Silleda
Coordenadas: 42°42′N 8°14′W / 42.700°N 8.233°W
| Silleda | |
|---|---|
| Casa do concello. | |
| Situación | |
| Xentilicio[1] | silledense |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia de Pontevedra |
| Comarca | Comarca do Deza |
| Poboación | 9074 hab. (2012) |
| Área | 168,0 km² |
| Densidade | 54,01 hab./km² |
| Entidades de poboación | 33 parroquias |
| Capital do concello | Silleda |
| Política (2011) | |
| Alcalde | Paula Fernández Pena (PSdeG) |
| Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 6 PSdeG-PSOE: 6 Outros: 0 |
| Eleccións municipais en Silleda | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 98,24% |
| Páxina web oficial | |
| http://www.silleda.es | |
Silleda é un dos 62 concellos que conforman a provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. Ocupa 169 km², e segundo o IGE en 2012 tiña 9.074 habitantes, distribuídos en 33 parroquias e 250 lugares. O concello de Silleda é coñecido tamén como Trasdeza. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «silledense».
En Silleda ten a súa sé a Feira Internacional de Galicia, onde se celebra anualmente a Semana Verde de Galicia.
Índice |
Demografía[editar]
| Censo total | 9.199 |
| Menores de 15 anos | 972 (10,57%) |
| Entre 15 e 64 anos | 5.840 (63,48%) |
| Maiores de 65 anos | 2.387 (25,95%) |
Evolución da poboación do concello:

| Evolución da poboación de Silleda (desde 1900 ata 2012) | |||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 |
| 11.483 | 12.532 | 13.490 | 9.980 | 9.089 | 9.248 | 9.199 | {{{8}}} |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||||
Principais núcleos por habitantes do concello:
| Posición | Núcleo | Poboación | Porcentaxe |
| 1º | Silleda (Silleda) | 2.864 | 31,56% |
| 2º | A Bandeira (Manduas) | 737 | 8,12% |
| 3º | Freixeiro (Laro) | 102 | 1,12% |
| 4º | San Fiz (Margaride) | 76 | 0,83% |
| 5º | Dornelas (Dornelas) | 66 | 0,73% |
| 6º | Barravaite (Lamela) | 61 | 0,67% |
| 7º | Gorís (Lamela) | 61 | 0,67% |
| 8º | Senra (Escuadro) | 60 | 0,66% |
| 9º | Camporrapado (Cortegada) | 58 | 0,64% |
| 10º | Curro (Cira) | 58 | 0,64% |
| 11º | Pedrouzo (Graba) | 55 | 0,61% |
| 12º | Sestelo (Escuadro) | 55 | 0,61% |
| 13º | Forcas (Laro) | 55 | 0,61% |
| 14º | O Foxo (Silleda) | 55 | 0,61% |
| 15º | Bazar (Abades) | 54 | 0,60% |
| Total | 15 núcleos principais | 4.417 | 48,68% |
Parroquias do concello máis poboadas:
| Posición | Núcleo | Poboación | Porcentaxe |
| 1º | Silleda | 3.033 | 32,97% |
| 2º | Manduas | 1.012 | 11% |
| 3º | Escuadro | 487 | 5,29% |
| 4º | Laro | 336 | 3,65% |
| 5º | Cortegada | 273 | 2,96% |
| 6º | Lamela | 270 | 2,93% |
| 7º | Graba | 262 | 2,85% |
| 8º | Cira | 241 | 2,62% |
| 9º | Taboada | 212 | 2,30% |
| 10º | Negreiros | 203 | 2,21% |
Variación da poboación entre a ano 2000 e o 2011 das 33 parroquias que compoñen o concello:
| Entidade | Pob. Ano 2000 | Pob. Ano 2011 | Variación absoluta | Variación relativa |
| Abades | 163 | 140 | - 23 | - 14,11% |
| Ansemil | 74 | 66 | - 8 | - 10,81% |
| Breixa | 172 | 120 | - 52 | -30,23% |
| Carboeiro | 69 | 58 | - 11 | - 15,94% |
| Castro (O) | 117 | 105 | - 12 | - 10,25% |
| Cervaña | 138 | 117 | - 21 | -15,21% |
| Cira | 307 | 241 | - 66 | - 21,49% |
| Cortegada | 365 | 273 | - 92 | - 25,2% |
| Chapa | 167 | 159 | - 8 | - 4,79% |
| Dornelas | 180 | 144 | - 36 | - 20% |
| Escuadro | 592 | 487 | - 105 | - 17,73% |
| Fiestras | 167 | 120 | - 47 | - 28,14% |
| Graba | 332 | 262 | - 70 | - 21,08% |
| Lamela | 330 | 270 | - 60 | - 18,18% |
| Laro | 380 | 336 | - 44 | - 11,57% |
| Manduas | 935 | 1.012 | 77 | 8,23% |
| Margaride | 203 | 174 | - 29 | - 14,28% |
| Martixe | 141 | 109 | - 32 | - 22,69% |
| Moalde | 255 | 192 | - 63 | - 24,70% |
| Negreiros | 218 | 203 | - 15 | - 6,88% |
| Oleiros | 144 | 107 | - 37 | - 25,69% |
| Parada | 236 | 200 | - 36 | -15,25% |
| Pazos | 59 | 45 | - 14 | - 23,72% |
| Ponte | 187 | 175 | - 12 | - 6,41% |
| Refoxos | 149 | 128 | - 21 | - 14,09% |
| Rellas | 103 | 82 | - 21 | - 20,31% |
| Saídres | 132 | 121 | - 11 | - 8,33% |
| Siador | 188 | 138 | - 50 | - 26,59% |
| Silleda | 2.032 | 3.033 | 1.001 | 49,26% |
| Taboada | 237 | 212 | - 25 | - 10,54% |
| Vilar | 124 | 113 | - 11 | - 8,87% |
| Xestoso | 79 | 61 | - 18 | - 22,78% |
Límites[editar]
A Serra do Candán, os montes do Chamor, San Sebastián de Meda, e os ríos Ulla e Deza definen os límites do concello.
