Bertrand Russell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bertrand Arthur William Russell
Honourable Bertrand Russell.jpg
Bertrand Russell en 1916.
Datos persoais
Nacemento 18 de maio de 1872
Lugar Monmouthshire, Inglaterra
Falecemento 2 de febreiro de 1970
Lugar Penrhyndeudraeth, País de Gales
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe {{{cónxuxe}}}
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua inglesa
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
[[Ficheiro:|centro|]]
{{{web}}}

Nobel prize medal.svg

Bertrand Arthur William Russell, nado en Tellek, Monmouthshire, o 18 de maio de 1872 e finado preto de Penrhyndeudraeth, Gales, o 2 de febreiro de 1970, foi o terceiro conde de Russell. Foi epistemólogo, matemático, filósofo e moralista británico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Considérase un dos máis importantes filósofos do século XX. Popularizou a filosofía, foi polemista e militante de esquerdas, preto do socialismo de tendencia libertaria. Organizou o tribunal Sartre-Russell contra os crimes sobrevindos durante a Guerra do Vietnam. Recibiu o premio Nobel de literatura en 1950 para o conxunto da súa obra, en particular para o seu empeño humanista e como pensador libre.

Escribiu sobre unha ampla gama de temas, desde os fundamentos das matemáticas e a teoría da relatividade ao matrimonio, os dereitos das mulleres e o pacifismo. A vida de Russell foi apaixonada, intensa e longa e fraguouse un nome tanto nos círculos de especialistas como entre as multitudes que ou o seguían con fervor ou o odiaban con intensidade.

Matemáticas[editar | editar a fonte]

En matemáticas a súa gran contribución é a indubidablemente importante Principia Mathematica con Alfred North Whitehead, libro en tres volumes onde a partir de certas nocións básicas da lóxica e a Teoría de conxuntos dedúcese a totalidade das matemáticas. Mostrando así o poder das linguaxes formais, a posibilidade de modelar as matemáticas e a fertilidade da lóxica. Un libro profundamente influente e importante que contribuíu ao desenvolvemento da lóxica, a teoría de conxuntos, a intelixencia artificial e a computación así como a formación de pensadores da talla de David Hilbert, Ludwig Wittgenstein, Alan Turing, Willard Van Orman Quine e Kurt Gödel.

Filosofía[editar | editar a fonte]

En filosofía contribuíu practicamente en todas as áreas, desde a mesma metodoloxía avogando sempre pola análise e alertando aos filósofos das trampas da linguaxe, sentando así o método e as motivacións da filosofía analítica. As súas contribucións de contido inclúen o seu innegable artigo mestre Sobre o Denotar e unha serie de libros e artigos en problemas desde a filosofía das matemáticas, a metafísica, a epistemoloxía, a inferencia científica e a ética a unha serie de enfoques interesantes e fértiles ao problema mente-corpo, enfoques discutidos hoxe en día por variedade de filósofos importantes como David Chalmers, Michael Lockwood, Thomas Nagel, Grover Maxwell, Mario Bunge, etc.

Activismo e polémica[editar | editar a fonte]

Russell foi un coñecido pacifista durante a Primeira Guerra Mundial, aínda que se manifestou a favor de tomar accións bélicas durante a Segunda Guerra Mundial, alegando que un mundo onde o fascismo fose a ideoloxía reinante sería un mundo onde o mellor da civilización morrería e non valería a pena vivir. Estivo en prisión dúas veces, a primeira conectada coas súas actividades pacifistas durante a gran guerra e a segunda por participar nunha manifestación contra a proliferación de armas nucleares. Contraeu matrimonio catro veces. A última vez, con Edith Finch, puido alcanzar a paz e entendemento que sempre buscou. Tivo tres fillos, John, Kate e Conrad. Conrad converteuse nun importante político do Partido Liberal Demócrata en Inglaterra e nun historiador erudito, morreu recentemente quinto conde de Russell.

Russell foi tamén ademais de activista e pensador de primeira liña un soberbio polemicista que se convirtiu na ícona do racionalismo para toda unha xeración. Polemizou sobre o control de natalidade, os dereitos das mulleres, a inmoralidad das armas nucleares, e sobre as deficiencias nos argumentos e razóns esgrimidos a favor da existencia de Deus. Sempre nos seus escritos fixo gala non só dun magnífico estilo literario senón tamén dun excelente sentido do humor e unha habilidade para sorprender e provocar coa ironía, o sarcasmo e a metáfora.

En 1962, aos 90 anos, mediou na crise dos mísiles de Cuba para evitar que se desatase un ataque militar, escribindo cartas tanto a Kruschev como ao presidente Kennedy e sendo intermediario nas súas respostas mutuas.

Obras[editar | editar a fonte]

Velaquí algunhas das obras publicadas por Bertrand Russell:

