California

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
California
State of California
Bandeira de California Selo de California
Bandeira Selo
Lema: Eureka
(Grego: Atopeino)
Mapa dos EUA coa California en destaque
Outros Estados dos EUA
Datos xerais
Capital Sacramento
Maior cidade Os Ánxeles
Alcume: The Golden State
(Inglés: O Estado Dourado)
Gobernador Jerry Brown (D)
Área 411 049 km² (3)
 - Terra 404 298 km²
 - Auga 20 047 km² (1,64%)
Poboación (2012)
 - Poboación 38 041 430 (1)
 - Densidade 93,3 /km² (11)
Entrada na Unión
 - Data 9 de setembro de 1850
 - Orde 31º
Xeografía
Fuso horario Pacífico: UTC-8
Latitude 32°30'N - 42°N
Lonxitude 114°8'O - 124°24'O
Largo N-S 1240 km
Ancho E-O 402,5 km
Altitude
 - Altitude media 884 m
 - Máis elevado 4 418 m
 - Menos elevado -86 m
Códigos e abreviacións
 - USPS CA
 - ISO 3166-2 US-CA
Sitio web
www.state.ca.us

California[1] é un dos 50 estados dos Estados Unidos da América. Situado na costa norte do océano Pacífico, é o estado máis poboado do país, con máis de 38 millóns de habitantes. É tamén o terceiro maior estado dos Estados Unidos, por detrás só de Alasca e máis Texas. California é o maior centro comercial e industrial dos Estados Unidos, así como o líder nacional na produción de produtos agropecuarios.

Das vinte maiores cidades dos estados Unidos, catro están localizadas en California: Os Ánxeles, San Jose, San Diego e San Francisco. A súa capital, Sacramento, tamén é unha gran cidade. A rexión sur ten unha alta densidade de poboación, e alí e onde se localizan as catro maiores cidades do estado. Xa a rexión norte está menos densamente habitada, sendo Sacramento a súa única gran cidade.

Os españois foron os primeiros en explorar e colonizar a área onde actualmente fica o estado de California e, despois da independencia mexicana, tornouse parte do México. Os americanos anexaron a California na década de 1850 despois dunha guerra con México. O alcume do estado é The Golden State, é dicir, o "Estado Dourado". Con todo, a orixe deste nome aínda é tema de discusión. Pode ter vido da febre dourada de 1849, cando as minas de ouro atraeron decenas de milleiros de persoas de todo o país para a rexión. Outra posibilidade é unha referencia á grama nativa do estado, que adquire unha cor dourada na estación seca. Coloquialmente, o alcume tamén é unha referencia ao seu clima, quente e soleado durante a maior parte do ano. O nome do estado vén dunha novela (Las sergas de Espladián - Aventuras de Espladián) do século XVI, escrita polo español Garci Rodríguez de Montalvo, onde existía un paraíso chamado California.

Historia[editar | editar a fonte]

Un asentamento misioneiro español, en 1792.

O primeiro europeo en explorar partes da costa californiana foi o portugués João Rodrigues Cabrilho, en 1542. A primeira persoa a explorar toda a costa do actual estado de California foi o inglés Francis Drake, en 1579. Nas mediadas do século XVIII, algúns misioneiros españois instalaron pequenos asentamentos en enormes anacos de terra ao norte do actual estado mexicano da Baixa California. Cando México se tornou independente da España, en 1821, California tornouse parte do territorio mexicano, e os asentamentos españois logo foron disolvidos e abandonados.

En 1846, durante a Guerra Mexicano-Americana, fundouse a República Californiana, e creouse unha bandeira, a Bandeira do Oso que mostraba un oso dourado e unha estrela. A república chegou a un fin súbito cando o almirante John Sloat da mariña norteamericana entrou na baía de San Francisco, e reivindicou California para os Estados Unidos. Despois do fin da guerra, a California dividiuse entre os Estados Unidos e México. A porción mexicana, Baixa California, foi posteriormente dividida en dúas, Baixa California e Baixa California Sur. A porción adquirida polos estados Unidos, a Alta California, forma a actual California norteamericana. En 1848, California posuía unha poboación, a maioría hispana e amerindia, de aproximadamente 4.000 habitantes. Despois da descuberta de ouro, porén, a poboación expandiuse, con persoas do resto do país indo ao estado na carreira do ouro de California. O 9 de setembro de 1850 declarouse oficialmente como o 31º estado americano.

Durante a Guerra Civil Americana, a maioría da poboación californiana (preto de 70%) apoiaba os estados sudistas, mentres que só o 30 % apoiaban os nordistas. Mesmo así, California participou activamente na guerra, do lado dos estados nordistas, e moitas tropas californianas loitaron do lado da Unión, contra as forzas da Confederación. Unha conexión ferroviaria intercontinental entre a costa Pacífica e a costa atlántica, inaugurada en 1869, contribuíu ao crecemento de poboación de California, traendo persoas do resto do país, que descubriron que o estado estaba moi ben dotado para a práctica da agricultura en xeral.

Actualmente, California é a maior produtora de produtos agropecuario dos estados Unidos. Descubriuse petróleo no estado no inicio do século XX, o que contribuíu aínda máis para o crecemento de poboación de California. Entre 1900 e 1965, a poboación californiana medrou ata tal punto que o estado tornouse o máis populoso do país. De 1965 para o presente, esta poboación tamén se tornou unha das máis variadas do mundo. California é un estado de tendencias liberais, e un pólo mundial de comercio, da industria cinematográfica e agropecuaria.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mapa do relevo de California, onde se aprecia claramente o val central.
Lago Bass, lago artificial en Sierra Nevada.

California limita co océano Pacífico ao oeste, Oregon ao norte, Arizona e Nevada ao leste e co estado mexicano de Baixa California ao sur. A xeografía é diversa, e inclúe un gran val central, altas montañas, desertos quentes e secos e diversas forestas. Con unha área de 410.000 km², California é o terceiro maior estado norteamericano. A maioría das grandes cidades californianas están localizadas ao longo do océano, onde o clima é lene e confortábel. Sacramento é unha excepción, pois está localizada no val central.

Localizado nunha rexión xeoloxicamente activa, California posúe moitos volcáns, moitos deles activos; o estado é famoso polos seus terremotos, que ocorren na rexión grazas á presenza da Falla de Santo André. Aínda que a ocorrencia de poderosos terremotos rexistráronse en Alasca e no río Mississippi, os terremotos de California son famosos porque acontecen frecuentemente, atinxindo áreas densamente habitadas. Unha lenda popular é de que, finalmente, un eventual xigantesco terremoto causará a fisión da área costeira de California do continente, e que esta área irá afondar no océano ou formar unha nova masa de terra. O feito de que este escenario non sexa posíbel dun punto de vista xeolóxico parece non afectar a aceptación da lenda por parte da poboación californiana, ou do seu uso pola industria cinematográfica.

California está dividida en oito distintas rexións xeográficas. As Montañas Klamath, localizadas no noroeste do estado, e inclúen moitas paisaxes forestais, localizadas en altas altitudes. Localízanse aquí picos de ata 2 400 metros de altitude ao sur das Montañas Klamath e ao longo da costa do Océano Pacífico localízanse as Cadeas Litorais, cuxo punto máis marcado é a presenza da Falla de Santo André. Ao norte e a leste das Montañas Klamath están localizas as Montañas Cascata, marcadas por moitas montañas, que foron formadas por erupcións volcánicas. A leste das Montañas Castata e no nordeste fica a Basin and Range Region, unha área montañosa criada polo choque das dúas placas tectónicas localizadas na rexión. O Val Central, ou Gran Val, localízase no centro do estado, onde as dúas grandes bacías hidrográficas, están localizadas, en torno dos ríos máis longos do estado, o río Sacramento e o río San Joaquín. Esta rexión é moi fértil, e tres cuartos da produción agraria de California é producida aquí.

A Sierra Nevada, localizada a leste do Val Central e no centro-leste do estado, é unha inmensa muralla rochosa, que posúe 650 km de lonxitude e entre 60 a 110 km de largura. Aquí está localizado o punto máis alto dos estados Unidos (excluíndose Alasca e Hawai), o Monte Whitney. Grandes ríos que corren ao longo da rexión escavaron grandes vais. A maior e máis marcado delas é o Val de Yosemite. A Cadea Transversa é tamén unha área montañosa. Porén, aquí, as serras esténdense nun sentido leste-oeste (xeralmente, no estado, serras exténdese nun sentido norte-sur). A Transverse Ranges localízase no sudoeste do estado, e a cidade dos Ánxeles localizase aquí. A Cadea Peninsular é unha rexión montañosa, localizada no extremo sudoeste do estado, onde está localizada o Condado de San Diego. E, por fin, a Basin and Range Region é unha grande área árida, no leste e sueste do estado, onde o Deserto de Mojave e o famoso Val da Morte están localizados. O Val da Morte está localizado nunha depresión xeográfica, a 86 metros abaixo do nivel do mar. O Parque Nacional de Yosemite posúe moitas das cataratas máis altas da América do Norte.

A rexión de Sierra Nevada.
O Parque Nacional de Yosemite.
Vista dun oasis no medio do Val da Morte.

Clima[editar | editar a fonte]

Media de precipitacións no norte de California.
Media de precipitacións no sur de California.

Dada a súa grande extensión e a súa diversidade xeográfica, California posúe unha gran variedade de climas. Diferentes rexións posúen diferentes condicións climáticas, e isto varía de acordo con latitude, distancia en relación ao océano, altitude e presenza de obstáculos xeográficos (como serras e cadeas de montañas). A maior parte posúe un clima temperado mediterráneo, con apenas dúas estacións ben definidas, con invernos chuviosos e veráns secos - especialmente no sur e ao longo do litoral. A proximidade do Océano Pacífico torna veráns máis fríos e invernos máis quentes. As neboeiras son moi comúns nas áreas costeiras. O interior posúe veráns moi quentes e invernos fríos.

A temperatura media do norte e nas rexións de maior altitude é inferior a 0 °C. Ao longo do sur e do litoral, porén, é de máis de 11 °C. A temperatura máis baixa xa rexistrada é de -43 °C, rexistrada en 20 de xaneiro de 1937. Mínimas varían entre -45 °C e 10 ºC, e máximas varían entre -40 °C e 18 °C.

A temperatura media de California no verán é de 25 °C. As menores temperaturas medias son rexistradas nas rexións de maior altitude, no nordeste e ao longo do litoral. Nestas rexións, a temperatura media é inferior a 20 °C. Estas rexións posúen mínimas variando entre 6 °C e 18 °C, e máximas variando entre 20 °C e 34 °C. Xa o leste e particularmente o sueste posúen altas temperaturas medias no verán. A temperatura media nestas rexións é superior a 33 °C. Mínimas poden chegar ata 2 °C, e máximas poden superar facilmente os 50 °C nestas rexións semidesérticas. A temperatura máis alta xa rexistrada é de 57 °C, rexistrada no Val da Morte, o 10 de xullo de 1913.

As precipitacións caen case sempre na forma de choiva, e é maior ao longo da rexión costeira do estado, principalmente no norte. Porén, Tamarack, en Sierra Nevada, rexistra anualmente máis dun metro de precipitación de neve anualmente. As Cadeas Transversais, Peninsulares e a Sierra Nevada impiden o fluxo de ar húmido ao interior do sueste de California, criando unha grande área de clima desértico, o Deserto de Mojave, onde o Val da Morte está localizado.

Temperaturas medias altas e baixas de algunhas cidades de California
Cidade Xan Feb Mar Abr Mai Xun Xul Ago Set Out Nov Dec
Bakersfield 13/4 18/6 20/8 24/10 29/14 33/18 36/21 35/20 32/18 27/13 18/7 13/3
Fresno 12/3 16/5 19/7 23/9 28/13 33/16 36/19 35/18 32/16 25/11 17/6 12/3
Os Ánxeles 18/9 19/9 20/10 21/12 23/13 24/14 28/17 28/17 27/16 25/14 23/12 20/10
Sacramento 12/4 16/6 18/7 22/8 27/11 31/13 33/14 33/14 31/13 24/11 17/6 12/3
San Francisco 13/6 15/8 16/8 18/9 19/10 21/12 22/12 22/13 23/13 21/11 17/9 13/6
San Diego 19/10 19/11 19/12 21/13 21/12 22/17 24/19 26/19 25/19 23/16 21/12 19/9
US Travel Weather

Política[editar | editar a fonte]

Capitolio do Estado de California en Sacramento.
Mapa dos condados de California.

