Redondela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Redondela (homónimos).
Redondela
Escudo de Redondela
Cesantes, Redondela. Galiza.jpg
Cesantes, de noite
Situación
Situacion Redondela.PNG
Xentilicio[1]: Redondelán
Xeografía
Provincia: Provincia de Pontevedra
Comarca: Vigo
Poboación: 30.067 hab. (2010)
Área: 52,1 km²
Densidade: 576,51 hab./km²
Entidades de poboación: 13 parroquias
Capital do concello: Redondela
Política (2011)
Alcalde: Javier Bas (PP)
Concelleiros: BNG: 2
PPdeG: 10
PSdeG-PSOE: 8
Outros: 1
Eleccións municipais en Redondela
Uso do galego[2] (2004)
Galegofalantes: 95,65 %
Sitio web oficial
www.redondela.es

Redondela é un concello pertencente á Provincia de Pontevedra, en Galiza. Pertence á Comarca de Vigo. Ten unha poboación no 2010 de 30.067 habitantes, segundo datos do IGE.

Índice

[editar] Historia

Achados arqueolóxicos amosan presencia humana desde o 3000 a.c. encadrados na denominada cultura megalítica. Os castros de "Monte do Castro" e "castro da Peneda" xunto a achados arqueolóxicos como ferramentas e petróglifos testemuñan tamén un importante asentamento na zona durante a cultura castrexa. Pénsase que a fundación como pobo foi na época grega pero non existen probas concluíntes polo que na actualidade isto unicamente é una hipótese.

O Imperio Romano deixou constancia da sua presenza na zona co miliarios do "Marco", na parroquia de Vilar da Infersta, e cos restos do miliario de "Socalco da Veigadela" en Saxamonde, adicado ó emperador Adriano. Na idade media e co cristianismo a vila volveu a revitalizarse grazas á construción da Catedral de Santiago e o estabelecemento do Camiño Portugués de Santiago que atravesa a localidade.

As illas de San Antón e San Simón foron utilizadas como lugar de acollida de diferentes ordes relixiosas como os beneditinos, os franciscanos e os templarios. Desde 1830 até o 1927 as illas foron utilizadas como leproserías. Desde a guerra civil até 1943 as illas serviron de campo de concentración e exterminio para as persoas contrarias ó réxime franquista. Dende entón estiveron en estado de semi-abandono até 1999 ano no que foron declaradas Ben de Interese Cultural.

A situación da ría, no mar atlántico e coa cobertura da Ría de Vigo e das illas Cíes, era aproveitada pola Coroa de Castela para desembarcar o ouro procedente das colonias de América. No ano 1702 produciuse a Batalla de Rande entre a escuadra castelá e unha escuadra anglo-holandesa da que saíron vencedores os segundos. Segundo conta a lenda, durante a batalla afundiuse un galeón español cargado de ouro que aínda segue no fondo da ría.

Durante a hexemonía de Napoleón Bonaparte, os pobos da ría de Vigo, incluído Redondela, foron invadidos pola armada francesa. No ano 1809 a flota franca asediou a vila dende o mar como represalia pola axuda prestada polos redondeláns á vila veciña de Tui durante un ataque francés. No século XIX, no auxe da industria ferroviaria, na vila construíronse os dous viadutos que a atravesan. A imaxe que ofreceu o pobo coas dúas vías no seu ceo converteuse na súa marca de distinción e hoxe en día ámbolos dous viadutos son patrimonio da cidade, dos cales un nin sequera está en funcionamento, pero se conserva polo seu valor monumentístico. Dende entón coñécese a Redondela co alcume da "vila dos viadutos".

Na actualidade a vila está en pleno auxe demográfico en gran medida alimentado pola proximidade con Vigo e o efecto de cidade satélite que conleva.

[editar] Xeografía

Vista xeral da vila desde o viaduto do tren.
Mapa parroquial de Redondela.

