1965 escrita polo músico e compositor estadounidense Bob Dylan. As súas letras xorden dun extenso texto que Dylan escribiu en xuño de 1965 cando retornou esgotado dunha xira de Inglaterra. O tema foi descrito como revolucionario na súa combinación de diferentes elementos musicais, o seu espírito xuvenil, o son da voz cínica de Dylan, e a franqueza da pregunta no coro: How does it feel? (Como se sente?).