Alfonso Magariños

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alfonso Magariños
Alfonso Magariños Sueiro (AELG)-3.jpg
Nacemento3 de outubro de 1936
 Arcos
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela e Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino
Ocupaciónsociólogo, historiador e profesor
XénerosEnsaio
EstudosXeografía e Historia, Ciencias Sociais e Teoloxía
editar datos en Wikidata ]

Alfonso Magariños Sueiro, nado en Arcos (Cuntis) o 3 de outubro de 1936, é un sociólogo e historiador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e en Ciencias Sociais e Teoloxía pola Universidade de Santo Tomé-Roma. Desempeñou os cargos de profesor de Socioloxía na Escola Universitaria de Relacións Laborais de Vigo, cidade onde reside desde 1971, e de Xeografía e Historia nos Institutos Politécnico de Vigo, A Guarda, Marín e Mos.

Dedicouse á investigación histórica e sociolóxica, da que son froito os diversos ensaios publicados. Tamén colaborou ocasionalmente na prensa.

Obras en galego[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • A Emigración: modernización e cambio social na Galicia Contemporánea (1900-1936), 1999, Laiovento.
  • A obra educativa e cultural dos emigrados: Prensa da Emigración e Sociedades de Instrucción en Galicia (1900-1936), 2000, Edicións do Castro.
  • A demografía na Galicia contemporánea (1900-1936), 2003, Toxosoutos.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Galicia: conflicto e supervivencia, 1979, Editorial Castrelos.
  • O monte comunal en Galicia: unha historia de resistencia, 1999, A Fouce Edicións, A Estrada.

Obras en castelán[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Sacerdotes de ayer: notas históricas para la reflexión de hoy, 1972, Progaganda Popular Católica (Madrid).
  • La Iglesia en la Galicia contemporánea: 1931-1936, 1978, Akal, en colaboración con Francisco Carballo.
  • Los gallegos, 1979, Epidauro (Barcelona).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]