Seamus Heaney

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nobel prize medal.svg
Seamus Heaney
Seamus Heaney
Seamus Heaney dirixíndose ao colexio de avogados na Universidade de Dublin no 2009
Nacemento: 13 de abril de 1939 (74 anos)
Derry Irlanda do Norte Irlanda do Norte
Lingua: Inglesa
Xénero(s): Poesía

Seamus Heaney, nado o 13 de abril de 1939 en Derry, Irlanda do Norte, é un escritor irlandés.

Traxectoria [editar]

En 1957 marchou a Belfast para estudar literatura na Queen’s University, onde impartiu clases entre 1966 e 1972 antes de dedicarse plenamente á literatura. Heaney, católico irlandés, afectado pola violencia entre católicos e protestantes no Ulster, decidiu trasladarse a Dublín en 1972. No Carysfort College desta cidade impartiu clases entre 1975 e 1980. Obtivo unha cátedra na Universidade Harvard, Massachusetts, en 1984, e entre 1989 e 1994 foi catedrático de Poesía na Universidade de Oxford, Inglaterra.

Obra [editar]

A poesía de Heaney, desde os seus comezos en Morte dun naturalista (1966), está ancorada nos contextos físicos e rurais da súa infancia. A medida que se desenvolve a súa obra, eses escenarios convértense no foco dunha busca arqueolóxica dos mitos e historias que contribuíron a configurar a violenta situación política de Irlanda doNorte, que só tratou abertamente en Norte (1975). A obra de Heaney mostra unha grande flexibilidade rítmica, pero é sobre todo a intensidade do seu linguaxe, que contrasta co silencio da xentes que describe, o que a fixo famosa. Outros libros seus son: Porta ás tebras (1969), Fuxindo do inverno (1972), Traballo de campo (1979) (traducido ao galego por Vicente Araguas en 1996), Isola stazione (1984), A lanterna do espiño (1987), Vendo cousas (1991), O nivel espiritual (1996, premio Whitbread), Luz eléctrica (2001). Seamus publicou en 2000 unha tradución ao inglés moderno do poema épico anglosaxón Beowulf que se converteu nun best seller no Reino Unido e nos Estados Unidos, e pola que recibiu novamente o premio Whitbread.

Tamén escribiu diversos ensaios de crítica literaria: Preocupacións (1980) e Goberno da lingua (1988). Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1995.