Biblioteca Gallega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Los precursores.

A Biblioteca Gallega, foi unha editorial galega, fundada na Coruña en 1885 por Andrés Martínez Salazar e Juan Fernández Latorre.[1]

Descrición[editar | editar a fonte]

Martínez Salazar ocupouse da dirección e administración e Fernández Latorre da impresión, nos talleres de La Voz de Galicia. Os exemplares vendíanse a dúas pesetas para os subscritores e a tres o número solto.

A Biblioteca Gallega difundiu cincuenta e dous volúmes, en galego e castelán.

Localización ideolóxica da Biblioteca Gallega[editar | editar a fonte]

A Biblioteca Gallega estivo inflída pola corrente ideolóxica do seu principal fundador: Martínez Salazar. O movemento político ao que era afín, e ao que pertencen os autores que publicaron na súa editorial, foi o rexionalismo.

No ano 1871, ao comezar a vivir na Coruña, Martínez Salazar, a pesar de non ser galego, “formouse como tal” debido a súa amizade co autor Manuel Murguía, home de Rosalía de Castro. Murguía foi o principal modelo que lle serviu de referencia para construír as bases da súa ideoloxía.

Por outra banda, o federalismo que anos atrás enunciaba foi en aumento debido ao contacto que tivo con Murguía, Brañas e Cabeza de León, cos que iniciou o movemento rexionalista, e favoreceuno coa súa participación nas primeiras asociacións e cos impresos que producía.

Murguía, xa na introdución ao seu libro Los precursores, acusa aos galegos non nacionalistas de traidores:

“Pero si creéis que os hemos engañado, que hemos tomado por realidad los sueños de nuestra alma, y que cuanto pasó, pasó inútilmente, que nada os dejamos, ni nada tenéis que hacer en todo esto, entonces cerrad mi libro; no se escribió para vosotros. Somos ciudadanos de una patria distinta, servimos otros altares, no queremos por hijos a los que desertan de las banderas a cuya sombra combatieron sus padres.”[2]

Tamén Brañas, ao inicio do Rexionalismo, presenta a división dos galegos: "Porque es necesario mostrar a los buenos y malos gallegos cual es el camino derecho que deben de seguir para llegar en breve plazo a la conquista de su regeneración política y moral!”.[2]

Biblioteca Gallega[editar | editar a fonte]

Previamente á “Biblioteca Gallega” tivo a súa primeira acción no campo da edición como promotor da cultura galega a través desta actividade. Iniciou a editorial “Andrés Martínez” publicando obras como:

Porén, aínda que Galiza tiña unha escasa produción editorial, Martínez Salazar continuou co seu proxecto e comunicou a un político liberal (da obediencia de Eugenio Montero Ríos) a súa intención de publicar unha “Biblioteca Gallega”.

A “Biblioteca Gallega” publicou cincuenta e dúas obras en castelán e en galego a partir de 1885. A súa finalidade era editar vellos textos esquecidos ou perdidos, á par que se daría a coñecer a produción  máis recente dos escritores vivos dese momento.

Xunto coa creación da editorial produciu a revista Galicia. Revista Regional. O seu primeiro número corresponde ao mes de xaneiro de 1887 e o derradeiro pertence a 1893. Tiña un formato máis pequeno que o das revistas que a antecedían, e ofrecía aos lectores cultos poesías, traballos de erudición, artigos sobre ciencias físicas e naturais, sobre técnicas agrícolas e gandeiras, sobre socioloxía e economía, e ensaios de autores de dentro e fóra de Galiza quen tiña unha mesma preocupación polo galego.

Los Precursores de Murguía foi o primeiro volume, en 1885, mais, pese ao interese histórico e literario do tema, apenas se vendeu. Ao ano seguinte (1886), saíu Aires da miña terra, de Manuel Curros Enríquez, esta vez obtivo un maior número de vendas.[Cómpre referencia]

Neste mesmo ano viron a luz cinco volumes, un grande esforzo editorial neste momento debido á atonía cultural do país e á escaseza de medios. Estas obras eran os tres tomos de El idioma gallego, de Antonio de la Iglesia, Soaces d’un vello de Benito Losada Astray (quen xa publicara baixo a editorial de Martínez Salazar no pasado) e Queixumes dos pinos de Eduardo Pondal. A pesar da variedade e a calidade destas publicacións a venda seguiu a decrecer.  

Debido as baixas vendas, os dous editores, que figuraban no pé editorial baixo a razón social de “Latorre y Martínez”, reconsideraron seguir coa actividade editorial. Martínez Salazar manifestou a súa decisión de continuar e a partir dese momento o pé editorial reduciuse a “Andrés Martínez”, ficando como único responsábel, investindo os seus bens na súa empresa.[Cómpre referencia]

Títulos publicados[editar | editar a fonte]

Poesías selectas.

Análise[editar | editar a fonte]

A Biblioteca Gallega está formada por cincuenta e dúas obras, mais hai unha ausencia de seis pezas. No libro Algunos temas gallegos, o autor enumera cincuenta e dúas obras, porén, soamente cita corenta e seis delas.

Esta editorial publicaba obras en castelán e en galego. Algunhas en galego son: Queixumes dos pinos de E. Pondal, Aires d’a miña Terra de M. Curros e A tecedeira de Bonaval de Antonio López Ferreiro. Outras importantes en castelán eran: Los Precursores de M. Murguía, El idioma gallego de A. de la Iglesia e Recuerdos de Galicia de Teodosio Vesteiro Torres.

Unicamente hai nove obras escritas en galego das cincuenta e dúas totais. A pesar de estar escritas en castelán, estas obras reivindicaban a cultura galega, como por exemplo o libro de receitas de cociña galega: Caldo gallego de J. Neira Cancela. As obras en galego adoitaban ser de carácter costumista, intimista e facían unha denuncia social. Canto á ideoloxía, seguían á liña rexionalista de Murguía.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Durán, José Antonio (2005). "Biblioteca Gallega". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8. 
  • López, Teresa, "Andrés Martínez Salazar, os xograis galegos e as fanadas edicións galegas dos cancioneiros medievais", en Fernández Roca, X. Anxo e Martínez Mª José (eds.) (2002). Vir Bonus Docendi Peritus. Homenaxe a José Pérez Riesco, UDC. (pp. 227–239).
  • Martínez Salazar, Andrés (1981). Algunos temas Gallegos, II. A Coruña, Gráficas do Castro/Moret.
  • Murguía, Manuel (2004). Los precursores, edición especial para La Voz de Galicia.
  • Risco, Vicente (1976). Manuel Murguía.Conciencia de Galicia. Vigo, Editorial Galaxia. ISBN 9788471542434

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]