O concello de Redondela (con titularidade de Vila) está emprazado no sudoeste de Galiza, na marxe esquerda da ría de Vigo, xusto diante da enseada de San Simón, onde se atopa o arquipélago homónimo e desemboca o río Alvedosa, ao que se xunta o Maceiras no centro da vila e o Pexegueiro case na súa desembocadura.

A súa superficie é de 52,1 km², e limita polo norte con Soutomaior, polo leste con Pazos de Borbén, polo sur con Mos e con Vigo e polo oeste coa ría de Vigo, estando dividido en trece parroquias, dúas delas conformando o centro administrativo:

[editar] Clima

O clima da vila é o característico das Rías Baixas, con veráns calorosos, pero non en exceso, e invernos chuviosos. A continuación, expóñense os datos meteorolóxicos da estación do monte do Viso (260 msnm) no ano 2009[3]:

2009 xan feb mar abr mai xuñ xul ago set out nov dec
Temperatura
media (°C)
7,9 9,3 13,0 10,6 15,6 17,9 17,5 20,1 19,5 17,1 11,9 9,0
Precipitacións (l/m2) 259,1 61,1 32,0 74,1 60,5 135,3 36,9 13,2 12,0 266,5 230,0 194,1

[editar] Demografía

Actualmente (2008), o termo municipal é o cuarto da provincia e o duodécimo de Galiza en poboación, superando xa os trinta mil habitantes.

Evolución demográfica entre o ano 2000 e o 2008:
Ano 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2010
Habitantes 29108 29090 29045 29415 29732 29863 30029 29987 30036 30067

A parroquia máis populosa sempre foi a de Redondela, que lle da nome ó municipio, pero nos últimos anos e, axudada pola proximidade con Vigo e o empuxe da industria pesqueira (con Pescanova á cabeza), a parroquia de Chapela medrou ata o punto de ser na actualidade a máis poboada das 13 que conforman a localidade.

Velaquí unha táboa coa evolución de poboación das parroquias entre os anos 1887 e 1960:

Evolución demográfica das parroquias entre 1887 e 1960
Cabeiro Cedeira Cesantes Chapela Negros Quintela Reboreda Redondela Saxamonde Trasmañó Ventosela Vilar O Viso
1887 437 1202 1217 1362 458 325 1166 3046 576 588 410 350 1103
1900 463 1056 1175 1242 418 296 1062 2893 503 569 387 392 1032
1910 494 1170 1391 1464 493 332 852 3362 582 679 413 464 1200
1920 530 1401 1493 2011 432 429 1195 3166 594 805 410 566 1196
1930 623 1813 1855 2081 557 446 1286 3296 720 880 509 683 1275
1940 694 1729 2114 2884 560 566 1492 3363 715 1097 557 761 1281
1950 535 1704 2061 2666 626 560 1569 3261 736 1101 542 830 1395
1960 528 1792 2258 3081 531 565 1669 2897 709 935 467 793 1324

[editar] Goberno e política

Casa do Concello

Redondela caracterízase por ter un amplo pluripartidismo, aínda que historicamente o PSdeG-PSOE foi o que obtivo mellores resultados. As últimas lexislaturas tamén foron gañadas polo mesmo partido, repetindo na alcaldía en coalición co BNG, o terceiro partido en importancia no concello. O PPdG é o principal opositor, seguido do PG, cuxo líder foi o anterior dirixente do partido Redondeláns Adiante. En 2007,o PPdeG acadou o mesmo número de concelleiros ca o PSdeG-PSOE, máis a súa coalición co PG sumaba un escano menos cos que contaban os partidos que están na alcaldía. Ademais, as eleccións municipais de 2007 foron peculiares xa que máis do dez por cento dos votos foron a parar a unha Plataforma Cidadá que tiña como principal obxectivo denunciar á actual clase política local. Esta plataforma obtivo máis votos ca TEGA e Esquerda Unida xuntas, e castigou duramente a varios partidos políticos que perderon votos en relación ás pasadas eleccións.