Vila de Cruces ao norte e ao leste, Lalín ao leste e sur, e A Estrada e Forcarei ao oeste son os seus concellos veciños.
| Ríos que percorren o concello de Silleda | |
|---|---|
|
Río Deza | Río de Escuadro | Río da Gouxa | Río Toxa | Río Ulla |
Accesos[editar]
Situado na estrada N-525 que une Ourense con Santiago de Compostela, e a 40 km da capital compostelá. Ten ademais, un acceso da autoestrada central galega que une Santiago de Compostela con Ourense.
Administración[editar]
Os seus 169 km² repártense en 33 parroquias, con advocacións moi diversas, aínda que merece a pena destacar San Martiño, patrón de cinco parroquias, San Miguel e Santa María, con catro e San Salvador con tres. Como dato curioso, é necesario sinalar que, aínda que o arciprestado de Trasdeza pertence á diocese de Lugo, as parroquias de Cira e Dornelas pertencen á arquidiciocese de Santiago.
Política[editar]
- Vexa o artigo principal en: Eleccións municipais en Silleda
Tradicionalmente, o PPdeG obtiña folgadas maiorías absolutas neste Concello. No 2003 a maioría absoluta do PP xa non é tan folgada coma en lexislaturas anteriores ao ser conseguida por poucos votos e grazas tamén ao voto emigrante, que resultou decisivo. No 2007 o PP perde a Alcaldía, cando o PSdeG-PSOE empatou en escanos co PP. Foi entón cando o BNG co seu único escano apoiou a Paula Fernández, da lista do PSdeG-PSOE, como Alcaldesa. Porén, o BNG e PSdeG-PSOE non chegan a pactar en ningún intre un goberno de coalicción e Paula Fernández Pena formará un goberno sen maioría absoluta dende o comezo da lexislatura. Pese a isto, e aos conflitos que se manifestan entre membros da propia lista do PSdeG-PSOE dende o seus inicios, nos dous primeiros anos Paula Fernández Pena e o seu reducido equipo de goberno conseguen gobernar sen grandes atrancos, contando, xeralmente, co apoio da concelleira do BNG nas votacións dos plenos e cos apoios dos membros do PSdeG-PSOE que van ficando fóra do goberno por se autoexcluír (caso de Javier Cuíña e Ofelia Rey Recimil) ou por seren excluídos pola propia Alcaldesa (caso de Lázara). Esta estabilidade comeza a crebar cando o bipartito perde as eleccións no 2009 e Núñez Feijóo é proclamado Presidente da Xunta. É aí cando os membros da lista electa do PSdeG-PSOE -que agás Gerardo Lázara (o único que non se presenta en dita lista como "independente"), está composta por xente que se incorpora nova á política ou que vén do CIS (partido local que nace dunha escisión do PP e que no 2003 obtivera 3 concelleiros)- Javier Cuíña (lider do antigo CIS) e Ofelia Rey empezan a facer oposición e pactar co PP local, baixo a intervención de Rafael Louzán, unha moción de censura para tombar o goberno de Paula Fernández Pena.
Así, foi en outubro do ano 2009 cando o Partido Popular, xunto con 2 tránsfugas do PSOE presentou unha moción de censura para derrocar ao goberno da Alcaldesa Paula Fernández Pena. Este acto contou coa oposición de gran parte da veciñanza. Isto levou á recollida de sinaturas e unha manifestación multitudinaria e unha concentración de apoio a Paula Fernández. O 19 de outubro,Ofelia Rey Recimil, concelleira electa nas listas do PSdeG, converteuse na alcaldesa de Silleda co apoio do outro edil trásfuga do PSOE e de 5 edís elixidos nas listas do PP.