  • 1896. German Social Democracy. London: Longmans, Green.
  • 1897. An Essay on the Foundations of Geometry. Cambridge: Cambridge University Press.
  • 1900. A Critical Exposition of the Philosophy of Leibniz. Cambridge: Cambridge University Press.
  • 1903. The Principles of Mathematics. Cambridge: Cambridge University Press.
  • 1905. On Denoting, Mind, vol. 14. ISSN: 00264425. Basil Blackwell.
  • 1910. Philosophical Essays. London: Longmans, Green.
  • 1910–1913, Principia Mathematica (xunto a Alfred North Whitehead). 3 vols. Cambridge: Cambridge University Press.
  • 1912. The Problems of Philosophy. London: Williams and Norgate.
  • 1914. Our Knowledge of the External World as a Field for Scientific Method in Philosophy. Chicago and London: Open CPublishing.
  • 1916. Principles of Social Reconstruction. London: George Allen & Unwin.
  • 1916. Justice in War-time. Chicago: Open Court.
  • 1917. Political Ideals. New York: The Century Co.
  • 1918. Mysticism and Logic and Other Essays. London: Longmans, Green.
  • 1918. Proposed Roads to Freedom: Socialism, Anarchism, and Syndicalism. London: George Allen & Unwin.
  • 1919. Introduction to Mathematical Philosophy. London: George Allen & Unwin. (ISBN 0-415-09604-9 for Routledge paperback) (Copy at Archive.org).
  • 1920. The Practice and Theory of Bolshevism. London: George Allen & Unwin.
  • 1921. The Analysis of Mind. London: George Allen & Unwin.
  • 1922. The Problem of China. London: George Allen & Unwin.
  • 1923. The Prospects of Industrial Civilization, en colaboration con Dora Russell. London: George Allen & Unwin.
  • 1923. The ABC of Atoms, London: Kegan Paul. Trench, Trubner.
  • 1924. Icarus; or, The Future of Science. London: Kegan Paul, Trench, Trubner.
  • 1925. The ABC of Relativity. London: Kegan Paul, Trench, Trubner.
  • 1925. What I Believe. London: Kegan Paul, Trench, Trubner.
  • 1926. On Education, Especially in Early Childhood. London: George Allen & Unwin.
  • 1927. The Analysis of Matter. London: Kegan Paul, Trench, Trubner.
  • 1927. An Outline of Philosophy. London: George Allen & Unwin.
  • 1927. Why I Am Not a Christian. London: Watts.
  • 1927. Selected Papers of Bertrand Russell. New York: Modern Library.
  • 1928. Sceptical Essays. London: George Allen & Unwin.
  • 1929. Marriage and Morals. London: George Allen & Unwin.
  • 1930. The Conquest of Happiness. London: George Allen & Unwin.
  • 1931. The Scientific Outlook. London: George Allen & Unwin.
  • 1932. Education and the Social Order, London: George Allen & Unwin.
  • 1934. Freedom and Organization, 1814–1914. London: George Allen & Unwin.
  • 1935. In Praise of Idleness. London: George Allen & Unwin. Traducido parcialmente (só o primeiro ensaio) ao galego: Eloxio da ociosidade: ISBN 978-84-937591-6-2 (Editorial Trifolium, 2010)
  • 1935. Religion and Science. London: Thornton Butterworth.
  • 1936. Which Way to Peace?. London: Jonathan Cape.
  • 1937. The Amberley Papers: The Letters and Diaries of Lord and Lady Amberley, with Patricia Russell, 2 vols., London: Leonard & Virginia Woolf at the Hogarth Press.
  • 1938. Power: A New Social Analysis. London: George Allen & Unwin.
  • 1940. An Inquiry into Meaning and Truth. New York: W. W. Norton & Company.
  • 1945. History of Western Philosophy and Its Connection with Political and Social Circumstances from the Earliest Times to the Present Day. New York: Simon and Schuster.
  • 1948. Human Knowledge: Its Scope and Limits. London: George Allen & Unwin.
  • 1949. Authority and the Individual. London: George Allen & Unwin.
  • 1950. Unpopular Essays. London: George Allen & Unwin.
  • 1951. New Hopes for a Changing World. London: George Allen & Unwin.
  • 1952. The Impact of Science on Society. London: George Allen & Unwin.
  • 1953. Satan in the Suburbs and Other Stories. London: George Allen & Unwin.
  • 1954. Human Society in Ethics and Politics. London: George Allen & Unwin.
  • 1954. Nightmares of Eminent Persons and Other Stories. London: George Allen & Unwin.
  • 1956. Portraits from Memory and Other Essays. London: George Allen & Unwin.
  • 1956. Logic and Knowledge: Essays 1901–1950, edited by Robert C. Marsh. London: George Allen & Unwin.
  • 1957. Why I Am Not A Christian and Other Essays on Religion and Related Subjects, edited by Paul Edwards. London: George Allen & Unwin.
  • 1958. Understanding History and Other Essays. New York: Philosophical Library.
  • 1959. Common Sense and Nuclear Warfare. London: George Allen & Unwin.
  • 1959. My Philosophical Development. London: George Allen & Unwin.
  • 1959. Wisdom of the West, edited by Paul Foulkes). London: Macdonald.
  • 1960. Bertrand Russell Speaks His Mind, Cleveland and New York: World Publishing Company.
  • 1961. The Basic Writings of Bertrand Russell, edited by R.E. Egner and L.E. Denonn. London: George Allen & Unwin.
  • 1961. Fact and Fiction. London: George Allen & Unwin.
  • 1961. Has Man a Future?, London: George Allen & Unwin.
  • 1963. Essays in Skepticism. New York: Philosophical Library.
  • 1963. Unarmed Victory. London: George Allen & Unwin.
  • 1965. On the Philosophy of Science, edited by Charles A. Fritz, Jr. Indianapolis: The Bobbs-Merrill Company.
  • 1967. Russell's Peace Appeals, edited by Tsutomu Makino and Kazuteru Hitaka. Japan: Eichosha's New Current Books.
  • 1967. War Crimes in Vietnam. London: George Allen & Unwin.
  • 1967–1969. The Autobiography of Bertrand Russell, 3 vols.. London: George Allen & Unwin.
  • 1969. Dear Bertrand Russell... A Selection of his Correspondence with the General Public 1950–1968, editado por Barry Feinberg e Ronald Kasrils. London: George Allen and Unwin.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Bertrand Russell