Toni Morrison

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nobel prize medal.svg
Toni Morrison

Toni Morrison, nada en Ohio o 18 de febreiro de 1931, é unha escritora estadounidense, Premio Nobel de Literatura en 1993.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Toni Morrison naceu o 18 de febreiro de 1931 na localidade de Lorain, no estado de Ohio no seo dunha familia de raza negra moi pobre. Bautizada co nome Chloe Anthony Wofford, posteriormente adoptaría o nome literario Toni Morrison, tomando o nome do seu alcume familar e o apelido de marido, o arquitecto Harold Morrison, co que estivo casada seis anos (desde 1958 ata 1964) e con quen tivo dous fillos.

En 1949 comezou os seus estudos na Universidade de Howard en Washington, DC e continuou na Universidade Cornell ata que en 1955 se graduó en Filoloxía inglesa. Comezou a dar clases de inglés na Universidade de Texas ata 1955 e na Universidade de Howard. En 1964, comezou a traballar como editora literaria na editorial Random House de Nova York. Tamén foi profesora na Universidade Estatal de Nova York (SUNY) en Albany.

Actualmente, é profesora Robert F. Goheen de humanidades na Universidade de Princeton. É membro da Academia Americana das Artes e as Letras e do Consello Nacional das Artes.

Obra literaria[editar | editar a fonte]

Morrison nas súas obras fala da vida das persoas de raza negra, especialmente das mulleres negras, enxalzando a esta comunidade. É unha muller combatente a favor dos dereitos civís e comprometida coa loita en contra da discriminación racial.

O primeiro libro de Toni Morrison apareceu en 1970, cando ela rozaba os 40 anos, The Bluest Eye (Ollos azuis) narra a historia dunha nena negra, Pecola, que quere ter os ollos da cor das bonecas das nenas brancas. O seu segundo libro Sula publícase en 1973 e en 1977 Song of Salomon (A canción de Salomón), un relato sobre a reunion do materialismo e o poder do amor que se converteu rapidamente nun éxito popular e que lle valeu o Premio da Crítica (National Book Critics Award) dese ano.

En 1981 saíu á luz Tar Baby, e seis anos despois, en 1987 aparece Beloved, un libro que relata a historia dunha escrava que atopa a liberdade, pero que mata á súa filla en idade infantil para salvala da escravitude. Este libro supuxo a súa consagración definitiva e valeulle a obtención do Premio Pulitzer. A continuación apareceron Jazz (1992) e Playing in the dark (Xogando na escuridade, 1992), que foron grandes éxitos de vendas.

En 1993, aínda que as súas obras completas non comprendían máis que seis títulos, estes bastáronlle para que lle fose outorgado o Premio Nobel de Literatura e así se converteuse na primeira muller de raza negra en recibir esta distinción.

No ano 1999 publica o seu sétimo libro, Paradise, e no 2003 Love (Amor), unha novela que narra a historia de odio entre dúas mulleres que aman ao mesmo home.

Obra[editar | editar a fonte]

Novela[editar | editar a fonte]

  • The Bluest Eye (Ollos azuis), 1970.
  • Sula, 1973.
  • Song of Solomon (A canción de Salomón), 1977
  • Tar Baby (A illa dos cabaleiros), 1981.
  • Beloved, 1987.
  • Jazz, 1992
  • Paradise (Paraíso), 1999.
  • Love (Amor), 2003.
  • A Mercy. 2008

Obras de Teatro[editar | editar a fonte]

  • Dreaming Emmet, 1986

Non ficción[editar | editar a fonte]

  • Remember:The Journey to School Integration (Abril 2004)
  • Playing in the Dark (Xogando na escuridade), 1993.
  • The Black Book (1974)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]