Elecciones municipais, 25 de maio de 2003[4]
Partido Votos % Concelleiros
PSdeG 6.249 35,89 % 8
PPdG 5.213 29,94 % 7
BNG 2.433 13,97 % 3
ADIANTE 1.504 8,64 % 2
EU-IU 1.013 5,82 % 1
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007[5]
Partido Votos % Concelleiros
PPdG 4.810 30,11 % 8
PSdeG 4.413 27,62 % 8
BNG 1.912 11,97 % 3
PG 1.591 9,96 % 2

[editar] Lugares de interese

[editar] Monumentos

Viaduto de Pontevedra.

Os viadutos de Redondela

A marca característica da vila é o seu ceo presidido por dous grandes viadutos ferroviarios construídos no século XIX: O viaduto de Madrid e o viaduto de Pontevedra. Dende 1978 ámbolos dous están considerados como Ben de Interese Cultural na categoría de monumento. Debido a estas infraestruturas Redondela é coñecida baixo o alcume de "Vila dos viadutos".

O máis antigo é o viaduto de Madrid, construído seguindo o modelo de Eiffel. A súa construción combinou a técnica vangardista do metal e a tradicional cantaría dando como resultado un ponte de ferro sostido por piares de pedra. Rematouse en 1870 e os seus 411 metros de lonxitude entraron en funcionamento o 30 de xuño de 1876. A compañía que o fabricou nunca chegou a cobralo posto que se considerou que a ponte non era suficientemente segura e nunca entraría en servizo. Isto provocou que un dos seus contratistas, Pedro Floriani, tentase suicidarse arroxándose dende o alto do viaduto, o que lle causou unha paraplexía para o resto da súa vida.[6] Actualmente o viaduto non está en uso.

O Viaduto de Pontevedra, inaugurouse o 30 de xuño de 1884, pola necesidade de comunicar a liña Ourense-Vigo con Pontevedra. Segue o estilo do viaduto de Madrid, cos tramos de acceso feitos en pedra e a estrutura de metal. Na actualidade aínda está en servizo para a liña Vigo-Pontevedra.

Patrimonio relixioso

Unha das características do Concello é a abundancia de elementos patrimoniais de carácter relixioso de gran valor como son os cruceiros e os petos de ánimas. Por todo o concello pódense observar numerosos cruceiros de pedra asociados a ritos relixiosos e sobre eles esténdense numerosos ritos e lendas. Xeralmente están situados en encrucilladas de camiños e en lugares de boa visibilidade.

No concello tamén hai varios petos de ánimas, elementos funerarios de culto aos mortos, xa que antes de ir ó ceo as ánimas deben pasar polo purgatorio. Son monumentos relacionados coa cultura ós mortos existente en Galicia. Moitos de estes petos de ánimas aínda conservan o seu carácter máis relixioso e se lle rende culto. Estes monumentos teñen tres partes fundamentais: o pedestal, o retablo e a cruz.

Neste mesmo grupo de monumentos relixiosos tamén podemos encontrar un considerable número de cruces de pedra, que se clasifican en dous grupos: altas e baixas.

A listaxe destes monumentos no concello de Redondela é a seguinte:

  • Reboreda: 10 cruceiros.
  • Cesantes: 5 cruceiros, 1 cruz baixa, 1 peto.
  • O Viso: 5 cruceiros, 2 cruces altas e 1 peto de ánimas.
  • Cedeira: 2 cruceiros, 1 cruz alta, 1 cruz alta e 2 petos.
  • Redondela: 5 cruceiros e 1 peto de ánimas.
  • Chapela: 2 cruceiros, 1 peto de ánimas.
  • Cabeiro: 2 cruceiros, 1 cruz baixa.
  • Quintela: 2 cruceiros, 1 cruz baixa.
  • Saxamonde: 1 calvario, 1 cruceiro e 1 peto de ánimas.
  • Trasmañó: 1 cruceiro, 2 cruces altas.
  • Ventosela: 2 cruceiros.
  • Vilar de Infesta: 2 cruceiros.
  • Santo Esteban: 1 cruceiro.

