Gramática descritiva
Suxeriuse que "Lingüística sincrónica" sexa fusionado con este artigo ou apartado (conversa). Para realizar a fusión dos artigos sigue estes pasos. |
Lingüística |
---|
Lingüística teórica |
Gramática descritiva |
Lingüística aplicada |
Artigos relacionados |
No estudo da linguaxe, a descrición, ou lingüística descritiva, é o traballo de analizar e describir obxectivamente como unha lingua é falada (ou como era falada antano) por un grupo de persoas ou unha comunidade. Todo o traballo de investigación no eido da lingüística é descritivo; coma noutras ciencias, o seu obxectivo é observar o mundo lingüístico tal e como é, polo miúdo e sen interferencias ou ideas preconcevidas de como debería ser. A lingüística descritiva moderna baséase nun achegamento estrutural á linguaxe, como se exemplifica no traballo de Leonard Bloomfield entre outros. O descritivismo é a a corrente que cre que a descrición é máis significante ou importante para o estudo, a práctica e a ensinanza cá prescrición. A descrición lingüística adoita estar contrarrestada pola prescrición lingüística, a cal atópase principalmente no eido educativo e editorial. A prescrición busca definir as formas da lingua estándar e dar consello no emprego efectivo da lingua.
Finalidades
[editar | editar a fonte]Unha descrición língüística considérase axeitadamente descritiva cando cumpre unha ou máis das seguintes finalidades:
- Describe a fonoloxía da lingua en cuestión.
- Describe a morfoloxía das palabras pertencentes á lingua estudada.
- Describe a sintaxe das oracións axeitadamente formadas da lingua.
- Describe as derivacións lexicais.
- Realiza unha escolma do vocabulario, incluíndo polo menos mil entradas.
- Realiza unha reprodución duns cantos textos auténticos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Antoinette Renouf, Andrew Kehoe, The Changing Face of Corpus Linguistics - 2006 - 408 pages, p. 377
- Patrick R. Bennett, Comparative Semitic Linguistics: A Manual - 1998 - 269 pages, p. 3
- William A. Haviland, PRINS, WALRATH, Harald E. L. Prins, Dana Walrath, Bunny McBride, Cultural Anthropology: The Human Challenge - HAVILAND - 2004 - 496 pages, p. 93
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Este artigo ou categoría carece de ligazóns interlingüísticas. Engádellas premendo na opción "Engadir ligazóns" da columna da esquerda e escribindo o código de lingua e mais o nome correspondente a este artigo ou categoría nesa lingua. Logo diso retira o modelo {{Seniw}} da páxina.Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |