George Bernard Shaw

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
George Bernard Shaw Nobel prize medal.svg
G Bernard Shaw.jpg
Shaw en 1894
Datos persoais
Nacemento 26 de xullo de 1856
Lugar Dublín Irlanda Irlanda
Falecemento 2 de novembro de 1950 (94 anos)
Lugar Ayot St. Lawrence, Hertfordshire
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua Inglesa
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
Premios {{{premios}}}
George Bernard Shaw signature.svg
{{{web}}}

{{{notas}}}

George Bernard Shaw, nado en Dublín o 26 de xullo de 1856 e finado en Ayot St. Lawrence (Hertfordshire) o 2 de novembro de 1950, foi un escritor irlandés, gañador do premio Nobel de literatura en 1925 e dun premio Oscar en 1938.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Shaw naceu nunha familia pobre e protestante. Educouse no Wesley College, e marchou a Londres en 1870.

Shaw volveuse vexetariano con vinte e cinco anos logo de ler a H. F. Lester[1]. Estaba en contra das viviseccións e dos deportes crueis cos animais, e a crítica á inmoralidade de comer carne animal é un tópico frecuente na súa obra. Máis tarde comezou a involucrarse na política, sendo concelleiro do distrito de St. Pancras desde 1897. Foi un socialista notable, destacado membro da Sociedade Fabiana, que defendía a transformación da sociedade a través de métodos non revolucionarios. En 1898 casou con Charlotte Payne-Townshend. Foi amigo de Gilbert Keith Chesterton e do compositor Edward Elgar.

Shaw criticou a execución dos líderes rebeldes do alzamento de Pascua, defendendo que todos os fogares destruídos poderían ser sempre reconstruídos. Shaw foi amigo persoal do líder Michael Collins, ao que invitou a cear na súa casa de Londres cando Collins negociaba o tratado anglo-irlandés con David Lloyd George.

Porén, Shaw defendía a morte para as persoas vagas, ineptas e opositoras. Pediu ás personalidades da ciencia a creación dun gas que matase de forma instantánea pero sen dor. Defendeu o nazismo e o fascismo de Mussolini pola súa acción, pero finalmente renegou do nazismo porque Hitler transformara a concepción marxista do nacionalsocialismo.[2].

Desde 1906 e até a súa morte viviu en Shaw's Corner, na vila de Ayot St. Lawrence, en Hertfordshire. A súa casa está actualmente musealizada. En 1971 reabriuse en Londres o Teatro Shaw.

Obra[editar | editar a fonte]

Na súa primeira etapa en Londres escribiu cinco novelas que foron rexeitadas polas editoriais. Comezou a colaborar no xornalismo con crítica literaria e artística. Escribiu unha columna de crítica musical no periódico Star. Entre 1888 e 1890 firmou estas críticas co pseudónimo de Corno di Bassetto. En 1895 pasou a ser o crítico teatral do Saturday Review, primeiro paso cara á súa carreira como dramaturgo.

A súa primeira obra de éxito foi Candida, estreada en 1898. Outras obras dramáticas foron The Devil's Disciple (1897), Arms and the Man (1898), Mrs. Warren's Profession (1898), Captain Brassbound's Conversion (1900), Man and Superman (1903), Caesar and Cleopatra (1901), Major Barbara (1905), Androcles and the Lion (1912), e Pygmalion (1913), pola que en 1938 obtivo o Oscar ó mellor guión adaptado. Despois da Primeira Guerra Mundial escribiu Heartbreak House (1919) e Saint Joan (1923).

Unha das características das súas obras son as longas introducións, ensaios (en ocasións máis extensos que a propia obra) onde daba a súa opinión —normalmente controvertida— sobre os temas tratados.

Shaw preocupouse polas incoherencias na escritura da lingua inglesa, deixando no seu testamento unha parte destinada á creación dun novo alfabeto fonético para ese idioma, proxecto que non se puido levar a cabo inicialmente pola falta de fondos. Porén, cos dereitos de autoría de obras como Pygmalion e My Fair Lady (musical baseado na obra de Shaw), desenvolveuse o alfabeto Shaviano.

Drama[editar | editar a fonte]

  • Plays Unpleasant (publicadas en 1898):
    • Widowers' Houses (1892)
    • The Philanderer (1898)
    • Mrs. Warren's Profession (1898)
  • Plays Pleasant (publicadas en 1898):
    • The Man of Destiny (1897)
    • Arms and the Man (1898)
    • Candida (1898)
    • You Never Can Tell (1898)
  • Three Plays for Puritans (publicadas en 1901):
    • The Devil's Disciple (1897)
    • Captain Brassbound's Conversion (1900)
    • Caesar and Cleopatra (1901)
  • The Admirable Bashville (1901)
  • Man and Superman (1902–1903)
  • John Bull's Other Island (1904)
  • How He Lied to Her Husband (1904)
  • Major Barbara (1905)
  • The Doctor's Dilemma (1906)
  • Getting Married (1908)
  • The Glimpse of Reality (1909)
  • Misalliance (1910)
  • Dark Lady of the Sonnets (1910)
  • Fanny's First Play (1911)
  • Androcles and the Lion (1913)
  • Pygmalion (1912–1913)
  • Heartbreak House (1919)
  • Back to Methuselah (1921)
  • In the Beginning
  • The Gospel of the Brothers Barnabas
  • The Thing Happens
  • Tragedy of an Elderly Gentleman
  • As Far as Thought Can Reach
  • Saint Joan (1923)
  • The Apple Cart (1929)
  • On the Rocks (1933)
  • The Six of Calais (1934)
  • The Simpleton of the Unexpected Isles (1934)
  • Geneva, a Fancied Page of History in Three Acts (1938)
  • In Good King Charles' Golden Days (1939)
  • Shakes versus Shav (1949)
  • Village Wooing.

Novelas[editar | editar a fonte]

  • Immaturity (1879)
  • The Irrational Knot (1880)
  • Love among the Artists (1881)
  • Cashel Byron's Profession (1882–1883)
  • An Unsocial Socialist (1883)

Ensaios[editar | editar a fonte]

  • Quintessence of Ibsenism (1891)
  • The Perfect Wagnerite, Commentary on the Ring (1898)
  • Maxims for Revolutionists (1903)
  • Preface to Major Barbara (1905)
  • How to Write a Popular Play (1909)
  • Treatise on Parents and Children (1910)
  • Common Sense about the War (1914)
  • The Perfect Wagnerite: A Commentary on the Niblung's Ring (1923; crítica musical)
  • The Intelligent Woman's Guide to Socialism and Capitalism (1928)
  • The Black Girl in Search of God
  • Everybody's Political What's What? 1944
  • [[Shaw v. Chesterton, a debate between George Bernard Shaw and G. K. Chesterton.
Predecesor:
Władysław Reymont
Premio Nobel de literatura
1925
Sucesor:
Grazia Deledda

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Henderson, Archibald: George Bernard Shaw: Man of the Century. New York; Appleton-Century-Crofts Inc., 1956 (en inglés).
  2. El Nobel Bernard Shaw apoyó a Hitler y Stalin, documental emitido en Canal Historia (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: George Bernard Shaw
Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: George Bernard Shaw