Música country

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A música country é un estilo popular no sur dos Estados Unidos orixinado na música dos apalaches e nas cancións vaqueiras. Os seus antecedentes son as danzas europeas e as tradicións celtas (sobre todo escocesas). Na orixe era moi simple e interpretada por poucos instrumentos: guitarra, banjo e violín principalmente, as suas letras falaban da dura vida no campo, tristeza e amores imposíbeis. As primeiras figuras do xénero foron a familia Carter e Jimmie Rodgers, o chamado pai do Country, ainda que a personalidade mais importante sexa Hank Williams. Nos cincuenta a música antano de pobres sofisticouse e encheuse de arranxos, con un estilo centrado en Nashville, fogar do Nashville Sound e do mais importante programa de radio do Sur, o Grand Ole Opry. Como reacción a estas producións comerciais houbo unha volta ás orixes acústicas no Bluegrass e un endurecemento co Honky Tonk.

Cantantes destacados[editar | editar a fonte]