Ademais no apartado relixioso destacan varios edificios como o "Convento" da parroquia de Vilavella ou a igrexa barroca de Cedeira.

Igrexas

O concello de Redondela posúe polo menos unha igrexa por parroquia coas características peculiares e os elementos patrimoniais que conteñen cada unha destas. De todas formas é necesario destacar a importancia da igrexa parroquial de Santiago de Redondela e da igrexa barroca de Cedeira.

Igrexa parroquial de Santiago: situada no casco antigo, na súa zona máis alta, está situado en pleno camiño de Santiago. Despois de múltiples reconstrucións a igrexa actual está datada no século XVI e é de estilo gótico tardío.

Igrexa parroquial de Cedeira: no século XVIII procédese a ampliación da ata daquela pequena igrexa parroquial, e contrátase para tal obra ó arquitecto de moda na actualidade, o arquitecto Fernando de Casas e Nóvoa, que nese momento estaba en plena construción da fachada do obradoiro da catedral de Santiago. En Cedeira realiza unha igrexa barroca de cruz latina cunha soa nave distribuída en dous tramos. Chaga ata os nosos días de forma case inalterada.

Convento de Vilavella: situado na parroquia de Vilavella cerca do centro de Redondela,[Cómpre referencia] foi fundado no 1501 e estivo ocupado polas monxas de San Lourenzo Xustiniano. Do seu trazado orixinal consérvase a igrexa de cinco tramos.

[editar] Restos arqueolóxicos

Miliario de Redondela

O concello de Redondela caracterízase por ser un dos concellos onde se atopan máis restos arqueolóxicos. Destaca o complexo funerario do Monte Penide, un enorme cemiterio do período neolítico e da idade de bronce, no que se poden encontrar numerosas mámoas e petroglifos, entre os que destaca a Mámoa do Rei.

Tamén se poden encontrar gravados rupestres na parroquia de Ventosela no conxunto da Pedreira, un conxunto de gran relevancia pola abundancia de gravados, o seu tamaño e as escenas ecuestres. É unha das estacións da Ruta das pedras.

No concello de Redondela encontráronse un total de cinco miliarios que, a excepción do de Vilar de Infesta, se encontran no museo de Pontevedra. Os encontrados foron nas parroquias de Cesantes (2), Quintela e Saxamonde. O miliario de Vilar está no límite con Mos e, aínda hoxe en día, mantén o culto froito da cristianización data do Século II. No seu día intentouse trasladar ó Museo de Pontevedra, pero os veciños o impediron.

[editar] Rutas de sendeirismo

O concello de Redondela, pola súa situación e características, reúne as condicións propicias para a práctica do sendeirismo e dos deportes como a BTT ou os paseos a cabalo. Polo concello atravesan ata tres sendeiros de gran percorrido, os coñecidos como G.R., ademais doutros dous de carácter local se ben están en proceso de homologación. O máis coñecido é o Sendeiro das Greas, que no tramo do concello de Redondela coincide co Sendeiro Rural de Galicia. G.R. 94. O outro sendeiro de gran percorrido é o Camiño da Franqueira que actualmente está en rehabilitación.

Ademais polo concello pasa o Camiño Portugués a Santiago, que propiamente non se trata dunha ruta sendeirista pero que presenta unhas características similares, á parte de presentar unha gran riqueza patrimonial e arquitectónica. No concello de Redondela tamén hai dúas rutas de carácter local como a coñecida como Senda da Auga, que vai polos tramos utilizados para levar a auga á cidade de Vigo e que se rehabilitou recentemente con fondos europeos e o traballo das Comunidades de Montes de Redondela.Tanto o Camiño de Santiago como esta Ruta da Auga quedarán baixo un Polígono Industrial que auspiciado pola Consellería de Vivenda e co consentimento do Concello de Redondela asolará unha paraxe de alto valor natural, ecolóxico, paisaxístico e social coma é a zona do Chan das Pipas, en contra da oposición da totalidade dos veciños do lugar. Na parroquia de San Martiño está a coñecida como Ruta das Pedras, de singular beleza, que tamén pola incapacidade do Goberno local vai ser destruída pola variante planificada da Autovía A-57, aceptada polos políticos do Concello.

