Stephen Malkmus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaStephen Malkmus

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de maio de 1966 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Santa Monica, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade da Virgínia (pt) Traducir
Cate School (en) Traducir
Tokay High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico , compositor de cancións , guitarrista , cantante , cantautor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1989 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock e indie rock Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoMatador Records
Drag City Editar o valor em Wikidata

Páxina webstephenmalkmus.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0539818 Last fm: Stephen+Malkmus Musicbrainz: eaefd603-84c1-4db4-a72b-0cb718a0cc07 Songkick: 152051 Discogs: 81763 Allmusic: mn0000021492 Editar o valor em Wikidata


Stephen Joseph Malkmus, nado o 30 de maio de 1966, é un músico estadounidense coñecido por ser o principal vocalista e guitarrista da banda de rock alternativo Pavement. No presente actúa con Stephen Malkmus and the Jicks.

Biografía[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Stephen Malkmus naceu en Santa Monica, California o 30 de maio de 1966 do matrimonio formado por Mary e Stephen Malkmus, Sr.[1][2] Cando tiña 8 anos a familia trasladouse a Stockton,[2] onde asistiu ao Cate School de Carpinteria e ao Tokay High School de Lodi. Na adolescencia Malkmus tivo varios traballos, como pintar números das casas nos bordillos da rúa ou preparar hamburguesas nun club de campo.[3]

Aos 16 anos pasou unha noite na cadea despois de consumir alcol, ouriñar nos arbustos e camiñar polos tellados de varias casas.[1] Despois foi posto en liberdade condicional por beber sendo menor de idade,[1] e tamén foi expulsado da escola "por ir a unha festa no bosque onde a xente estaba tomando cogomelos".[1]

Malkmus aprendeu a tocar a guitarra tocando o tema de Jimi Hendrix "Purple Haze".[2] No instituto tocou en varias bandas de punk rock baseadas en Stockton: Bag O Bones, The Straw Dogs e Crisis Alert. Despois da súa graduación Malkmus foi á Universidade de Virxinia, onde estudara o seu pai, e alí especializouse en historia e foi pinchadiscos na radio universitaria WTJU. Durante ese tempo coñeceu aos tamén pinchadiscos na radio David Berman (que posteriormente lideraría Silver Jews) e James McNew (de Yo La Tengo). A finais dos 80 traballou como garda de seguridade no Whitney Museum of American Art en Nova York, xunto con Berman e Bob Nastanovich.

Carreira[editar | editar a fonte]

Malkmus formou Pavement xunto con Scott Kannberg mentres estaba vivindo en Stockton, California nos anos 80.[4] O seu primeiro álbum, Slanted & Enchanted, foi publicado coa aclamación da crítica, e a banda continuou recibindo a atención dos medios e do público nos seus seguintes lanzamentos. Pavement, e Malkmus en particular, was hailed as spearheading the underground indie movement of the 1990s. En 2001, tras a disolución da banda en 1999, Malkmus publicou o seu primeiro álbum en solitario. Tamén foi membro do grupo Silver Jews xunto co poeta e letrista David Berman. A principios de 1999 Stephen Malkmus participou nun proxecto paralelo de Sonic Youth chamado Kim's Bedroom, onde estaban a baixista e vocalista Kim Gordon, o guitarrista e vocalista Thurston Moore, o veterano músico de vangarda de Chicago Jim O'Rourke, e o famoso batería xaponés Ikue Mori; nunca editaron un álbum, pero realizaron un feixe de concertos. Malkmus na actualidade é líder de The Jicks.

O 23 de maio de 2003 en Milwaukee, mentres estaba de xira coa súa nova banda The Jicks, Malkmus empezou o concerto dicindo, "Isto non está no noso disco". A banda entón comezou a tocar cancións de Pavement, sendo a segunda vez que Malkmus tocaba algunha canción do seu anterior grupo dende a súa disolución en 1999. A primeira vez foi o 22 de abril de 2002 en São Paulo, onde interpretou "In The Mouth a Desert".

En 2007, Malkmus proporcionou tres temas para a película de Todd Haynes I'm Not There, baseada na vida de Bob Dylan. Contribuíu á banda sonora coas cancións "Ballad of a Thin Man", "Can't Leave Her Behind" e "Maggie's Farm". Malkmus recoñeceu que nunca foi "realmente un gran seguidor de Dylan", pero destacou que involucrarse coa película fixo que o escoitase "novamente un pouco máis de preto"."[3]

O cuarto álbum de estudio de Malkmus con The Jicks, Real Emotional Trash, foi publicado en marzo do ano 2008.[5]

Pavement reuniuse en marzo de 2010 e embarcouse nunha xira mundial durante ese ano.[6]

En agosto do ano 2011 publicou o seu quinto álbum de estudio con The Jicks, Mirror Traffic. Tocou o álbum Ege Bamyasi, orixinalmente da banda Can, na súa totalidade o 1 de decembro de 2012 no WEEK-END Festival en Colonia, Alemaña.[7] Unha gravación desa acuación foi publicada como un álbum ao vivo de edición limitada Record Store Day de 2013.

O sexto álbum de Malkmus con The Jicks, Wig Out at Jagbags, foi publicado o 7 de xaneiro de 2014.

En 2016 Malkmus compuxo a banda sonora para a serie de Netflix Flaked, protagonizada por Will Arnett.[8]

Discografía[editar | editar a fonte]

Con Pavement[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Slanted and Enchanted 1992 Matador Records
Crooked Rain, Crooked Rain 1994 Matador Records
Wowee Zowee 1995 Matador Records
Brighten the Corners 1997 Matador Records, Capitol Records
Terror Twilight 1999 Matador Records

Con Silver Jews[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Starlite Walker 1994 Drag City
American Water 1998 Drag City
Tanglewood Numbers 2005 Drag City
Lookout Mountain, Lookout Sea 2008 Drag City

Con The Crust Brothers[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Marquee Mark 1998 Telemomo

Con The Jicks[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Stephen Malkmus 2001 Matador Records
Pig Lib 2003 Matador Records
Face the Truth 2005 Matador Records
Real Emotional Trash 2008 Matador Records
Mirror Traffic 2011 Matador Records
Wig Out at Jagbags 2014 Matador Records
Sparkle Hard 2018 Matador Records

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Dear Superstar: Stephen Malkmus". Blender. Archived from the original on 10 de xullo de 2010. Consultado o 18 de setembro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Stephen Malkmus: Being Stephen Malkmus". Magnet. Consultado o 18 de setembro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 "Musician Malkmus reviews Dylan, talks Trash". The Chronicle. Archived from the original on 31 de xaneiro de 2011. Consultado o 18 de setembro de 2018. 
  4. "Pavement". Matador Records. Consultado o 18 de setembro de 2018. 
  5. "Real Emotional Trash". Matador Records. Archived from the original on 15 de abril de 2009. Consultado o 18 de setembro de 2018. 
  6. "Pavement Launch Tour, Add Dates". Pitchfork. Consultado o 18 de setembro de 2018. 
  7. "Watch Stephen Malkmus Perform Can's Ege Bamyasi". Pitchfork. Consultado o 18 de setembro de 2018. 
  8. "Stephen Malkmus Is Scoring Will Arnett's New Netflix Series 'Flaked'". Billboard. Consultado o 18 de setembro de 2018.