Eduardo Chillida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O peite dos ventos en San Sebastián

Eduardo Chillida Juantegui, nado en San Sebastián o 10 de xaneiro de 1924 e finado na mesma cidade o 19 de agosto de 2002, foi un escultor vasco.

Índice

Traxectoria [editar]

Primeiro foi futbolista na Real Sociedad de Fútbol de San Sebastián, pero tivo que deixalo por unha lesión. Estudou arquitectura en San Sebastián e Madrid, e abandonou a carreira comezando a estudar debuxo no Círculo de Belas Artes de Madrid. Trasládase a París e casa ó ano seguinte con Pilar Belzunce, comezando o mesmo ano a súa longa carreira na que destacaría "O peite do vento", escultura en aceira que se instala en San Sebastián en 1971. Recibe diversos premios, entre eles o Príncipe de Asturias en 1987.

No ano 1975 deseñou o logotipo da Universidade do País Vasco [1].

Na última parte da súa vida, Chillida constituíu o museo Chillida-Leku, inaugurado en 2000 no casarío de Zabalaga (no concello de Hernani, xunto a San Sebastián) unha fermosa construción tradicional vasca remodelada polo escultor e rodeada dun grande espazo de xardíns coa maior colección da obra do artista.

Un dos seus proxectos máis afamados e polémicos, aínda que inconcluso, foi o baleirado da montaña Tindaya, na illa canaria de Fuerteventura, co obxectivo de crear no seu interior un inmenso cubo no que se simbolizaba a lúa e o sol.

Outras obras sinaladas [editar]

"Eloxio ó horizonte" (Xixón)

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

Bibliografía [editar]

  • "Muere Chillida, el escultor español más universal", en El País, 20.08.2002.

Ligazóns externas [editar]