Ría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A vila de Rianxo na ría de Arousa
A cidade de Marín na ría de Pontevedra
Ría de Muros

A ría é un dos posíbeis accidentes xeográficos que forma a desembocadura dun río no mar ou océano. É un grande estuario formado a partir dun vale costeiro mergullado; este vale no que se atopa non ten orixe glaciar, o que basicamente diferencia a ría do fiorde.

Do mesmo xeito que no caso dos esteiros, para a ría, a confluencia de augas de mar e río é unha das súas características determinantes. A vida nelas está determinada pola influencia equilibrada de mar e río, maiormente en canto ás súas augas e correntes, estando por un lado rexido polas subidas e baixadas das mareas e por outro condicionado polo caudal do rio. Polo feito de estar situadas na parte final dun río, as rías teñen tendencia á colmatación, é dicir, á recepción e enchido por materiais erosivos do propio río, así como doutros arrastrados polas correntes costeiras, que ó entrar no recuncho que ofrecen as rías suavizan a súa potencia e descargan materiais.

Índice

[editar] Rías

En España son coñecidas as Rías Baixas e as Rías Altas en Galicia, aínda que tamén pódense atopar este tipo de desembocaduras en Asturias, Cantabria, País Vasco e Huelva. En Portugal existe un único caso, a Ría de Aveiro.

Percorrendo a costa de sur a norte e de oeste a leste, atopamos nas costas galegas e cantábricas as seguintes rías:

[editar] Galicia

Artigo principal: rías de Galicia.

[editar] Rías Baixas

[editar] Rías Medias

Nota: O nome de rías medias moitas veces non aparece, englobándose todas nas Baixas ou nas Altas. Aquí cóllese a clasificación con límites Cabo Fisterra e Estaca de Bares para facer a división.

[editar] Rías Altas

[editar] Do resto do Mar Cantábrico

[editar] Rías na Bretaña

[editar] Outras

  • O litoral atlántico norteamericano, entre New York e o cabo Hatteras tamén contén unha serie de rias.
Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas