Fernando Fernán Gómez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fernando Fernán Gómez
Nacemento Fernando Fernández Gómez
28 de agosto de 1921
Lima, Flag of Peru (state).svg Perú
Falecemento 21 de novembro de 2007
Madrid, España España
Profesión actor, escritor, guionista
Cónxuxe(s) María Dolores Pradera (1947-1959)

Emma Cohen (2000-2007)

Fillo(s) Helena Fernán Gómez

Fernando Fernán Gómez, fillo

Ficha na IMDb

Fernando Fernán Gómez, nado en Lima (Perú), o 28 de agosto de 1921 e finado en Madrid o 21 de novembro de 2007, foi un escritor, actor, guionista, director de cine e de teatro español. Foi membro da Real Academia Española, da que ocupou o sillón B.

Biografía[editar | editar a fonte]

Malia que a súa partida de nacemento indica que o fixo en Bos Aires, segundo el mesmo comenta nas súas memorias[1] o máis probable é que nacese en Lima. A razón é que súa nai, a actriz de teatro Carola Fernán Gómez, estaba de xira por Sudamérica, e se ben naceu en Lima, a súa partida de nacemento foi expedida días despois en Arxentina. Conservou esa nacionalidade ata que lle foi outorgada a española en 1984. Fillo extramarital, seu pai foi o tamén actor Luis Fernando Díaz de Mendoza y Guerrero, fillo de María Guerrero, que impediu o matrimonio entre os pais de Fernando Fernán-Gómez.[2]

Tras algún traballo escolar como actor, estudou Filosofía e Letras na Madrid, pero a súa verdadeira vocación levouno ó teatro. Durante a Guerra Civil recibiu clases na Escola de Actores da CNT, debutando como profesional en 1938 na compañía de Laura Pinillos. Alí descubriuno Enrique Jardiel Poncela, que lle deu a súa primeira oportunidade ó ofrecerlle en 1940 un papel como actor de reparto na súa obra Los ladrones somos gente honrada. Tres anos despois contratouno a produtora cinematográfica Cifesa, irrompendo así no cine coa película Cristina Guzmán, dirixida por Gonzalo Delgrás. Ó ano seguinte ofrecéronlle o seu primeiro papel protagonista en Empezó en boda, de Raffaello Matarazzo. Malia a incursión no cine, non descoidou a súa vocación de autor de teatro e director de escena, e foi escritor e guionista asiduo da tertulia do Café Gijón.

A partir de 1984 volcou a súa cada vez máis intensa vocación literaria na escritura de artigos moi persoais en Diario 16 e no suplemento dominical de El País, producindo ademais varios volumes de ensaios e once novelas, fortemente autobiográficas unhas e históricas outras. Foi un gran éxito a súa autobiografía en dous volumes, El tiempo amarillo, da que hai dúas edicións, a segunda algo máis ampliada. Pero o seu éxito máis clamoroso obtívoo cunha peza teatral prontamente levada ó cine, Las bicicletas son para el verano, sobre os seus recordos infantiles da Guerra Civil.

En 1947 casou coa cantante María Dolores Pradera, divorciándose en 1959, coa que tivo unha filla, a actriz Helena Fernán Gómez, e un fillo, Fernando, relacionado tamén co mundo da cultura. Voveu casar en 2000 coa actriz Emma Cohen, coa que mantiña unha relación desde os anos 70 tras participar nun episodio dunha serie de TVE onde Emma era protagonista (Tres eran tres, 1973) xunto a Lola Gaos.

Da súa man entrou o cine na Real Academia Española, da que foi elixido membro en 1998[3] e tomou posesión do sillón B o 30 de xaneiro de 2000. Foi galardoado co Premio Príncipe de Asturias das Artes en 1995. Polifacético, querido e respectado polos profesionais da industria e por varias xeracións de espectadores, encontrou a popularidade como actor case ó principio da súa carreira cinematográfica co clásico da comedia negra Domingo de carnaval (do célebre realizador Edgar Neville), que protagonizou xunto a Conchita Montes en 1945. Dous anos antes aparecera como secundario noutro notable título do cine español dos cuarenta con Cristina Guzmán. Ese mesmo ano acompañou á xa consagrada Imperio Argentina e ó recordado galán Alfredo Mayo na exótica comedia Bambú e participou tamén nun pequeno clásico da comedia fantástica con El destino se disculpa, de José Luis Sáenz de Heredia, seguindo o estilo do subxénero norteamericano en boga durante eses anos (como I Married a Witch, de René Clair, ou A Guy Named Joe, de Victor Fleming). A partir de entón encadeou títulos de éxito considerados pola crítica actual como indispensables, traballando con Gonzalo Delgrás (Los habitantes de la casa deshabitada), Carlos Serrano de Osma (Embrujo, xunto a Lola Flores e Manolo Caracol), Sáenz de Heredia (La mies es mucha, Los ojos dejan huellas), Ramón Torrado (Botón de ancla), José Antonio Nieves Conde (Balarrasa, El inquilino), ou Luis Marquina (El capitán Veneno). Naquela época tamén traballou en Barcelona como actor de dobraxe.

Na década de 1950 consolidouse como actor principal en toda serie de comedias (El fenómeno), dramas (La gran mentira) e cine relixioso Balarrasa, Molokai, ou folclórico (Morena clara) propagandísticos ou directamente escapistas (o que en moitos sentidos tamén é considerado propaganda polos historiadores), ó tempo que interviña nunha das primeiras avanzadas do que posteriormente sería o «Novo cine español»: Esa pareja feliz de Bardem e Berlanga. Tamén participou nalgunhas co-producións de interés como La conciencia acusa (do xenial Georg Wilhelm Pabst) o Lo scapolo (de Antonio Pietrangeli) xunto a Alberto Sordi, e por último, inicia unha incipiente carreira como director, con obras de encargo de desigual fortuna: neste sentido, sobresae a súa versión da novela de Wenceslao Fernández Flórez El malvado Carabel e dúas excelentes comedias nas que compartiu química e cartel coa deliciosa Analía Gadé, unha das súas parellas artísticas máis recorrentes, como son La vida por delante e La vida alrededor.

Ó fío do cine español dos sesenta, a súa filmografía como actor e director encheuse de comedias de todo tipo (La venganza de Don Mendo, Adiós, Mimí Pompón, Ninette y un señor de Murcia ou Crimen imperfecto), excepción á parte dos seus traballos de dirección en El mundo sigue (1963), un durísimo drama naturalista, inspirado na novela homónima de Juan Antonio Zunzunegui, onde se enfrontan dúas irmás de concepcións vitais opostas en plena sociedade de posguerra española. Ese foi o seu primeiro éxito como director. A outra película que dirixiu daquela foi El extraño viaje (1964), onde retrata, case con maior profundidade que o propio Berlanga, o clima cicateiro e opresivo da sociedade española do franquismo. A obra permanece como un dos cumios do cine español de tódolos tempos.
Ambas producións tiveron tremendos encontronazos coa censura. Por outra parte, é entón cando inicia relación profesional con outra das súas parellas máis emblemáticas, Concha Velasco, coa comedia negra Crimen para recién casados.

Nos setenta Fernán Gómez convertiuse nun dos actores máis solicitados da chamada transición española, con títulos dorados como El espíritu de la colmena, El amor del capitán Brando, Pim, pam, pum, fuego, Mi hija Hildegart, Los restos del naufragio, Mamá cumple cien años ou ¡Arriba Azaña!. Iniciou así unha exitosa colaboración xunto ó notable director Jaime de Armiñán, e unha tamén estreita relación profesional con Carlos Saura, gañándose así un xusto prestixio como actor e director, ademais do recoñecemento pola súa xa longa traxectoria. En 1976 interviu nun título de indubidable valor, se ben non tivo éxito entre o gran público, como El anacoreta, premiada no Festival de cine de Berlín. Tamén dirixiu e interpretou dúas exitosas series para TVE (Juan soldado e sobre todo El pícaro) que si triúnfan entre o gran público.
Trala morte de Franco e a legalización da CNT, tivo unha militancia activa no Sindicato de Espéctaculos de Barcelona.