Muszla Jakuba.svg Camiño Portugués a Santiago.

Illas de San Simón e Santo Antón.
Enseada de San Simón dende Soutoxuste.
Punta da praia, na Praia de Cesantes.

[editar] Espazos naturais

Redondela ten múltiples lugares co encanto labrado co paso dos anos. Entre os distintos lugares de interese hai que destacar os seguintes polo seu valor histórico, paisaxístico e medioambiental.

Illa de San Simón

Artigo principal: Illa de San Simón.

A illa de San Simón está formada pola illa do mesmo nome e a illa de Santo Antón, ambas as dúas unidas por unha ponte. A illa pertence á parroquia redondelá de Cesantes e foi testemuña de excepción da batalla de Rande. San Simón foi un antigo centro monástico saqueado por piratas ingleses e entre outros destinos foi utilizada como leprosería e tamén como campo de concentración durante a guerra civil.

Enseada de San Simón

Artigo principal: Enseada de San Simón.

A enseada de San Simón está situada na Ría de Vigo, unha das rías pertencentes ás Rías Baixas de Galicia. Está situada cara ao final da Ría de Vigo, comezando no estreito de Rande. Baña os concellos de Redondela, Soutomaior, Vilaboa e Pontevedra. De norte a sur mide 7 quilómetros de longo. Na actualidade inclúese no programa da Rede Natura 2000.

Monte da Peneda

O monte da Peneda é un dos emblemas da Redondela rural, que se atopa na parroquia do Viso, e dende o cal se pode observar a Ría de Vigo dende o seu cumio. Comezou sendo un asentamento castrexo, e proba diso son restos dos muros exteriores que na actualidade se conservan. Pola súa situación estratéxica e xeográfica, xa que se atopa preto do castelo de Soutomaior, o monte pertenceu a Pedro Madruga. Famoso por facer fronte ao centralismo dos Reis Católicos. Tamén se construíron varios castelos medievais, posteriormente asolados en diferentes conflitos. Un dos máis coñecidos elementos de este monte é a aínda en pé Ermida da Peneda, construída arredor do século XVIII, e que até op de agora foi escenario de numerosas romarías e festas. Actualmente, ademais da ermida, o cumio do monte conta cun miradoiro dende o cal é posíbel ver os arredores da parroquia e ata as Illas Cíes.

[editar] Praias

No concello de Redondela hai dúas praias principais: a praia de Cesantes (na parroquia de Cesantes) e a praia de Arealonga (na parroquia de Chapela). Ademais, nos 15 km de costa do concello de Redondela pódense encontrar algúns pequenos areais máis tranquilos e de difícil acceso que, porén, constitúen lugares máis exóticos.

  • Praia de Cesantes: é a máis longa de todo o concello, destacando a zona coñecida como "A Punta da praia", que conta cun paseo marítimo, un parque para nenos, un gran areal e numerosos locais e bares próximos á praia. Tamén conta cun cámping sendo a máis turística de todo o concello. É unha praia situada na Enseada de San Simón e o seu areal esténdese ata case tocar a illa de San Simón. Polas súas particulares características está especialmente indicada para a realización de deportes náuticos, especialmente Windsurf.
  • Praia de Arealonga: situada na parroquia de Chapela, posúe un parque para cativos, pero o que destaca de esta praia é o paseo marítimo construído recentemente que permite gozar do paseo á beira do mar. Nesta zona atópanse varios bares e restaurantes especializados en pratos típicos da ría.
  • Praia de Cabanas: situada na parroquia de Trasmañó, baixo a Ponte de Rande. É un pequeno areal ao que se accede cruzando as vías do tren. Cando a marea está alta, o areal desaparece para deixar soamente rocas.

