Menchu Lamas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMenchu Lamas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de xullo de 1954 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintora Editar o valor em Wikidata
Membro de
MovementoMail Art Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAntón Patiño Pérez
FillosLois Patiño Editar o valor em Wikidata
Premios

Carmen Lamas Pérez, coñecida como Menchu Lamas, nada en Vigo o 7 de xullo de 1954, é unha pintora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Deseño Gráfico na Institución Artística de Ensinanza de Madrid. Iniciou a súa traxectoria co Colectivo da Imaxe, con Carlos Berride, Antón Patiño e Jorge Agra. Estreou exposición nas colectivas da praza da Princesa de Vigo en 1974 e entrou en contacto co Grupo Rompente, co que colaborou na maqueta dos poemarios. Foi cofundadora do Grupo Atlántica en 1980, con Antón Patiño, Ánxel Huete, Guillerme Monroy e Román Pereiro. En 1982 fixo a súa primeira mostra individual na galería Buades de Madrid.

A súa obra evolucionou dende a primixenia iconografía de raíz autóctona e cromatismo forte cara a unha sintetización que dota a superficie pictórica dunha orde construtiva na que se axustan formas e/ou siluetas a xeito de signos, emparentadas coas culturas exóticas e primitivas. Tecnicamente usa os grandes formatos e a brochada. Os seus cadros están presentes no Museo de Arte Contemporánea de Madrid e nos museos galegos.

No ano 2018[1] é nomeada académica numeraria da Real Academia Galega de Belas Artes na sección de pintura e gravado.

Premios[editar | editar a fonte]

Na presentación de Que hostia din os rumorosos? (Rompente) da Libraría Miranda en Bueu. Libro no que colaborou con ilustracións.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou co pintor Antón Patiño Pérez. O seu fillo é o cineasta Lois Patiño.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. De Santos, Ágatha (26 de maio de 2018). "Menchu Lamas y Soledad Peralta, nuevas académicas de la Gallega de Bellas Artes". Faro de Vigo. Consultado o 27 de maio de 2018. 
  2. "O Premio Otero Pedrayo recoñece as traxectorias de Rosario Álvarez e Menchu Lamas". Real Academia Galega. Consultado o 2021-11-11. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Artigo LAMAS, Menchu en GEG.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]