Harry Martinson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Harry Martinson (á esquerda) en compaña de Ivar Lo-Johansson

Harry Edmund Martinson, nado en Jämshög en 1904 e finado en Estocolmo en 1978, foi un escritor Sueco. Recibiu, compartido co seu compatriota Eyvind Johnson, o Premio Nobel de Literatura no 1974.

Biografía[editar | editar a fonte]

Harry Martinson naceu o 6 de maio de 1904 en Jämshög, un pequeno pobo do sur de Suecia. Era o quinto de sete irmáns, e cando tiña seis anos, perderon ao seu pai e pouco despois, a súa mai abandonaríaos. Foi entregado á parroquia que se fixo cargo del e posteriormente adoptado por distintas familias de labregos para os que traballou e polos que foi maltratado na maiorías dos casos.

Con dezaseis anos, Martinson alístase nun barco e pasa seis anos navegando. Tras traballar en dezanove barcos e vivir tempadas en Sudamérica e India, no 1927 acábase instalando en Suecia, despois de contraer unha tuberculose.

No 1929 casa coa novelista sueca Moa Martinson, catorce anos maior que el. Nese mesmo ano publica o seu primeiro libro Spökskepp (Barco pantasma), un libro cheo de poemas sobre o mar, moi influenciado por The Seven Seas (Os sete mares, 1896) de Rudyard Kipling e os traballos de Dan Anderson. No 1930 publica 5 unga (Cinco novos) e logo dun ano, Nomad (Nómada), obra coa que se consagra como poeta.

No 1932 publica Resor utan mal (Vías sen rumbo) e Kap Farväl, dous libros en prosa nos que Martinson reflicte a súa experiencia mariñeira. Tres anos despois, 1935, sae a luz a súa obra autobiográfica Nässlorna blomma (As estrugas florecen), na que describe, de xeito poético, a desgraciada infancia do seu alter ego, Martin, chea de soidade, tristeza, desilusión, traballo e pobreza. Posteriormente publica Vägen ut (O camiño da liberdade), continuación d'As estrugas florecen, na que narra as súas vivencias marítimas.

No 1937 escribe Losten fran Moluckas (O piloto das Molucas), unha peza para o teatro radiofónico que trata sobre a primeira volta ao mundo de Elcano. A versión radiofónica da peza foi dirixida por un dos directores máis importantes do teatro sueco, Alf Sjöberg.

Cando en 1939 estala a guerra ruso-finlandesa, Martinson toma partido polo país nórdico invadido e, cando ao seu amigo Eyvind Johnson, co que trinta anos despois compartiría o Premio Nobel de Literatura; pon en marcha unha campaña para conseguir voluntarios suecos que loiten canda os finlandeses. Unha vez finalizada a guerra, no 1940 publica Verklighet till döds (Realidade a morte), nas que relata as súas impresións negativas tras asistir ao Congreso de Escritores de Moscova en 1934 e a súa experiencia e postura crítica na guerra ruso-finlandesa.

Divorciase oficialmente de Moa no 1940, casando outra vez dous anos despois con Ingrid Lindcrantz.

Entre 1942 e 1945, na segunda guerra mundial, escribe os libros Passad (Ventos alisios), libro de poemas na honra da súa nova muller, Ingrid; e Vägen till Klockrike (O camiño de Klockrike, publicado en 1948), que representa a Suecia dos vagabundo que coñeceu nas décadas de 1920 e 1930. Este libro tivo unha gran aceptación popular e no 1949 Martinson é elixido como membro ilustre da Academia Sueca, converténdose no primeiro escritor de orixe proletaria membro desta institución.

No 1953, publícase Cikada (Cigarra), influenciado polo baixo estado ánimo do autor logo de sentila terra a bomba atómica en Hiroshima. Este libro consta dun ciclo de poemas que serán a orixe da súa gran epopea lírica Aniara (1956), obra pola que máis se coñece a Martinso fora de Suecia e que aborda, sen esperanzas, a carreira militar e o vertixinoso desenrolo técnico. Esta obra está composto por 103 poemas sobre a viaxe de unha nave espacial xigantesca con 8.000 humanos a bordo, que escapan da Terra esnaquizada por unha explosión nuclear e que fica eternamente perdida no espazo. Anira tamén ten fama ao converterse nunha ópera de Karl-Birger Blomdahl.

No 1954 recibía o doutorado "Honoris Causa" na Univerdidade de Gotemburgo.

Nas dúas coleccións de poemas, Grässen i Thule (As herbas de tule, 1958) e Vagnen (O coche, 1960), abundan as poesías sobre a natureza e o malestar crecente do autora ante o potencial destrutivo da tecnoloxía. Nestes libro tamén aparecen numerosos consellos sobre a arte de vivir. Logo da publicación deste último libro, Martinson deixa de escribir durante dez anos.

Nos sesenta estréase a súa peza teatral Tre knivar fran Wei (Tres coitelos de Wei) no Teatro Real Dramático de Estocolmo, baixo a dirección de Ingmar Bergman. Esta obra desenrólase nunha prisión para mulleres nobres, situada na fronteira de China.

No 1971 publícase Dikter om ljus och mörker (Poemas sobre luz e escuridade), e dous anos despois Tuvor (Matorrais), unha colección de poemas sobre a natureza, especialmente sobre os abetos, a árbore favorita de Martinson.

Últimos anos[editar | editar a fonte]

Os seus derradeiros anos estiveron marcados polas críticas das novas xeracións esquerdistas. Os ataques de Olof Lagercrantz, Sven Delblanc, e Karl Vennberg provocaron unha depresión no escritor, polo que acabou hospitalizado.

O escritor comparteu en 1974 o Premio Nobel de Literatura, co seu compatriota Eyvind Johnson, "por unha obra poética capaz de abranguer dende unha pinga de orballo a todo o universo".

Faleceu en Gnesta, onde pasou a maior parte da súa vida tralo seu divorcio, o 11 de febreiro de 1978.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Spökskepp (Barco pantasma), 1929
  • 5 unga (Cinco mozos) 1930
  • Nomad (Nómade), 1931
  • Resor utan mål (Vías sen rumbo), 1932
  • Kap Farväl, 1932
  • Nässlorna blomma (As estrugas florecen), 1935
  • Vägen ut (O camiño da liberdade), 1936
  • Svärmare och harkrank (Esfinxe e típula), 1937
  • Losten fran Moluckas (O piloto das Molucas), 1937
  • Midsommardalen (O val en pleno verán), 1938
  • Det enkla och det svåra (O sinxelo e o difícil) 1939
  • Verklighet till döds (Realidade a muerte), 1940
  • Den förlorade jaguaren (o xaguar perdido), 1941
  • Passad (Ventos alisios), 1945
  • Vägen till Klockrike, 1948)
  • Cikada (Cigarra), 1953.
  • Aniara, 1956
  • Grässen i Thule (As herbas de tule), 1958
  • Vagnen (El coche), 1960
  • Dikter om ljus och mörker (Poemas sobre luz e escuridade), 1971
  • Tuvor (Matorrais), 1973

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]