[editar] Festas

Artigo principal: Festas de Redondela.
Monicreques en Redondela.
Estación de FFCC de Redondela.
Autoestrada AP9 o seu paso por Chapela.

[editar] Transporte

[editar] Transporte urbano

  • Autobus: A liña C3, ou Circular 3, do transporte urbano de Vigo VitraSA, comunica a cidade olívica coa parroquia de Chapela dando servicio nas dúas avenidas principais: Avenida de Vigo e Avenida de Redondela, que se comunican no alto da encarnación, que é a vez unha das parada terminais da liña circular.
  • Bicicleta: Redondela conta cun servizo de aluger de biciletas con varias estacións o longo de todo o casco urbano.

[editar] Transporte interurbano

  • Autobus: Estación de bus de Redondela (na parroquia de Chapela, utilízase a parada de Vitrasa do alto da encarnación como apeadeiro).
  • Tren

Estación de Redondela
Estación de Cesantes
Estación de Redondela-Picota
Estación de Chapela (av. de Vigo, s/n).

  • Estradas

Autoestrada:: A autoestrada de pago AP-9, que une Vigo con Ferrol, atravesa o termo municipal de Redondela, dende a fronteira con Vigo, na parroquia de Chapela ata a ponte de Rande, que cruza a ría. Na Avenida de Redondela, que atravesa Chapela de Arriba, hai unha entrada á autoestrada, e na parroquia de Trasmaño, xusto antes da ponte, hai una saída e unha incoporación. Estradas nacionais:: O municipio é comunicado mediante dúas estradas: A N-550 (A Coruña - Tui) e a N-552.

[editar] Medios de comunicación

Redondela ten unha tradición de diferentes xornais que se remonta ao ano 1883. Entre ese ano e a Segunda República Española publicouse un bo número de publicacións, onde esporadicamente a intelectualidade xurdíu dando forma, neste caso escrita, aos diferentes acontecementos politico-sociais. De feito foi a República a que no seu conxunto deu un cambio de rumbo cara ós avances sociais apoiando toda clase de medios de comunicación. Destacar que por vez primeira rexístranse xornais escritos en lingua galega.

