Saltar ao contido

Filosofía

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Filosofía
O pensador, de Auguste Rodin, representación clásica dun home inmerso nos seus pensamentos.
Orixe do nomeΦιλοσοφία, grego
OrixeGrecia antiga, séc. VII a.C., Tales de Mileto
Influenciasmitoloxía
Influenciadosarte, ciencia, política, dereito, ética, teoloxía, relixión
Persoeiros principaisHeráclito · Confucio · Demócrito · Sócrates · Platón · Aristóteles · Epicuro · Séneca · Plotino · Agostiño · Avicena · Averroes · Aquino · Escoto · Ockham · Machiavelli · Bacon · Descartes · Vico · Leibniz · Espinoza · Hobbes · Berkeley · Locke · Montesquieu · Hume · Rousseau · Voltaire · Burke · Kant · Hegel · Kierkegaard · Schopenhauer · Mill · Marx · Nietzsche · Peirce · Husserl ·
Definicióné o estudo de cuestións fundamentais relacionadas coa existencia, o coñecemento, a verdade, valores morais e estéticos, para mente e para lingua.
Coñecida porestimular o pensamento lóxico e crítico
Pretendeconstruír concepcións globais do mundo
Divídese enFilosofía occidental, Filosofía oriental
Ramificaciónsepistemoloxía, ontoloxía, ética, metafísica, filosofía social, filosofía política, estética, lóxica

A filosofía[1] (do grego - φιλοσοφία philos / sophia, "amor á sabedoría"[2][3]) é o estudo das cuestións xerais e fundamentais relacionadas coa natureza da existencia humana; do coñecemento; da verdade; valores morais e estéticos; da mente; tanto da lingua como do universo no seu conxunto[4] en suma pódese dicir que é a procura do coñecemento puro sen deixarse corromper por sistemas preestabelecidos.

A filosofía responde ó desexo de saber, busca coñecer as causas das cousas, indagando a verdade e os seus problemas. Neste senso é máis crítica que dogmática. Ata o século XVIII-XIX, facía referencia ó conxunto de saberes desinteresados e racionais, que tiñan por obxecto a comprensión xeral do home e do mundo, buscando conclusións sobre as súas causas últimas e bases máis profundas, polo que se diferencia da ciencia, que estuda de xeito único as materias que entran no seu propio campo, dende o punto de vista da súa descrición e explicación por causas próximas.

A filosofía aspira a un coñecemento racional da realidade polas últimas causas, e por iso, considerábase ciencia.[5] Porén, coa nova e máis restritiva noción de ciencia, que aparece na época moderna vinculada ó método matemático e experimental, a filosofía deixa de considerarse ciencia a partir do século XIX.

As súas disciplinas son a lóxica e a teoría do coñecemento, a metafísica, a estética e a ética. A psicoloxía, o mesmo que as demais ciencias, desenvolveuse a partir da filosofía.

Artigo principal: Historia da filosofía.

Como disciplina, a historia da filosofía pretende ofrecer unha exposición sistemática e cronolóxica dos conceptos e doutrinas filosóficas.[6] Algúns teóricos ven isto como parte da historia intelectual, pero tamén investiga cuestións que non están cubiertas pola historia intelectual, como se as teorías dos filósofos do pasado son verdadeiras e se mantiveron filosoficamente relevantes.[7] A historia da filosofía preocúpase principalmente de teorías baseadas na indagación racional e na argumentación; algúns historiadores enténdeno nun sentido máis laxo que inclúe mitos, ensinanzas relixiosas e tradición proverbial.[8]

Entre as tradicións influentes na historia da filosofía atópanse a occidental, a árabe-persa, a india e a filosofía chinesa. Outras tradicións filosóficas son a filosofía xaponesa, a filosofía latinoamericana e a filosofía africana.[9]

Occidental

[editar | editar a fonte]
Busto de Aristóteles
Aristóteles foi unha figura importante da filosofía antiga e desenvolveu un amplo sistema de pensamento que incluía a metafísica, a lóxica, a ética, a política e as ciencias naturais..[10]

A principal característica que Aristóteles ve nunha persoa filósofa é que non é especialista. O sophós (o sabio), é un coñecedor de todas as cousas sen posuír unha ciencia específica. O seu ollar derrámase polo mundo, a súa curiosidade insaciable faino investigar tanto os misterios do kosmos como os da physis (a natureza), como as que din respecto ao home e á sociedade. No fondo, o filósofo é un revelador, alguén que afasta o veo daquilo que está a cubrirnos os ollos e procura mostrar os obxectos na súa forma e posición orixinal, actuando como alguén que atopa unha estatua no fondo do mar cuberta de brións e algas, e progresivamente, afastándoas unha a unha, revélanos a súa forma real.

Para Platón, a primeira actitude do filósofo é admirarse. A partir da admiración faise a reflexión crítica, o que marca a filosofía como busca da verdade. Filosofar é dar sentido á experiencia.

Na actualidade, entre outras múltiples, diferentes e, porén, válidas definicións, pódese afirmar que filosofía é o estudo racional, crítico e obxectivo de todos ou calquera dos achados do pensamento humano. É dicir, a actividade filosófica consiste en pensar razoando sobre aquilo que se atopa ó noso redor: dende a natureza ata os propios mecanismos internos de razoamento. Filosofar é, pois, tanto pensar acerca do mundo como pensar acerca do propio pensamento.

Orixes históricas

[editar | editar a fonte]
A Filosofía e profesións liberais

A palabra filosofía gaña, en dimensións específicas de tempo e espazo, concepcións novas e diferentes tornando difícil a súa exacta localización.

Historicamente, a filosofía comeza con Tales de Mileto, aínda que este principio histórico sexa máis un punto de referencia que unha discusión xa acabada. Aristóteles escribiu que a filosofía foi posible a través do lecer, pois, unha vez resolvidos os seus problemas de vivenda, alimentación, vestiario, e sendo dispensados da necesidade do traballo pesado, os gregos puideron dedicarse á investigación filosófica.

Tales foi o primeiro dos filósofos Presocráticos, ou filósofos da Physis, que buscaban a arché, que era un principio que, alén de ser o principio de todas as cousas, debería tamén compor (ou formar parte de) todas as cousas, e mesmo ser a última de todas as cousas.

Platón é quen inicia esta nova linguaxe, a filosofía como a coñecemos, a busca da esencia, a ontoloxía, dos conceptos universais en detrimento do coñecemento vulgar e sensorial. Anteriormente a el, a filosofía era discutida por sabios, era o amor pola sabedoría daqueles que experimentaran a propia ignorancia, concepto, ao que parece, atribuído por Pitágoras.

Por moito tempo a filosofía incluía todo o que era coñecemento, abonda con ver a vasta obra de Aristóteles, que abrangue desde a física ata a ética. Aínda hoxe é difícil definir o obxecto exacto da filosofía.

Os seus obxectos propios son:

  • Metafísica: concernente aos estudos daquilo que non é físico (physis), do coñecemento do ser (ontoloxía), do que transcende o sensorial e tamén da teoloxía.
  • Epistemoloxía: estudo do coñecemento, teoriza sobre a propia ciencia e de como sería posible a aprehensión deste coñecemento.
  • Ética: para Aristóteles, é parte do coñecemento práctico xa que nos mostraría como debemos vivir e actuar.
  • Estética: a procura do belo, a súa conceptuación e cuestionamento. O entendemento da arte.
  • Lóxica: a procura da verdade, o seu cuestionamento, a razón.

Correntes e tópicos

[editar | editar a fonte]

Materialistas vs Idealistas

[editar | editar a fonte]

Os filósofos divídense en dúas grandes correntes: materialistas e idealistas. O termo materialista aplícase a aqueles que cren que o universo (todo o que existe) está formado de materia, e existe obxectiva e independentemente da existencia de seres cognoscentes capaces de percibilo. Os idealistas son aqueles que sosteñen que o mundo non ten existencia independente dos seres cognoscentes.

