A tecedeira de Bonaval
| A tecedeira de Bonaval | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||
|
Forma artística
| |||||
|
Xénero
| |||||
|
Lingua
| |||||
| Autoría | |||||
|
Autor/a
| |||||
| |||||
| |||||
| Wikidata |
A tecedeira de Bonaval é unha novela de Antonio López Ferreiro, publicada por entregas no xornal El Pensamiento Galaico, do 5 de xullo ao 21 de decembro de 1894. En 1895 foi editada por Andrés Martínez Salazar no volume X da Biblioteca Gallega, e en 1953 reeditouna Pedret Casado en Bibliófilos Gallegos nun volume conxunto coas súas outras dúas novelas: O niño de pombas e O castelo de Pambre.
Narración
[editar | editar a fonte]A obra, narrada en terceira persoa, está estruturada en 25 capítulos, que responden a cambios no espazo ou no tempo.
A novela reflicte as incipientes loitas sociais no espazo urbano de Santiago de Compostela, con tres puntos clave: Bonaval como espazo popular, os pazos da praza do Toural como reflexo do poder civil, e a Catedral como reflexo do poder eclesiástico. A acción transcorre entre decembro de 1543 e abril de 1546.
Lingua
[editar | editar a fonte]No momento da escritura da obra aínda non existía unha normativa oficial do galego. Con todo, López Ferreiro definiu uns certos criterios no texto.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: A tecedeira de Bonaval |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- LÓPEZ FERREIRO, A.: A tecedeira de Bonaval. Edición de Xosé Antonio Palacio e Blanca-Ana Roig, con estudo literario de Anxo Tarrío. Ed. Xerais, 1985.