Duluth, Minnesota

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Duluth
Duluth Skyline.jpg
Duluth

Localización

Duluth en Estados Unidos
Duluth
Duluth
Duluth en Minnesota
Duluth
Duluth
País Estados Unidos de América Estados Unidos
Estado Minnesota state flag.png Minnesota
Área 226.44 km²
Altitude 214 msnm
Poboación 86,265 (2010)
Densidade 491.3 hab/km²
Código Postal 55801, 55802, 55803, 55804, 55805, 55806, 55807, 55808, 55810, 55811, 55812
Alcalde Don Ness
Sitio Web http://www.duluthmn.gov

Duluth é unha cidade situada ao norte do estado estadounidense de Minnesota, ao bordo do Lago Superior.

A principal actividade é a industria e o comercio de materias primas con outras cidades dos Estados Unidos e Canadá situadas no Lago Superior e o resto dos Grandes Lagos. Entre as materias que destacan polo seu comercio están o carbón e os minerais.

Debido á crise propia das cidades deste tipo, desenvolveuse o sector turístico, que ten o seu punto principal na entrada fluvial do Lago Superior ao porto de Duluth.

É a cidade natal do cantoautor Bob Dylan.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación
Censo Pob.
1860 71
1870 3.129 4.307,0%
1880 3.483 11,3%
1890 33.115 850,8%
1900 52.969 60,0%
1910 78.466 48,1%
1920 98.917 26,1%
1930 101.453 2,6%
1940 101.065 -0,4%
1950 104.511 3,4%
1960 107.312 2,7%
1970 100.578 -6,3%
1980 92.811 -7,7%
1990 85.493 -7,9%
2000 86.918 1,7%
2010 86.265 -0,8%
Est. 2012 86.211 -0,1%
U.S. Decennial Census

Segundo o censo de 2010, Duluth ten 86,265 habitantes. A densidade de poboación é de 491.3/km2.

A distribución por razas é a seguinte: 90,4% brancos, 2,3% afroamericanos, 2,5% nativos americanos, 1,5% asiáticos, 0,3% de outras razas e 3% de dúas ou máis razas. A poboación hispana ou latina da cidade é de 1,5%.

Cidades irmás[editar | editar a fonte]