A Castelao en Redondela.
  • El Eco de Redondela (1883): os seus redactores eran Jacinto Mos, Manuel Mos e Juan Otero Milleiro. Administrador: Pedro Otero.
  • El Alvedosa (1884): os seus redactores foron Juan José Crespo, Antonio Orellana, Fernando Alfaya Pérez e Ramón Lorenzo.
  • La Escoba (1887). Redactor: Antonio Orellana.
  • La Voz del Pueblo (1892): redactores: Buenhijo Pérez Sobrino, propietario da primeira imprenta que houbo en Redondela.
  • La Propaganda (1894): redactores: Antonio Orellana, Pedro Fontela, Felipe Cordero e Buenhijo Pérez Sobrino. O seu director foi Fernando González.
  • El Pueblo (1895): redactores: José da Cal, Antonio Otero, Juan Otero Milleiro, Buenhijo Pérez Sobrino, Serafín Reboredo, Ramón Ancoechea, Fernando González. Administrador: Serafín Rebolledo Blanco.
  • La Verdad (1895): redactores: Isidoro Queimaliños e Amador Pérez Sobrino.
  • El Progreso (1898).
  • La Idea (1902): redactores: Manuel Amoedo Seoane, Juan Amoedo Seoane, Manuel Cacheiro, Claudio Contreras, Juan Otero Milleiro, Antonio Garrido. Director: Buenhijo Pérez Sobrino.
  • El Contribuyente (1902): redactores: Juan Otero Milleiro, Antonio Garrido. Director: Alejo Red Soto.
  • Gente Nueva (1906): redactores: Antonio Orellana e Telmo Bernárdez.
  • La Opinión (1909): redactores: Juan Amoedo, Antonio Orellana, Telmo Bernárdez, Claudio Contreras. Director: Heliodoro Rivas.
  • La Cigarra (1912): revista literaria.
  • Pimienta y Mostaza (¿1915?): dirixido por Fernando González.
  • Ecos Del Distrito (¿1917?): foi o sucesor de Pimienta y Mostaza, co mesmo director
  • La Razón (1918)
  • Tramancos (1923): redactores: Rogelio Rivero, Mario Canda e outros que asinaban con pseudónimo, como "Mexete", "Ante-eo", "Xan dos Zocos", "O Demo d`os Tras", "Choco", "Cantiño". Director: Amador Pérez Sousa.
  • El Soplete (1931): redactores: Generoso Muiños Blanco, Antonio Criado, Luís Míguez Extemadouro, Antonio Extremadouro. Director: Amador Pérez Sousa. Este xornal xurde combinando galego e castelán. Vincúlase presuntamente ó Partido Radical. O seu carácter é particularmente político, deixa notar unha postura de apoio incondicional á República, pero tamén denota certa crítica desta. Redáctanse artigos a prlo do estatuto galego, apoiando a autonomía de Galiza.
  • Terra!: Era o voceiro do Grupo Galeguista de Redondela. O primeiro número saíu o 16 de abril de 1933, publicándose os primeiros e terceiros domingos de mes. O seu presidente era Francisco Pereira Fernández e tiña como colaboradores a Xosé Mª Blanco Alfaya e Avelino Cal, que tamén era director. Foi a única publicación, realizada en Redondela, escrita integramente en galego, contendo algúns artigos e noticias redactados por personaxes da talla de Castelao ou Paz Andrade. Custaba 25 céntimos ó mes. Tiña catro páxinas e cinco columnas.

Antes da sublevación militar fascista xa se deixara de publicar periódicos en Redondela.

[editar] Deporte

Deportivamente a vila de Redondela colleitou éxitos en modalides deportivas tales como fútbol, balonmán, natación, fútbol sala, wáter-polo ou remo.

[editar] Fútbol

  • Club Deportivo Choco: Milita no grupo Preferente Sur da rexional galega.
  • EFB Redondela: Escola de Fútbol dedicada únicamente ó fútbol base. Fundada o 19 de xuño de 2008.

[editar] Balonmán

[editar] Fútbol sala

[editar] Waterpolo

[editar] Remo

[editar] Tenis de mesa

[editar] Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Redondela

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

[editar] Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.
  3. Datos da estación meteorolóxica do Viso en Meteogalicia
  4. Eleccións municipais de 2003
  5. Eleccións municipais de 2007
  6. Pedro Floriani, tentou suicidarse dende o propio ponte porque lle dixeron que non entraría en funcionamento por falta de seguridade. Pero inválido, sobreviviu e puido contemplar como a liña entraba en funcionamento para dar servizo ó tramo Vigo-Ourense "Redondela, vila dos viadutos", en Galicia para el mundo.
  7. Páxina do Festival Internacional de Títeres de Redondela

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Redondela

Cabeiro (San Xoán) | Cedeira (Santo André) | Cesantes (San Pedro) | Chapela (San Fausto) | Negros (Santo Estevo) | Quintela (San Mamede) | Reboreda (Santa María) | Redondela (Santiago) | Saxamonde (San Román) | Trasmañó (San Vicente) | Ventosela (San Martiño) | Vilar de Infesta (San Martiño) | O Viso (Santa María)


Concellos da Comarca de Vigo Comarca de Vigo
Baiona
Baiona
Fornelos de Montes
Fornelos de Montes
Gondomar
Gondomar
Mos
Mos
Nigrán
Nigrán
Pazos de Borbén
Pazos de Borbén
O Porriño
O Porriño
Redondela
Redondela
Salceda de Caselas
Salceda de Caselas
Soutomaior
Soutomaior
Vigo
Vigo
Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas