Saltar ao contido

Encrucillada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Encrucillada
Imaxe
 Instancia de
 Título
Encrucillada. Revista galega de pensamento cristián (gl)
Encrucillada (om) Editar o valor en Wikidata
Características
 Lingua
Datas
 Fundación / creación
1977 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
ISSN1131-6519 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Dialnet: 6136
Wikidata

Encrucillada, Revista galega de pensamento cristián, é unha revista bimestral, editada pola Asociación Encrucillada, que apareceu en 1977 (daquela editada por SEPT). O seu primeiro director foi o teólogo e académico Andrés Torres Queiruga. Nunha etapa intermedia, a Asociación Irimia (que edita outra revista, Irimia) foi a responsable da edición, permanecendo estable a liña editorial. Actualmente é dirixida por Pedro Castelao,[1] teólogo e profesor da Universidade Comillas, mentres que Torres Queiruga preside a Asociación Encrucillada que publica actualmente a revista.

Encrucillada defínese como "revista galega de pensamento cristián", e aínda que está especializada na temática teolóxica e relixiosa, publica tamén artigos relacionados coa realidade cultural, política e sociolóxica galega. Así, á parte dos artigos específicos en torno a estes temas, cada número inclúe tres crónicas de actualidade: política, cultural e relixiosa. Tamén publica recensións de libros.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]