Nas elección municipais de maio de 2011, o PSOE recupera a alcadía, repitíndose o reparto de escanos das anteriores eleccións e Paula Fernández convértese de novo en alcadesa, co apoio do edil do BNG, Matías Rodríguez da Torre.
| Eleccións municipais, 25 de maio de 2003 | |||||
| Partido | Votos | % | Concelleiros | ||
| PP | 2.769 | 45.46 % | 6 | ||
| CIS | 1.607 | 26.38 % | 4 | ||
| BNG | 877 | 14.40 % | 2 | ||
| PSOE | 733 | 12.04 % | 1 | ||
| PPS | 105 | 1.72 % | 0 | ||
- Alcalde electo: José Fernández Viéitez (PP).
| Eleccións municipais, 27 de maio de 2007 | |||||
| Partido | Votos | % | Concelleiros | ||
| PSOE | 2.883 | 45.38 % | 6 | ||
| PP | 2.508 | 39.48 % | 6 | ||
| BNG | 777 | 12.23 % | 1 | ||
| PPS | 152 | 2.32 % | 0 | ||
- Alcalde electo: Paula Fernández Pena (PSOE).
| Eleccións municipais, 22 de maio de 2011 | |||||
| Partido | Votos | % | Concelleiros | ||
| PSOE | 2.853 | 47,11 % | 6 | ||
| PP | 2.568 | 42,4 % | 6 | ||
| BNG | 513 | 8,47 % | 1 | ||
| PPS | 88 | 1,45 % | 0 | ||
- Alcalde electo: Paula Fernández Pena (PSOE).
Economía local[editar]
O motor principal da economía trasdezá son as industrias do sector primario, secundario e terciario vinculadas ao sector agropecuario. Sector que, se ben segue a manter no Concello unha intensa actividade, debido as súas numerosas crises afectou a moitos pequenos gandeiros. Isto pode explicar o decrecemento demográfico do Concello nas últimas décadas, pois, aínda que a vila de Silleda medrou en poboación, no total do Concello, maioritariamente rural, a poboación total descendeu ata os albores do século XXI, cando se rachou con esta tendencia negativa, coincidindo coa construción da autoestrada Santiago-Ourense e posteriormente do mesmo tramo Santiago-Ourense do ferrocarril de alta velocidade (AVE) que supuxeron unha activación da economía do Concello. En parte por isto e pola auxe do sector inmobiliario, o Concello acolleu a nova poboación emigrante, principalmente dos paises do Leste e Suramérica, o que permitiu esa ruptura da tendencia de decrecemento demográfico recuperando poboación moderadamente durante a primeira década do século XX.
As industrias metalúrxica, da construción ou da imprenta, entre outras, tamén forman parte da actividade económica do Concello xunto cos servizos, con pequenos comercios especialmente na vila de Silleda e da Bandeira. O polígono industrial situado preto da vila de Silleda recentemente empezou a estar ocupado por industrias e negocios.
O Concello de Silleda conta con dúas vilas Silleda e A Bandeira.
Posúe numerosas zonas de interese artístico cultural (Mosteiro de Carboeiro, románico) e gran valor natural (Fervenza do Toxa, a de maior altura de toda Galicia).
Historia[editar]
A denominación de Trasdeza aparece xa mencionada na Alta Idade Media e a parroquia de Santa María de Cortegada en Trasdeza, figura en documentos.
No século XVII menciónase o arciprestado de Trasdeza como dependente do arcediagado de Deza, da diocese de Lugo. Trasdeza aparece, polo tanto, como denominación eclesiástica que en 1645 designa o arciprestado dese nome.
A maior parte destas parroquias aparecen formando parte da xurisdición de Trasdeza, no século XVII, que pertencía á provincia de Santiago. Desta xurisdición eran vinte e cinco das actuais parroquias; as demais pertencían ás xurisdicións de Cira, Carboeiro e Camanzo; a de Parada, antes parroquia, á xurisdición de Deza e a de Refoxos ao Couto de Acibeiro.
No actual territorio do concello houbo, a principios do século XIX, oito municipios constitucionais. Coa división municipal de 1835 o actual concello denominouse Chapa, establecéndose, desde aquel momento, unha pugna con Silleda pola capital e pola denominación do concello. Esta loita rematou en 1853 ao adoptarse como nome definitivo o de Silleda.
Patrimonio histórico, artístico e natural[editar]
Na parroquia de Abades atópanse:
- A igrexa de Santa María de Abades, templo barroco do século XVII, de grandes proporcións construído seguindo os planos de Melchor de Ricoi.
- A antiga igrexa parroquial de Abades, templo románico do século XII.
- A Chousa Nova, dolmen escavado durante as obras da liña do AVE Ourense-Santiago e reconstruído e considerado o dolmen máis antigo de Galiza.
- A Estación da Bandeira, con parada de trens da liña Zamora-A Coruña.
Na parroquia de Ansemil:
- A igrexa de San Pedro de Ansemil, templo románico que formaba parte dun mosteiro medieval.
Na parroquia de Breixa:
- A Igrexa de Santiago de Breixa, templo románico.
Na parroquia de Carboeiro:
- Ao pé do río Deza, atópase o Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro. Trátase dun mosteiro beneditino fundado no século X do que se conserva en moi bo estado a súa igrexa e algúns dos departamentos monacais.
- Cruzando o Deza a carón do mosteiro, a Ponte do Demo.
Na parroquia do Castro:
- A igrexa de San Mamede, templo románico medieval.
- A Copa do Castro, asentamento castrexo.
- A Estación de Silleda, na liña do ferrocarril Zamora-A Coruña.
Na parroquia de Cira:
- A Fortaleza de Cira, construción medieval.
- O Pazo de Paizás, casa señorial do século XVIII.
Na parroquia de Dornelas:
- A igrexa de San Martiño, construída no século XII.
Na parroquia de Escuadro:
- A Igrexa de San Salvador de Escuadro, templo románico do século XII
- O Pazo de Cascaxide, casa señorial do século XVIII. É de propiedade privada.
Na parroquia de Fiestras:
- A Igrexa de San Martiño de Fiestras, do século XII.
Na parroquia de Graba:
- O Coto do Castelo, restos dunha antiga construción.
- Outeiro Verde, monte compartido coa parroquia de Aciveiro (Forcarei)
Na parroquia de Pazos:
- A Fervenza do Toxa, salto deste afluente do Deza, considerado o máis alto de Galiza.
Na parroquia de Ponte:
- A Igrexa de San Miguel de Ponte, templo dos séculos XIX e XX.
- A Ponte do Pozo Negro, que cruza o Deza cara San Pedro de Losón (Vila de Cruces).
Na parroquia de Silleda:
- O Pazo de Trasfontao, casa señorial do século XVIII.
- O Castro de Toiriz, sitio arqueolóxico da Idade de Ferro.
Na parroquia de Taboada:
- A Igrexa de Santiago de Taboada, templo románico.
- A Ponte Taboada, construción do século X.
- A Estación da Ponte Taboada, na liña férrea Zamora-A Coruña.
Na parroquia de Xestoso:
- As Brañas de Xestoso, espacio natural LIC, dentro da que se atopa a Lagoa Sacra.
Cultura e educación[editar]
Actualmente, existen dúas agrupacións bandísticas, a Banda Municipal de Silleda e a Banda Recreativa e Cultural de Bandeira, aínda que tamén existiron outro par, a Banda de música de Cira, que esmoreceu na segunda metade do século XX, e a Banda de música de Lamela, que desapareceu na década de 1910.
En canto á educación, neste concello existen varios centros de ensino: o CEIP de Silleda, o CEIP da Bandeira e o IES Pintor Colmeiro, todos eles de carácter público; e o Colexio María Inmaculada, centro concertado.
Festas e celebracións[editar]
Gastronomía[editar]
- En Abades celébrase a festa da rosquilla.
- En Piñeiro ten lugar a festa da carne ó Caldeiro.
No mes de xullo:
- En Silleda celébrase a festa do lacón.
- En Cortegada celébrase a festa da paella.
No mes de agosto:
- En Laro celébrase a romaría da tortilla.
- Na Bandeira celébrase a festa da empanada.
No mes de setembro:
- En Ponte celébrase a festa do chourizo ao viño.
E no mes de outubro:
- En Breixa celébrase a festa da castaña.
Romarías[editar]
O derradeiro domingo do mes de xuño, o entorno do Santuario da Virxe da Saleta, en Siador acolle a Romaría do Rapaz. Tamén se celebra nesta mesma parroquia a romaría da Saleta, no mes de setembro, sendo o día máis importante o 19 de dito mes. Na parroquia de Escuadro, celébrase a romaría de santa Isabel o día 2 de xullo e o domingo seguinte.
Galería de imaxes[editar]
- Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Silleda
-
Semana Verde de Galicia 2010.
Parroquias[editar]
Lugares de Silleda[editar]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Silleda vexa: Lugares de Silleda.
Notas[editar]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
| Concellos da Comarca do Deza | ||||||
|---|---|---|---|---|---|---|
Agolada |
Dozón |
Lalín |
Rodeiro |
Silleda |
Vila de Cruces |
|
|
|||||