Verba. Anuario Galego de Filoloxía
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
| Verba. Anuario Galego de Filoloxía | |||
|---|---|---|---|
|
Título
| |||
|
Instancia de
| |||
|
Lingua
| |||
| Publicación | |||
|
Lugar de publicación
| |||
|
Editorial
| |||
| Datas e cronoloxía | |||
|
Data de comezo
| |||
|
Data de creación
| |||
| Localización | |||
| |||
| Identificadores | |||
| |||
| Fontes e ligazóns | |||
|
Páxina WEB
| |||
| Wikidata | |||
Verba. Anuario Galego de Filoloxía é unha revista anual fundada en 1974 pola Universidade de Santiago de Compostela coa intención de difundir os estudos filolóxicos realizados en Galicia coa vocación de dedicar unha atención preferente á lingua galega.
Características
[editar | editar a fonte]A pesar da súa intención inicial, a recepción da revista nos ambientes universitarios españois, europeos e americanos abriu o camiño para que especialistas de distintas procedencias ampliasen o seu catálogo de temas e de linguas de traballo.
A revista abarca campos como: gramática, fonoloxía, léxico, edición de textos, teoría lingüística e pragmática, e admite orixinais en galego, castelán, portugués, catalán, francés, italiano, inglés e alemán.
Ademais do volume anual, a revista edita unha colección de anexos monográficos que, en 2012, chegaban a 70 títulos.
No índice RESH, Verba situábase, no período 2004-2008, no posto 6 de 121 entre as revistas españolas de Filoloxía Hispánica de maior impacto. O indicador que mide o impacto é a taxa de citación, calculada en función das citas nas principais revistas científicas españolas e as citas recibidas na Web of Science.
Verba dispón dun portal dixital que se publíca en galego, español, francés e inglés.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web de Verba (en galego), (en castelán), (en inglés).
- A revista Verba. Anuario Galego de Filoloxía acada o Selo de Calidade FECYTArquivado 27 de setembro de 2018 en Wayback Machine., na páxina web da Unión de Editoriales Universitarias Españolas (UNE) (en galego).