California está gobernada como unha república, co que posúe tres principais ramos gobernamentais: o ramo executivo, constituído polo Gobernador de California e outros oficiais electos; o brazo lexislativo, constituído polo Senado de California e a Asemblea, e o ramo xudicial, constituído pola Corte Suprema de California. O estado tamén permite a directa participación do electorado, a través de referendos e votacións, en decisións gobernamentais.

A actual constitución do Estado foi creada en 1879, aínda que a primeira xa fora adoptada en 1849. As emendas á constitución son propostas xeralmente por unha das casas do poder Lexislativo e, nese caso, a emenda precisa ser aprobada por dous terzos dos membros. As emendas tamén se poden propor por medio sinaturas, e dicir, directamente pola poboación. Neste caso, as sinaturas precisan conter ao menos 8% dos votos dos electores que elixiran ao Gobernador na última elección estatal. E finalmente, as novas emendas poden ser propostas a través de Convencións Constitucionais, que precisan ser aprobadas por dous terzos do brazo lexislativo. Nos tres casos, se a emenda en cuestión é aprobada, precisa recibir a aprobación de dous terzos da poboación californiana para entrar en efecto.

A capital do Estado é a cidade de Sacramento. Ao longo da historia do estado, outras cidades que serviron por algún tempo como capital californiana foron Monterey, entre 1775 a 1849; San Jose, entre 1849 e 1851; Vallejo; entre 1852 e 1853; Benicia, entre 1853 e 1854, e San Francisco, en 1862. A capital californiana mudouse cara Sacramento en 1852, con carácter temporal, cando a construción dun Centro de Goberno non puido ser completada a tempo en Vallejo. Así finalmente, Sacramento tornouse oficialmente en capital o 25 de febreiro de 1854, sendo dende a capital do estado, excepto por un curto período en 1862, cando severas inundacións en Sacramento obrigaron unha mudanza temporal a San Francisco.

O Poder executivo está centralizado no Gobernador e en outros oficiais constitucionais, que son electos pola poboación para mandatos de catro anos, e poden ser reelixidos unha vez. O Poder lexislativo constitúeo o Senado (constituído por corenta senadores) e mais a Asemblea, esta con oitenta membros. Os senadores posúen mandatos de catro anos de duración e os membros da Asemblea de dous anos. A 29 de xaneiro de 2010, son 49 Demócratas, 29 Republicanos, un independente e unha cadeira vacante na Asemblea. O actual gobernador é Arnold Schwarzenegger, cuxo termo actual irá perdurará como máximo até o 3 de xaneiro de 2011. Schwarzenegger foi a segunda persoa a substituír un gobernador de estado norteamericano nunha elección de recall, isto é, unha elección onde os electores votan por remover un gobernador aínda en oficio por outro ou non. Schwarzenegger substituíu a Gray Davis, que gobernou entre 1999 a 2003, retirado do seu oficio a través dos resultados desta elección estatal de recall en outubro de 2003. O sistema xudicial de California está supervisado polas sete Casas de Xustiza da Corte Suprema de California. Alén diso, cada condado posúe súa propia Corte Suprema. Os xuíces do sistema son sempre nomeados polo Gobernador para mandatos de doce anos de duración, mais eles precisan ser regulamente reconfirmados polo electorado californiano. O sistema legal está explicitamente baseado no sistema de lei inglés, mais posúe tamén algunhas características das leis civís españolas.

A nivel nacional, o estado de California está representado por dous senadores e 53 representativos (parte da Casa dos Representantes dos Estados Unidos). A pesar de que California é un dos estados máis liberais dos Estados Unidos, e de que a poboación californiana ten tradicionalmente apoiado máis ao Partido Demócrata, algunhas áreas do Estado son politicamente moi conservadoras e habitualmente apoian máis ao Partido Republicano, especialmente os condados de San Diego e Orange. O Republicano George W. Bush perdeu en California nas eleccións nacionais de 2004, por 9%, co Demócrata John Kerry, ao igual que nas eleccións de 2008, nas que o Republicano John McCain perdeu fronte o Demócrata Barack Obama, esta vez por un 24%. Un gran problema do Estado son os gastos do Goberno Estatal. California gasta máis anualmente do que recibe a través do goberno ou de impostos estatais. Con isto, a débeda interna estatal continúa a medrar, e actualmente, está na orde das decenas de miles de millóns de dólares.

