Grazia Deledda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Grazia Deledda
Nome completoMaria Grazia Cosima Deledda
AlcumeIlia di Saint-Ismael
Nacemento28 de setembro de 1871
 Nuoro, Sardeña
Falecemento15 de agosto de 1936
 Roma
CausaCancro de mama
SoterradoCampo di Verano
NacionalidadeReino de Italia
Etniapobo sardo
Alma máterEnsino doméstico
Ocupaciónescritora, poeta, novelista, dramaturga e prosista
CónxuxePalmiro Madesani
XénerosNarrativa, poesía
Coñecido/a porCanne al vento, Elias Portolu, The Mother e Ashes
PremiosPremio Nobel de Literatura
Na rede
IMDB: nm0216698 Bitraga: 4003 Discogs: 5919448 Find a Grave: 10288997 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Grazia Deledda, nada en Nuoro, Sardeña o 28 de setembro de 1871,[1] finada en Roma o 15 de agosto de 1936, foi unha escritora italiana do verismo, gañadora do Premio Nobel de Literatura en 1926.

Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu en Nuoro, en 1871, nunha familia numerosa e acomodada. O pai, Giovanni Antonio, pequeno empresario e terratenente, foi poeta afeccionado e alcalde de Nuoro en 1892. A nai, Francesca, foi unha muller moi relixiosa que criou aos seus fillos con extrema rigorosidade moral. Despois de ter realizado os seus estudos de educación primaria, recibiu clases particulares dun profesor hóspede dun familiar seu, xa que os costumes da época non permitían que as rapazas recibiran unha instrución máis alá da escola primaria. Posteriormente, afondou como autodidacta os seus estudos literarios.

Empezou a destacar como escritora con algúns relatos que publicou na revista L'ultima moda. A súa primeira obra de éxito pode considerarse que foi Nell'azurro (1890).

As súas primeiras obras oscilan entre a narrativa e a poética. Delas destaca Racconti sardi (1896). Tras casar con Palmiro Madesani, funcionario do Ministerio da Guerra ao que coñece en Cagliari en outubro de 1899, a escritora trasládase a Roma e tras a publicación de Anime oneste (1895) e de Il vecchio della montagna (1900), ademais das súas colaboracións nas revistas La Sardegna, Piccola rivista e Nuova Antologia, a crítica empeza a interesarse polas súas obras.

En 1903 publica Elias Portolu, que a consagra como escritora e inicia unha serie de novelas e obras de teatro: Cenere (1904), L'edera (1906), Nel deserto (1911), Colombi e Sparvieri (1912), Canne al vento (1913), L'incendio nell'oliveto (1918).
Cenere foi tamén unha película de 1916 interpretada por Eleonora Duse.

A súa obra foi loada por Luigi Capuana e Giovanni Verga, ademais de por outros escritores máis novos como Enrico Thovez, Pietro Pancrazi e Renato Serra. En Elías Portolu (1903) evoca a Sardeña decadente de principios do século XX; o seu mundo é poético, pero primitivo e cerrado. A sociedade que describe é arcaica e inmobilista, e os seus personaxes aparecen dominados por estraños conceptos intransixentes e supersticiosos da existencia humana, dunha moralidade sumamente convencional.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Italia, Nuoro, Nuoro, Stato Civile (Tribunale), 1866-1915 (18 de xullo de 2016). Grazia Deledda, 28 Sep 1871. FamilySearch (FHL microfilm). 001962087. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]