Ramas da filosofía

[editar | editar a fonte]

As cuestións filosóficas pódense agrupar en varias ramas. Estes agrupamentos permiten aos filósofos centrarse nun conxunto de temas similares e interactuar con outros pensadores que estean interesados nas mesmas preguntas.

Estas divisións non son nin exhaustivas nin mutuamente excluíntes. (Un filósofo podería especializarse na epistemoloxía kantiana, ou na estética Platónnica, ou na filosofía política moderna). Ademais, estas investigacións filosóficas ás veces se solapan entre si e con outras investigacións como a ciencia, a relixión ou as matemáticas.[11]

Estética

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Estética.

A estética é a "reflexión crítica sobre a arte, a cultura e a natureza".[12][13] Aborda a natureza da arte, da beleza e do gusto, o gozo, os valores emocionais, a percepción, a creación e valoración da beleza.[14] Defínese de forma máis precisa como o estudo dos valores sensoriais ou sensorio-emocionais, ás veces denominados xuízos de sentimento e gusto.[15] As súas principais divisións son a teoría da arte, a teoría literaria, a teoría do cinema e a teoría da música. Un exemplo da teoría da arte é discernir o conxunto de principios que subxacen na obra dun artista ou movemento artístico concreto, como a estética cubista.[16]

Artigo principal: Ética.
O colexio imperial de Pequín foi un centro intelectual para a ética e os clásicos confucianos durante as dinastías Yuan, Ming e Qing.

A ética, tamén coñecida como filosofía moral, estuda o que constitúe a boa e a mala conduta, os valores correcto e incorrecto, e o ben e o mal. As súas principais investigacións inclúen a exploración de como vivir unha boa vida e a identificación de normas de moralidade. Tamén inclúe a investigación de se hai unha mellor maneira de vivir ou unha norma moral universal, e se é así, como chegamos a coñecela. As principais ramas da ética son a ética normativa, a metaética e a ética aplicada.[17]

Os tres puntos de vista principais en ética acerca do que constitúen as accións morais son:[17]

  • Cconsecuencialismo, que xulga as accións en función das súas consecuencias.[18] Un destes puntos de vista é o utilitarismo, que xulga as accións en función da felicidade (ou pracer) e/ou da falta de sufrimento (ou dor) que producen.
  • Deontoloxía, que xulga as accións en función de se están de acordo co deber moral.[18] Na forma estándar defendida por Immanuel Kant, a deontoloxía preocúpase de se unha elección respecta a moralidade doutras persoas, independentemente das súas consecuencias.[18]
  • Ética das virtudes, que xulga as accións en función do carácter moral do axente que as realiza e se se axustan ao que faría un axente idealmente virtuoso..[18]

Epistemoloxía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Epistemoloxía.
Dignaga fundou unha escola de epistemoloxía e lóxica budista.

A epistemoloxía é a rama da filosofía que estuda o coñecemento.[19] Os epistemólogos examinan as fontes putativas de coñecemento, incluíndo a experiencia perceptiva, a razón, a memoria e o testemuño. Tamén investigan cuestións sobre a natureza da verdade, a crenza, a xustificación e a racionalidade.[20]

O escepticismo filosófico, que suscita dúbidas sobre algunhas ou todas as reivindicacións de coñecemento, foi un tema de interese ao longo da historia da filosofía. Xurdiu cedo na filosofía presocrática e formalizouse con Pirrón, o fundador da escola occidental máis antiga de escepticismo filosófico. Ocupa un lugar destacado nas obras dos filósofos modernos René Descartes e David Hume e seguiu sendo un tema central nos debates epistemolóxicos contemporáneos.[20]

Un dos debates epistemolóxicos máis salientables é entre o empirismo e o racionalismo.[21] O empirismo fai énfase na evidencia observacional a través da experiencia sensorial como fonte de coñecemento.[21] O empirismo asóciase co coñecemento a posteriori, que se obtén a través da experiencia (como o coñecemento científico),[21] así mesmo pon énfase na razón como fonte de coñecemento.[21] O racionalismo está asociado co coñecemento a priori, que é independente da experiencia (como a lóxica e as matemáticas).

Un debate central na epistemoloxía contemporánea é o das condicións necesarias para que unha crenza constitúa un coñecemento, entre as que se atopan a verdade e a xustificación. Este debate foi en gran parte o resultado dos intentos de resolver o problema de Gettier.[20] Outro tema común nos debates contemporáneos é o problema de regresión, que se produce cando se tenta ofrecer unha proba ou xustificación para calquera crenza, declaración ou proposición. O problema é que calquera que sexa a fonte de xustificación, esa fonte debe ser ou ben sen xustificación (nese caso debe ser tratada como un fundamento arbitrario para a crenza), ou debe ter algunha xustificación adicional (nese caso a xustificación debe ser ou ben o resultado dun razoamento circular, como no coherentismo, ou o resultado dunha regresión infinita, como no infinitismo).[20]

Metafísica

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Metafísica.
O comezo da Metafísica de Aristóteles nun incunable decorado con miniaturas pintadas a man.

A metafísica é o estudo dos trazos máis xerais da realidade, como a existencia, o tempo, os obxectos e as súas propiedades, os conxuntos e as súas partes, os acontecementos, os procesos e a causación e a relación entre a mente e o corpo .[22] A metafísica inclúe a cosmoloxía, o estudo do mundo na súa totalidade e a ontoloxía, o estudo do ser, xunto coa filosofía do espazo e do tempo.

Un punto importante de debate é entre o realismo, que sostén que hai entidades que existen independentemente da súa percepción mental, e o idealismo, que sostén que a realidade está construída mentalmente ou doutro xeito inmaterial. A metafísica trata o tema da identidade. Esencia é o conxunto de atributos que fan dun obxecto o que é fundamentalmente e sen o cal perde a súa identidade, mentres que accidente é unha propiedade que ten o obxecto, sen a cal o obxecto aínda pode conservar. a súa identidade.[23] Os particulares son obxectos que se di que existen no espazo e no tempo, en oposición aos obxectos abstractos, como os números, e os universais, que son propiedades que posúen múltiples particulares, como a cor vermella ou un xénero.[24] O tipo de existencia, se é o caso, de universais e obxectos abstractos é un tema de debate.

Artigo principal: Lóxica.

A lóxica é o estudo do razoamento e da argumentación.

Razoamento dedutivo é cando, dadas certas premisas, as conclusións están inevitablemente implicadas.[25] As regras de inferencia utilízanse para inferir conclusións tales como, modus ponens, onde dado "A" e "se A entón B", entón "B" debe concluírse.

Porque o bo razoamento é un elemento esencial de todas as ciencias,[26] disciplinas das ciencias sociais e humanidades, a lóxica converteuse nunha ciencia formal. Os subcampos inclúen lóxica matemática, lóxica filosófica, lóxica modal, lóxica computacional e lóxica non clásicas. Unha cuestión importante na filosofía das matemáticas é se as entidades matemáticas son obxectivas e imparciais, chamada realismo matemático, ou inventadas, chamada antirrealismo matemático.

Mente e linguaxe

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Filosofía da linguaxe.

A filosofía da linguaxe explora a natureza, as orixes e o uso da linguaxe. A filosofía da mente explora a natureza da mente e a súa relación co corpo, como se caracteriza polas disputas entre o materialismo e o dualismo. Nos últimos anos, esta rama relacionouse coa ciencia cognitiva.

Filosofía da ciencia

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Filosofía da ciencia.

A filosofía da ciencia explora os fundamentos, métodos, historia, implicacións e propósito da ciencia. Moitas das súas subdivisións corresponden a ramas específicas da ciencia. Por exemplo, a filosofía da bioloxía trata especificamente das cuestións metafísicas, epistemolóxicas e éticas nas ciencias biomédicas e da vida.