En 1981 protagonizou o memorable Maravillas de Gutiérrez Aragón, e comezou a encadear éxitos de crítica e público (La colmena, Stico, Los zancos, Réquiem por un campesino español, La corte del faraón, La mitad del cielo e El viaje a ninguna parte). Termina a década con excelentes traballos en películas non moi ben acollidas pero de calidade: Esquilache e El río que nos lleva. En 1986 rodou en Arxentina Pobre mariposa, de Raúl de la Torre, xunto a un reparto internacional con Bibi Andersson, Vittorio Gassman, Fernando Rey e Graciela Borges. Nesta década está moi activo nos seus traballos para TVE (Ramón y Cajal, Fortunata y Jacinta, Las pícaras ou Cuentos imposibles).

A década dos 90 presencia o inicio dun período de menor actividade profesional derivada dalgúns problemas de saúde e, seguramente, de falta de papeis de envergadura para un actor como el. Agás Belle Époque e o Oscar á mellor película estranxeira que consegue a cinta, non é ata 1998 cando volve aparecer en obras tan distintas como importantes (cada unha ó seu xeito) como son El abuelo (nominada ó Oscar e de gran éxito de taquilla) e Pepe Guindo (homenaxe-ficción ó gran actor por parte dun director infravalorado pero nada mediocre como Manuel Iborra). Entre medias, estivo varias tempadas na serie de TV Los ladrones van a la oficina, que o devolvería a popularidad xunto a grandes nomes da interpretación como Agustín González, Manuel Alexandre ou José Luis López Vázquez. Despois recupera folgos con tres grandes películas (Todo sobre mi madre, Plenilunio e o éxito popular A lingua das bolboretas).

Máis recentemente rodou a incomprendida Visionarios, de Gutiérrez Aragón, El embrujo de Shangai, con Fernando Trueba, Para que no me olvides, e a súa última gran interpretación, en En la ciudad sin límites, de Antonio Hernández.

Marisa Paredes, presidenta da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España, na entrega da décima Medalla de Ouro, describiuno á perfección: «Por anarquista, por poeta, por cómico, por articulista, por académico, por novelista, por dramaturgo, por único y por consecuente».[4]

O 19 de novembro de 2007 foi ingresado na área de Oncoloxía do madrileño Hospital Universitario La Paz para ser tratado dunha pneumonía. Faleceu en Madrid, o 21 de novembro de 2007, con 86 anos de idade.[5] Tras anuncialo o presidente do Executivo, José Luis Rodríguez Zapatero na capela ardente do actor, o Goberno de España concedeulle o día 23 de novembro, a título póstumo, a Gran Cruz da Orde Civil de Alfonso X o Sabio.[6] Tamén o alcalde de Madrid Alberto Ruiz-Gallardón anunciou que como homenaxe o Centro Cultural da Vila de Madrid pasaría a chamarse Teatro Fernando Fernán Gómez.[7] Na capela ardente o seu féretro foi recuberto cunha bandeira negrivermella anarquista, sendo posteriormente incinerado.

Obra literaria[editar | editar a fonte]

Novela[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

Memorias[editar | editar a fonte]

  • Diario de Cinecittà. Revista Internacional del Cine, núm. 6, novembro de 1952; núm. 7, decembro de 1952.
  • El olvido y la memoria. Autobiografía de Fernando Fernán Gómez. Triunfo, núm. 3, 6ª época, xaneiro de 1981.
  • El tiempo amarillo. Memorias. I (1921–1943) y II (1943–1987). Madrid, Debate, 1990.
  • El tiempo amarillo: memorias ampliadas (1921–1997). Madrid, Debate, 1998.

Poesía[editar | editar a fonte]

  • A Roma por algo. Madrid, Separata de Poesía Española (1954); Madrid, Fernán Gómez Arte y Ediciones, 1982.
  • El canto es vuelo, 2002 (poesía completa).

