Boris Pasternak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


'
Nobel prize medal.svg
Boris Pasternak'
Boris Pasternak cropped.jpg
Borís Pasternak en 1934
Datos persoais
Nacemento 10 de febreiro de 1890
Lugar Moscova Rusia Rusia
Falecemento 30 de maio de 1960
Lugar Peredélkino Unión Soviética Unión Soviética
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua Rusa
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros Poesía, novela
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
Пастернак Борис автограф.JPG
{{{web}}}

{{{notas}}}

Borís Leonídovich Pasternak, nado en Moscova o 10 de febreiro de 1890 e finado o 30 de maio de 1960, foi un poeta e novelista ruso.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En occidente Pasternak é coñecido pola súa monumental novela tráxica ambientada na Rusia Soviética Doutor Zhivago, publicada por primeira vez en Italia en 1957. Tamén, A vida, a miña irmá (1917) é unha das súas grandes obras poéticas, área da literatura na que tamén se destacou. É un dos catro poetas que emerxeron nos anos de goberno de Stalin. Os outros tres membros deste cuarteto son Anna Akhmatova, Maria Tsvetaieva e Osip Mandelstam.

Era fillo do famoso pintor xudeu, Leonid Pasternak, profesor na escola de pintura de Moscova. O seu pai converteuse do xudaísmo ao cristianismo ortodoxo. A nai de Borís, Rosa Kaufman tamén de orixe xudeu, era unha famosa concertista de piano. Pasternak medrou nunha atmosfera cosmopolita: na súa casa desfilaban artistas da talla de Sergei Rachmaninov, Lev Tolstoi ou Rainier Maria Rilke.

A conversión do seu pai tivo un gran impacto no mozo Boris. Moitos dos seus poemas teñen temas cristiáns. Estudou filosofía na Universidade de Marburg, en Alemaña, xunto a Hermann Cohen e Nicolai Hartmann. Con todo, decidiu renunciar á filosofía como profesión. Regresou a Moscova en 1914 e publicou a súa primeira colección de poemas ese mesmo ano.

Durante a Primeira Guerra Mundial traballou nunha fábrica de produtos químicos nos Urais; seguramente aquí atopou material que logo utilizaría na súa novela Doutor Zhivago. A revolución de 1917 significou o inicio da fama de Pasternak como poeta.

Perdeu a protección das autoridades soviéticas na década dos 30; acusóuselle de subxectividade aínda que conseguiu escapar dos gulags. A partir de entón, gañou a vida traducindo aos clásicos.

A publicación de Doutor Zhivago, moi crítica co réxime comunista, levoulle a ser perseguido polas autoridades ata o día da súa morte. A novela non se publicou na Unión Soviética ata o ano 1987.

O Premio Nobel[editar | editar a fonte]

Museo de Borís Pasternak

Pasternak gañou o Premio Nobel en 1958, logo de que Doutor Zhivago fose publicada en ruso. Con isto, cumpría a condición para recibir o premio. Con todo, nunha publicación recente da revista Time, o escritor ruso Ivan Tolstoi describiu no seu libro, The Laundered Novel, o xeito en que Pasternak conseguiu o premio.

A súa investigación, que durou 16 anos, revela que a CIA tivo algo que ver co premio. Segundo Tolstoi, a CIA e a Intelixencia Británica decatáronse de que o manuscrito da novela estaría en certo avión, certo día de 1958. Desviaron o avión cara a Malta, detivérono alí, e fotografaron folla por folla o manuscrito para logo devolvelo sen que ninguén se dese conta.

Días despois, transcribiron o material e editárono utilizando papel ruso e tipografías típicas das edicións soviéticas. Logo encargáronse de facerlles chegar algúns exemplares aos membros da Academia Sueca, e ese mesmo ano Pasternak logrou o premio Nobel.

O resto da historia é máis coñecida: Pasternak enviou unha carta de agradecemento, contando o "agradecido" e "sorprendido" que estaba. Días despois, baixo unha intensa presión do goberno soviético debeu enviar outra carta: "Considerando o significado que este premio tomou na sociedade á que pertenzo, debo rexeitar este premio inmerecido que se me entregou. Por favor non tomen isto a mal". Ameazado con ser expulsado de Rusia, e presionado polo KGB, Pasternak morreu en 1960.

En 1958, o caricaturista Bill Mauldin gañou o Premio Pulitzer pola caricatura que mostra a un suposto Pasternak facendo traballos forzados en Siberia e dicíndolle a outro prisioneiro: "Eu gañei un Premio Nobel, Cal é o teu crime?". [1]

Só en 1989, o seu fillo Yevgueny foi autorizado para recibir o premio en nome do seu pai.

A investigación de Tolstoi tamén afirma que a razón que tivo a CIA foi avergoñar ao Kremlin, quen prohibira a publicación do texto.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Borís Pasternak

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]