Nerón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nerón

Lucio Domitio Ahenobarbo foi o último emperador da dinastía Xulia-Claudia do Imperio Romano.

Naceu en Antium (actual Anzio, Italia) o 15 de nadal do ano 37. Gobernou do 54 ó 68 co nome de Nerón Claudio César Augusto Xermánico. Baixo o asesoramento do militar (amante da súa nai) Sexto Afranio Burro e do filósofo estoico Séneca, os cinco primeiros anos do seu reinado estiveron marcados pola clemencia, aínda que tivo encarcerado o seu irmán (e rival) Británico, a quen mandou envelenar no 55. No 59 mandou asasinar a súa nai por criticar a súa amante, Popea Sabina.

En xullo do 64, un inmenso incendio destrúe dous terceiras partes de Roma. Nerón acusa os cristiáns e comeza a perseguilos.

No 66 trouxo de Atenas estatuas, figuras e galardóns para redecorar Roma. Gostaba de aparecer en representacións teatrais públicas. Mentres, as lexións romanas chegaban a Armenia, establecendo postos defensivos no Cáucaso pola presión do Imperio Parto.

No 68, os exércitos da Galia (Francia) e Hispania (España), xunto coa Garda Pretoriana, alzáronse contra Nerón, obrigándoo a fuxir de Roma. O Senado declarouno inimigo público e el mesmo rematou coa súa vida o 9 de xuño do 68.


Imperio Romano

Segue a:
Claudio
Nerón
(54-68)

Precede a:
Galba
Dinastía Xulio-Claudia