Filosofía política

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Filosofía política.
Thomas Hobbes, máis coñecido polo seu libro de 1651 Leviatán, que expuxo unha influente formulación da teoría do contrato social

A filosofía política é o estudo do goberno e a relación dos individuos (ou familias e clans) coas comunidades, incluíndo o estado. Inclúe preguntas sobre xustiza, dereito, propiedade e os dereitos e obrigas do cidadán. A filosofía política, a ética e a estética son materias tradicionalmente ligadas, baixo o título xeral de teoría do valor xa que implican un aspecto normativo ou avaliador.[27]

Filosofía da relixión

[editar | editar a fonte]

A filosofía da relixión ocúpase de cuestións relacionadas coa relixión e as ideas relixiosas desde unha perspectiva filosoficamente neutral (a diferenza da teoloxía, que parte de conviccións relixiosas).[28] Tradicionalmente, as cuestións relixiosas non eran vistas como un campo separado da filosofía propiamente dita, e a idea dun campo separado só xurdiu apartir do século XIX.[29]

Os temas inclúen a existencia de Deus, a relación entre razón e fe, cuestións de epistemoloxía relixiosa, a relación entre relixión e ciencia, como interpretar as experiencias relixiosas, cuestións sobre a posibilidade dunha vida despois da morte, o problema da linguaxe relixiosa e a existencia de almas e respostas ao pluralismo relixioso e a diversidade.

Metafilosofía

[editar | editar a fonte]

A metafilosofía explora os obxectivos, os límites e os métodos da filosofía. Debátese sobre se a metafilosofía é un tema anterior á filosofía[30] ou se forma parte inherentemente da filosofía.[31]

Filósofos

[editar | editar a fonte]

da Antigüidade

[editar | editar a fonte]

do Clasicismo grego

[editar | editar a fonte]

Helénicos

[editar | editar a fonte]

Medievais

[editar | editar a fonte]

Renacentistas

[editar | editar a fonte]

Contemporáneos

[editar | editar a fonte]