Subdivisións e orzamento[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Condados de California.

California está dividida nun total de 58 condados. O maior deles é o Condado dos Ánxeles, o máis populoso de tódolos Estados Unidos de América, e que posúe aproximadamente 10,5 millóns de habitantes, o que supón aproximadamente un terzo da poboación do estado. A maior parte dos condados está administrada por un Consello de cinco membros supervisores e outros oficiais electos pola poboación do condado. California posúe preto de 470 cidades. Os impostos representan o 60% do orzamento, o resto provén de verbas fornecidas polo goberno americano.

Economía[editar | editar a fonte]

O letreiro de Hollywood, símbolo da importante industria do entretemento californiana.

California é responsable aproximadamente do 14% do produto interno bruto dos Estados Unidos. O PIB foi de 1.400 millóns de dólares en 2004, o maior do país. A renda per cápita de California é de 33.415 dólares (dato de 2003), a número 12 do país. O índice de desemprego do estado en 2002 era de 6,7 %.

O sector primario representa o 2% do PIB de California. A agricultura e a gandaría representan xuntas o 1.95% do PIB do estado, e empregan a preto de 750 000 persoas. O valor total dos produtos producidos pola agropecuaria de California é o maior de tódolos estados Unidos. O estado posúe unhas 89 000 facendas. Moitas delas dependen do rego artificial para o cultivo de plantacións. California é o líder nacional na produción de leite, carne bovina, tomate, amorodos, melóns, pexegos e sandías. O estado produce a maior parte dos kiwis americanos. Alén diso, California é o segundo maior produtor de laranxas dos Estados Unidos. Só Florida produce máis laranxas do que California. A pesca e a industria madeireira responden xuntas por 0,05 % do PIB e empregan preto de 5.000 persoas.

O sector secundario representa o 18 % do PIB. A industria manufactureira representa o 14 %, e emprega preto de 2,1 millóns de persoas. O valor total dos produtos industrializados é o maior de todos os Estados Unidos. Este valor foi de 211.000 millóns de dólares en 2000. Os principais produtos industrializados fabricados son computadoras, alimentos industrializados, equipamentos de transporte, maquinaria e produtos químicos. A industria da computación e da electrónica en California, unha industria de alta tecnoloxía, é a maior de todo o país, sendo o valor total dos produtos producidos por este sector de case 52.000 millóns de dólares, maior que o valor total de tódolos produtos industrializados de corenta estados americanos. O 40% da electricidade consumida no estado é xerada en hidroeléctricas, o 30% en reactores nucleares e o 25% en centrais de gas natural. California é tamén líder nacional na xeración de electricidade usando fontes renovables de enerxía. Ningún estado produce máis electricidade a través do uso da enerxía eólica e solar, ademais das nomeadas hidroeléctricas. Porén, o crecemento da cantidade de electricidade producida no estado non acompañou, nos últimos anos, o inmenso crecemento de poboación de California, xerando varios apagamentos. A industria de construción representa o 3,6 % do PIB, e emprega a case 915 000. A minería representa case o 0,4 % do PIB, e emprega a case 42 000. Os principais recursos naturais extraidos no estado son petróleo, gas natural, ouro e tungsteno.

O sector terciario representa o 80% do PIB. Os servizos persoais, comerciais e comunitarios son responsables do 23% do PIB, e preto de 6,3 millóns de persoas traballan neste sector. Empresas financeiras son responsables do 22% do PIB, traballando 1,48 millóns de persoas neste sector. O comercio por atacado e varexo emprega a 3,8 millóns de persoas e produce o 16% do PIB. Os servizos gobernamentais empregan a case 2,4 millóns de persoas e producen case o 11% do PIB. Os transportes e telecomunicacións empregan a 818.000 persoas e producen preto do 8% do PIB.

California como nación independente[editar | editar a fonte]

California en comparación con outros países. PIB no mesmo rango que China, España e Italia.

A miúdo fálase da economía de California de como sería se fose un Estado independente e a súa comparación con outras economías mundiais. Con todo, as estatísticas citadas varían notablemente, mais usualmente colocan a California entre o sétimo e o décimo lugar mundial dependendo da fonte, mais tamén dependendo do ano. Estimacións do ano 2008 poñen a California no posto número oito.[2]

  1. Flag of the United States.svg Estados Unidos (sen California)
  2. Flag of Japan.svg Xapón
  3. Flag of the People's Republic of China.svg China
  4. Alemaña Alemaña
  5. Francia Francia
  6. Flag of the United Kingdom.svg Reino Unido
  7. Italia Italia
  8. Flag of California.svg California
  9. Flag of Brazil.svg Brasil
  10. Flag of Russia.svg Rusia

Demografía[editar | editar a fonte]

A poboación de California é de 33.871.648 habitantes, segundo o censo nacional de 2000. O crecemento entre 1990 e 2000 foi de 14 %. A estimativa oficial de 2003 para a poboación é de 35.484.453 habitantes. California é o estado máis habitado dos estados Unidos, e concentra ela soa ao 12 % da poboación norteamericana. Da poboación de California, 9.400.000 (26,5 % da poboación do estado) naceron fora do país. Estimase que 2.209.000 destes inmigrantes son inmigrantes ilegais, que compoñen 6,2 % da poboación do estado.

Etnias e sexo[editar | editar a fonte]

Crecemento de poboación de California
Ano Habitantes
1850 92.597
1860 379.994
1870 560.247
1880 864.694
1890 1.213.398
1900 1.485.053
1910 2.377.549
1920 3.426.861
Ano Habitantes
1930 5.677.251
1940 6.907.387
1950 10.586.223
1960 15.717.204
1970 19.971.069
1980 23.667.826
1990 29.839.250
2000 33.871.648

Da poboación californiana:

California non posúe un grupo étnico maioritario. Os brancos anglosaxóns aínda son o maior grupo étnico do estado, mais xa non son o grupo maioritario, debido a altas taxas de inmigración hispana en anos recentes. Os hispanos compoñen un terzo da poboación. Alén diso, o estado posúe a maior porcentaxe de asiáticos dos Estados Unidos, apenas o Hawai posúe unha porcentaxe maior.

Por causa das altas taxas de inmigración hispana, provenientes da América Latina (especialmente México), e maiores taxas de natalidade entre a poboación hispana, prevese que hispanos irán tornarse o grupo maioritario da poboación californiana no 2040. Os maiores grupos étnicos son mexicanos (que compoñen preto do 25% da poboación), asiáticos en xeral, británicos, alemáns e Británicos. Unha considerable poboación amerindia, 350 000 nativos indíxenas, tamén vive en California. O estado posúe a maior poboación indíxena dos estados Unidos. Por sexos o 50,2 % son persoas de sexo feminino e o 49,8 % son persoas de sexo masculino

Relixión[editar | editar a fonte]

As afiliacións relixiosas da poboación californiana:

Principais cidades[editar | editar a fonte]

California é un estado altamente urbanizado. A súas catro maiores rexións urbanas son Os Ánxeles, San Diego, San Jose e San Francisco, todas entre as 20 maiores cidades dos estados Unidos. 97% da poboación vive en rexións metropolitanas, e 93% da poboación viven en áreas urbanas. O estado posúe varias grandes cidades. Moitas delas fan parte dunha das rexións metropolitanas mencionadas abaixo:

Listaxe Cidade Condado Pob. Listaxe Cidade Condado Listaxe
DowntownLosAngeles.jpg
Os Ánxeles
San Diego skyline01.JPEG
San Diego
1 Os Ánxeles Os Ánxeles 4.065.585 11 Bakersfield Kern 333.719
2 San Diego San Diego 1.353.998 12 Riverside Riverside 300.430
3 San Jose Santa Clara 1.007.223 13 Stockton San Joaquin 290.409
4 San Francisco San Francisco 845.559 14 Chula Vista San Diego 233.108
5 Fresno Fresno 495.913 15 Fremont Alameda 215.636
6 Long Beach Os Ánxeles 492.682 16 Irvine Orange 212.793
7 Sacramento Sacramento 502.062 17 Modesto Stanislaus 210.088
8 Oakland Alameda 425.068 18 Glendale Os Ánxeles 207.303
9 Santa Ana Orange 355.662 19 San Bernardino San Bernardino 204.483
10 Anaheim Orange 348.467 20 Huntington Beach Orange 202.480
Estimado 2009



Educación[editar | editar a fonte]

O sistema educativo é soportado por unha emenda constitucional que fai que o 40% da renda anual do goberno se gaste en educación.

Escolas[editar | editar a fonte]

Universidade de California, edificio principal no campus dos Ánxeles.

As primeiras escolas públicas foron inauguradas en San Francisco, en 1850. Dous anos despois, California ordenou que todos os condados e as cidades con máis de 5 mil habitantes fixesen o mesmo, e pasou a fornecer verbas a estes condados e cidades. Actualmente, as regras e padróns de educación dítaos o Consello de Educación de California, que está composto por 11 membros. Estes membros son escollidos polo gobernador, e aprobados polo Senado do estado. Cada cidade posúe a responsabilidade de administrar seu propio sistema escolar público. En cidades con menos de 10 mil habitantes e en rexións máis illadas, son os condados que asumen a responsabilidade de administrar o sistema escolar da rexión. Estes sistemas escolares son financiados a través de impostos municipais e de verbas fornecidas polo goberno estadal. No total, existen preto de mil sistemas escolares públicos diferentes.

As escolas do ensino primario (6 - 12 anos) posúen calidades diferentes. O nivel de calidade dunha escola depende basicamente dos impostos recadados na rexión onde a escola está instalada e do tamaño da administración local. En algunhas rexións, os custos administrativos drenan boa parte das verbas destinadas ás escolas locais. Nas rexións pobres, a taxa de analfabetismo chega a 30% ou máis. Unha cousa que todas as escolas posúen en común é que o ensino sobre a historia de California é obrigatorio a todos os estudantes da cuarta serie. Todos os cativos con máis de 6 anos de idade teñen que ir á escola, polo menos ata a graduación na décima segunda ou na décima terceira serie (varía de cidade a cidade), ou ata a persoa completar 18 anos.

Universidades[editar | editar a fonte]

Universidade de Stanford.

Unha das principais universidades é a Universidade de California, que posúe dez campus, e emprega máis vencedores do Premio Nobel do que calquera outra institución de ensino superior do mundo, e é considerada unha das mellores institucións de ensino superior público do país. Oito campus primarios están localizados en Berkeley, Os Ánxeles, Davis, Santa Cruz, Santa Bárbara, Irvine, Riverside e San Diego. Un noveno campus, localizado en San Francisco, ensina apenas ciencia. Un décimo campus, en Merced, ensina apenas lei e dereito.

A Universidade do Estado de California providencia educación superior adecuada a profesores, comerciantes e agricultores. Con máis de 400 000 estudantes, a Universidade do estado de California é a maior universidade dos estados Unidos. As facultades comunitarias provén educación vocacional, ben como programas de educación continua (educación para adultos). Cerca de 109 facultades espalladas en 72 distritos diferentes atenden a preto de 2.9 millóns de estudantes. Algunhas institucións privadas de educación superior, internacionalmente coñecidas, están tamén localizadas no estado. Entre elas, están a Universidade de Stanford, Universidade do Sur de California e o Instituto de Tecnoloxía de California (ou simplemente Caltech).

Transportes[editar | editar a fonte]

Los Angeles International Airport.
Unha estrada californiana.

O inmenso territorio californiano é integrado por un sistema extensivo de estradas, autoestradas e autovías. Todo este sistema é administrado polo Departamento de Transportes de California, e patrulladas pola Patrulla de Estradas de California. A maioría dos californianos usan as vías públicas para se desprazaren ao traballo, compras, lecer e turismo. Moitas das grandes cidades californianas son famosas polos seus grandes conxestionamentos, especialmente Os Ánxeles e San Francisco/Oakville. Apenas a cidade de Nova York posúe reputación similar.

en California están localizadas dous dos aeroportos máis movidos do mundo: o Aeroporto Internacional de Los Angeles e o Aeroporto Internacional de San Francisco. Elas son os principais centros aeroportuarios do oeste da América do Norte. Outra ducia de importantes aeroportos comerciais e moitos aeroportos da aviación xeral están espallados ao longo dos cincuenta e oito condados de California.

California posúe tamén moitos grandes centros portuarios. O xigantesco complexo portuario formado polo Porto de Los Angeles e o Porto de Long Beach, no sur do estado, é o de máis movemento do país, responsábel polo manexamento de aproximadamente un cuarto de todo o tráfico de contáiners dos estados Unidos. Este complexo portuario é tamén un dos de máis movementos do mundo.

O sistema de transporte ferroviario californiano é administrada pola Amtrak. San Francisco e Os Ánxeles posúen sistemas de metro e de metro lixeiro, e San Diego e Sacramento posúen un sistema de light rail. O Metrolink é un método ferroviario de transporte interurbano, e que conecta moitas das grandes cidades do sur de California, conectando San Jose a San Francisco. Case todos os condados operan liñas de ómnibus, e moitas cidades operan seus propios sistemas de transporte público.

O rápido crecemento de poboación está conxestionando cada vez máis todos os sistemas de transporte do estado. Unha crecente cuestión na política californiana é se o estado debería expandir seu sistema de autoestradas e estradas, ou incentivar seus condados e cidades a melloraren seus sistemas de transporte público.

Deporte[editar | editar a fonte]

O'Sullivan, xogador dos San Francisco 49ers.

California foi sede dos dos Xogos Olímpicos de Os Ánxeles 1932 e Os Ánxeles 1984, do Xogos Olímpicos de Inverno de Squaw Valley 1960 así como do Mundial de fútbol de 1994. California ten quince franquías nas Grandes Ligas de deportes profesionais, moitas máis que calquera outro estado. A Área da Baía de San Francisco ten seis equipos nas Grandes Ligas en tres cidades, San Francisco, Oakland e San Jose. Outros tantos ten a Área Metropolitana dos Ánxeles, porén tamén é a maior área metropolitana que non dispón dun equipo na National Football League. San Diego e a capital, Sacramento, un.

Sede dalgunhas das máis prominentes universidades dos Estados Unidos, California ten desde hai moito tempo respectados programas de deportes universitarios. En particular, os programas atléticos de Berkeley, USC, UCLA, Stanford e Fresno State a miúdo clasifícanse a nivel nacional en varios deportes universitarios. California tamén é sede do máis antigo dos títulos universitarios denominados "bowl", a anual Rose Bowl, e a Holiday Bowl, entre outras.

Numerosos circuítos de carreiras de Estados Unidos áchanse en California. Os principais son o California Speedway de Fontana]], o circuíto urbano de Long Beach e os autódromos de Laguna Seca e Sears Point, así como os desaparecidos Riverside e Ontario. Ademais de albergar os principais certames norteamericanos de automobilismo e motociclismo, o Gran Premio de Long Beach foi unha proba válida para o Campionato Mundial de Fórmula 1, en tanto que Lagoa Seca albergou probas do Campionato Mundial de Motociclismo e o Campionato Mundial de Superbikes. A continuación móstrase unha lista dos principais equipos das Grandes Ligas de deporte profesional de California:

Equipo Deporte Liga Cidade
Oakland Raiders Fútbol americano National Football League Oakland
San Diego Chargers Fútbol americano National Football League San Diego
San Francisco 49ers Fútbol americano National Football League San Francisco
Los Angeles Angels of Anaheim Béisbol Major League Baseball Anaheim
Los Angeles Dodgers Béisbol Major League Baseball Os Ánxeles
Oakland Athletics Béisbol Major League Baseball Oakland
San Diego Padres Béisbol Major League Baseball San Diego
San Francisco Giants Béisbol Major League Baseball San Francisco
Golden State Warriors Baloncesto National Basketball Association Oakland
Los Angeles Clippers Baloncesto National Basketball Association Os Ánxeles
Los Angeles Lakers Baloncesto National Basketball Association Os Ánxeles
Sacramento Kings Baloncesto National Basketball Association Sacramento
Anaheim Ducks Hóckey sobre xeo National Hockey League Anaheim
Los Angeles Kings Hóckey sobre xeo National Hockey League Os Ánxeles
San Jose Sharks Hóckey sobre xeo National Hockey League San Jose

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Goretti Sanmartín Rei et al. Criterios para o uso da lingua. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña. p. 124. ISBN 84-9749-199-8. http://www.udc.es/publicaciones/documentos/biblioteca/CriteriosParaUsoDaLingua.pdf.
  2. California economy

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: California