Rosario Álvarez Blanco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Rosario Álvarez")
Rosario Álvarez Blanco
Rosario Álvarez Blanco.jpg
Datos persoais
Nacemento 12 de xuño de 1952
Lugar Pontevedra
Cónxuxe Xosé Xove Ferreiro
Fillos Brais, Irima e Daniel
Actividade
Lingua Galego
Estudos Filoloxía Románica

Rosario Álvarez Blanco, nada en Pontevedra o 12 de xullo de 1952, é profesora de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela e directora do Instituto da Lingua Galega (Universidade de Santiago de Compostela).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Filosofía e Letras (Filoloxía Románica-Español) pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) coa memoria Notas lingüísticas e etnográficas de Ramirás (1974). Tras doutorarse en 1980 coa tese O pronome persoal en galego, desenvolveu o seu labor docente ata 1982 no Departamento de Filoloxía Románica da USC, para logo continuar no Departamento de Filoloxía Galega, onde acadou en 1998 a condición de catedrática de Universidade da área Filoloxías Galega e Portuguesa. Foi membro do equipo do Atlas Lingüístico Galego dende os inicios. Entre os cargos académicos máis relevantes ocupados ata agora están o de directora do Departamento de Filoloxía Galega (1995-1999) e vicerreitora de Profesorado (1990-1994).

O 8 de setembro de 2001 foi proposta como membro numerario da RAG, onde ingresou o 6 de xuño de 2003 cun discurso titulado Variedade e diversidade da lingua. Algunhas reflexións sobre cambio, variación e galego estándar, contestado por Antón Santamarina. Pertence ao Instituto da Lingua Galega desde 1974. Na actualidade dirixe o ILG e sucede a A. Santamarina á fronte do Seminario de Gramática da RAG.

Investigación[editar | editar a fonte]

A investigación de Rosario Álvarez segue tres liñas fundamentais:

É autora, xunto con Xosé Xove e Henrique Monteagudo, da Gramática da lingua galega editada na Editorial Galaxia

En 2014 participou na coordinación de Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada (PDF). CCG. 


Predecesor:
Manuel González González
 Tesoureira da RAG 
2013 - 2017
Sucesor:
Marilar Aleixandre

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]