Cronoloxía

[editar | editar a fonte]
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para filosofía.
  2. [en Infopédia [en liña]. Porto: Porto Editora, 2003-2014. [consultado 30 de xuño dp 2018]. Dispoñible en Internet: http://www.infopedia.pt/$filosofia]
  3. Priberam
  4. Teichman, J.; Evans, K. C. Philosophy: a beginner's guide. 3rd ed. Oxford: Blackwell.
  5. Aristóteles (2018). Metafísica, Libro I, capitulo 1. Gredos. ISBN 9788424938390. 
  6. Copleston 2003, pp. 4–6Santinello & Piaia 2010, pp. 487–488 Verene 2008, pp. 6–8
  7. Laerke, Smith & Schliesser 2013, pp. 115–118 Verene 2008, pp. 6–8 Frede 2022, p. x Beaney 2013, p. 60
  8. Scharfstein 1998, pp. 1–4 Perrett 2016, Is There Indian Philosophy? Smart 2008, pp. 1–3 Rescher 2014, p. 173 Parkinson 2005, pp. 1–2
  9. Smart 2008, pp. v, 1–12
    2=Flavel & Robbiano 2023, p. 279
    3=Solomon & Higgins 2003, pp. xv–xvi
    4=Grayling 2019, Contidos, Prefacio
  10. Shields 2022, Lead Section.
  11. Plantinga, Alvin (2014). Zalta, Edward N., ed. Religion and Science (Spring 2014 ed.). Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2019. Consultado o 12 de setembro do 2022. 
  12. Kelly, Michael (Editor in Chief) (1998) Encyclopedia of Aesthetics. Nova York, Oxford, Oxford University Press. 4 vol. p. ix. ISBN 978-0-19-511307-5.
  13. Review Arquivado 13 de febreiro de 2006 en Wayback Machine. by Tom Riedel (Regis University)
  14. Aesthetic.” Merriam-Webster Dictionary. Recuperado o 9 de maio de 2020.
  15. Zangwill, Nick. 2019 [2003]. "Aesthetic Judgment Arquivado 2 de agosto de 2019 en Wayback Machine." (revised ed.). Stanford Encyclopedia of Philosophy. 9 de maio de 2020.
  16. "aesthetic Arquivado 6 de agosto de 2020 en Wayback Machine.." Lexico. Oxford University Press and Dictionary.com.
  17. 17,0 17,1 "Ethics". Internet Encyclopedia of Philosophy. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2018. Consultado o 12 de setembro do 2022. 
  18. 18,0 18,1 18,2 18,3 "Major Ethical Perspectives". saylordotorg.github.io. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2021. Consultado o 13 de setembro do 2022. 
  19. "Epistemology". Encyclopedia Britannica. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2019. Consultado o 13 de setembro do 2022. 
  20. 20,0 20,1 20,2 20,3 "Epistemology". Stanford Encyclopedia of Philosophy. Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2020. Consultado o 13 de setembro do 2022. 
  21. 21,0 21,1 21,2 21,3 Steup, Matthias; Neta, Ram (2020). "Epistemology". The Stanford Encyclopedia of Philosophy. Metaphysics Research Lab, Stanford University. Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2021. Consultado o 13 de setembro do 2022. 
  22. van Inwagen, Peter; Sullivan, Meghan (2020). "Metaphysics". The Stanford Encyclopedia of Philosophy (Metaphysics Research Lab, Stanford University). Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2018. Consultado o 13 de setembro do 2022. 
  23. Guthrie, William Keith Chambers (1990). A History of Greek Philosophy. Cambridge University Press. p. 148. ISBN 978-0-521-38760-6. 
  24. Lowe, E. J. "universals". The Oxford Companion to Philosophy (en inglés). Consultado o 13 de setembro do 2022. 
  25. Alina, Bradford (July 2017). "Deductive Reasoning vs. Inductive Reasoning". livescience.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 January 2021. Consultado o 21 January 2021. 
  26. Carnap, Rudolf (1953). "Inductive Logic and Science". Proceedings of the American Academy of Arts and Sciences 80 (3). pp. 189–197. JSTOR 20023651. doi:10.2307/20023651. 
  27. Schroeder, Mark (2021). Zalta, Edward N., ed. Value Theory. The Stanford Encyclopedia of Philosophy (Spring 2021 ed.) (Metaphysics Research Lab, Stanford University). Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2021. Consultado o 27 de outubro do 2022. No seu sentido máis amplo, a "teoría do valor" é unha etiqueta que engloba todas as ramas da filosofía moral, a filosofía social e política, a estética e, ás veces, a filosofía feminista e a filosofía da relixión, é dicir, calquera área da filosofía que se considere que abarca algún aspecto "evaluativo". 
  28. Louth, Andrew; Thielicke, Helmut (2014) [1999]. "Relationship to Philosophy | Theology". Encyclopædia Britannica. Arquivado dende o orixinal o 6 de agosto de 2020. 
  29. Wainwright, William J. (2005). "Introduction". En Wainwright, W. J. The Oxford Handbook of Philosophy of Religion. Nova York: Oxford University Press. pp. 3–11. ISBN 978-0-19-803158-1. Arquivado dende o orixinal o 6 de agosto de 2020. A expresión "filosofía da relixión" non entrou en uso xeral ata o século XIX, cando se empregou para referirse á articulación e crítica da conciencia relixiosa da humanidade e das súas expresións culturais no pensamento, a linguaxe, o sentimento e a práctica.. 
  30. Charles L. Griswold Jr. (2010). Platonic Writings/Platonic Readings. Penn State Press. pp. 144–146. ISBN 978-0271044811. Arquivado dende o orixinal o 1 de xullo de 2020. Consultado o 3 de febreiro do 2023. 
  31. Martin Heidegger (1956). Was Ist Das – die Philosophie?. Rowman & Littlefield. p. 21. ISBN 978-0808403197. Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2021. Consultado o 3 de febreiro do 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]