Artigos e ensaios[editar | editar a fonte]

  • El actor y los demás. Barcelona, Laia, 1987.
  • Impresiones y depresiones. Barcelona, Planeta, 1987.
  • Historias de la picaresca. Barcelona, Planeta, 1989.
  • El arte de desear. Madrid, Temas de Hoy, 1992.
  • Imagen de Madrid. Madrid, El País-Aguilar, 1992.
  • Tejados de Madrid. Madrid, Telefónica de España, 1992.
  • Desde la última fila: cien años de cine. Madrid, Espasa-Calpe, 1995.
  • Nosotros, los mayores, 1999.
  • Puro teatro y algo más, 2002.

Literatura infantil[editar | editar a fonte]

  • Los ladrones. Madrid, Anaya, 1986.
  • Retal. Madrid, Anaya, 1988.

Varios[editar | editar a fonte]

  • Mi querido general, 1986 (guión de cine).
  • La escena, la calle y las nubes, 1999 (relatos).
  • Historias de la picaresca, 1989.
  • La intrusa, 1986 (guión de TV sobre un conto de Jorge Luis Borges).
  • Fuera de juego, 1991 (guión de cine).
  • Las anécdotas del teatro: ¡aquí sale hasta el apuntador!, 1997.
  • Conversaciones con Fernando Fernán Gómez, (libro-entrevista a cargo de Enrique Brasó), Madrid, Espasa-Calpé, 2002.

Filmografía como director[editar | editar a fonte]

Cine[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Filmografía como actor[editar | editar a fonte]

Cine[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

  • Fábulas (1968) (serie)
  • El alcalde de Zalamea (episodio de Estudio 1) (1968)
  • Del dicho al hecho (serie) (1971)
  • Juan soldado (1973)
  • El pícaro (mini-serie) (1974)
  • Memorias del cine español (episodio) (1978)
  • Fortunata y Jacinta (mini-serie) (1980)
  • El alcalde de Zalamea (episodio de Teatro Estudio) (1981)
  • Ramón y Cajal (serie) (1982)
  • Los desastres de la guerra (mini-serie) (1983)
  • Las pícaras (episodio) (1983)

Premios[editar | editar a fonte]

Premios Goya[editar | editar a fonte]

Año Categoría Película Resultado
2001 Premio Goya ó mejor guión adaptado]] Lázaro de Tormes Gañador
2000 Premio Goya á mellor interpretación masculina protagonista A lingua das bolboretas Candidato
1999 Premio Goya á mellor interpretación masculina protagonista El abuelo Gañador
1993 Premio Goya á mellor interpretación masculina de reparto Belle Époque Gañador
1990 Premio Goya á mellor dirección El mar y el tiempo Candidato
1990 Premio Goya á mellor interpretación masculina protagonista El mar y el tiempo Candidato
1990 Premio Goya á mellor interpretación masculina protagonista Esquilache Candidato
1990 Premio Goya ó mellor guión adaptado El mar y el tiempo Candidato
1987 Premio Goya ó mellor guión orixinal El viaje a ninguna parte Gañador
1987 Premio Goya á mellor interpretación masculina protagonista Mambrú se fue a la guerra Gañador
1987 Premio Goya á mellor dirección El viaje a ninguna parte Gañador

Festivais de cine[editar | editar a fonte]

Ano Premio Festival Película
2005 Oso de Honra Festival Internacional de Cine de Berlín Toda a súa traxectoria
1999 Premio Donostia Festival Internacional de Cine de Donostia Toda a súa traxectoria
1989 Premio especial do xurado Festival Internacional de Cine de Donostia El mar y el tiempo
1985 Oso de Prata á mellor interpretación masculina Festival Internacional de Cine de Berlín Stico
1984 Premio Pasinetti Festival Internacional de Cine de Venecia Los zancos
1977 Oso de Prata á mellor interpretación masculina Festival Internacional de Cine de Berlín El anacoreta

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]