Exposición Rexional de 1909
Exposición Rexional de 1909 | |
---|---|
Tipo | feira de mostras |
En | Santiago de Compostela |
País | Galicia |
42°52′35″N 8°33′04″O / 42.8764651, -8.5511107 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Exposición Rexional Galega de 1909 foi un macroacontecemento celebrado en Santiago de Compostela en 1909, primeiro Ano Santo do século XX, concretamente no parque da Alameda e mais no colexio de San Clemente.[1]
Historia e características
[editar | editar a fonte]Organizada pola Sociedade de Amigos do País de Santiago de Compostela, foi o presidente do seu comité executivo Pedro Pais Lapido. Contaba con once pavillóns e arredor de 600 expositores e 10 000 pezas de valor arqueolóxico así como tamén obras de arte.[2] Foi inaugurada o 24 de xullo polo rei Afonso XIII e mais polo daquela presidente do goberno, Antonio Maura, e recibiu un total aproximado de 53 000 visitantes. Algúns dos edificios construídos para o evento ficaron tras o remate deste, como o Centro Galego da Habana, cuxo patrón arquitectónico foi usado para configurar posteriormente o Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela. Así mesmo, a actual escola infantil de Santa Susana, obra de Antonio Palacios, foi, durante a Exposición, o pavillón de Recreo Artístico e Industrial.
Fixéronse eco algúns diarios locais como El Eco de Santiago ou Diario de Galicia, ademais de españois como o madrileño El Imparcial ou o rotativo catalán La Vanguardia. Tamén foi obxecto de atención das revistas gráficas do momento (a viguesa Vida Gallega ou a madrileña Nuevo Mundo).
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Pavillón de Recreo Artístico e Industrial.
-
Pávillón de Fomento, na súa instalación do ano 1908 na Exposición Hispano-francesa de Zaragoza.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Centenario da Exposición Rexional Galaica
- ↑ Galiza tamén tivo a súa expo. nova no xornal Vieiros o 25 de xullo de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- VV.AA. (2010). Museo do Pobo Galego / Consorcio de Santiago / Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, ed. Exposición Galega de 1909. Conmemoración do 1º Centenario. Exposición Regional Gallega. Santiago 1909. p. 346. ISBN 978-84-934415-8-6. É o estudo máis completo sobre a Exposición Rexional Galega de 1909.
- Alvarellos Casas, H., limiar de Margarita Barral (2009): Santiago, 1909. Centenario da Exposición Rexional Galega. Editorial Alvarellos.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "1909, o ano da modernidadeArquivado 08 de marzo de 2016 en Wayback Machine.", reportaxe en El Correo Gallego, 13 de setembro de 2009. (pdf)
- Joel Gómez (22 de decembro de 2009). "O Rosalía revive a Expo de 1909". La Voz de Galicia.