Cesantes, Redondela
| Cesantes | |
|---|---|
| Concello | Redondela |
| Área | 12 km² |
| Poboación | 3.467 hab. (2010) |
| Densidade | 288,92 hab./km² |
| Entidades de poboación | 5 |
San Pedro de Cesantes é unha parroquia que se localiza no concello de Redondela. A parroquia de Cesantes limita ao Norte con Soutoxusto (O Viso, Redondela), ao leste coa parroquia do Viso, ao sur con Redondela e ao oeste coa ría de Vigo. Abarca, á parte do territorio peninsular, as illas de San Simón e San Antón. Nos tempos nos que era maioritariamente poboada por mariñeiros, popularmente era coñecida polo nome de "Os-Tras", que subsiste aínda entre a xente maior e nalgúns rótulos comerciais.
Os seus principais barrios son Outeiro das Penas, Carballiño, O Coto e San Pedro, pero podemos atopar subzonas coma A Pantalla, Catapeixe ou Couto do Mexo, ademais da illa de San Simón, que administrativamente pertence a Cesantes. A parroquia ten unha extensión aproximada de 12 km². A pesares de ser unha vila costeira conta cun relevo bastante irregular. A superficie arbórea ronda o 5 por cento e a parroquia é atravesada polo río Pexegueiro. Conta con porto propio, lonxa e unha confraría de Pescadores, a confraría de San Xoán. Ademais aloxa un porto deportivo e un pantalán.
Índice |
Lugares de Interese [editar]
A parroquia de San Pedro de Cesantes contén un grande número de zonas de interese natural, ao estar integrada no fondo da Ría de Vigo.
Enseada de San Simón [editar]
- Véxase tamén: Illa de San Simón e Enseada de San Simón.
A Enseada de San Simón na que se atopa a Illa de San Simón e a Illa de San Antón, ou a estatua na honra de Jules Verne que na súa novela 20.000 leguas de viaxe submarino relatou a súa estadía no fondo da Ría de Vigo, son dous dos atractivos naturais da parroquia.
Praia de Cesantes [editar]
- Véxase tamén: Praia de Cesantes.
O complexo da praia de Cesantes está integrado polo areal (duns 2.400 m de longo), un paseo marítimo e un espazo con dunas protexido en vías de recuperación. Esta praia é unha das poucas que se atopan entre as cidades de Pontevedra e Vigo, polo que no verán é moi concorrida polos bañistas. As súas augas tranquilas e libres das ondas propia do Atlántico fan que esta praia sexa axeitada na práctica de deportes acuáticos coma o windsurf ou o kytesurf.
Poboación [editar]
Cesantes tiña 3.467 habitantes no ano 2010 segundo datos do Instituto Galego de Estatística, dos cales 1.694 eran homes e 1.773 mulleres, distribuídos en catro entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 3.387 habitantes. A maioría de esa poboación dedícase a actividades propias dunha vila mariñeira, tales como a pesca, o marisqueo ou o turismo.
Outros datos [editar]
As festas mais importantes na parroquia son as Festas da Virxe do Carme, festa relixiosa e a Festa do Mariñeiro, de tipo gastronómica. As Festas do Carme celébranse o 21, 22 e 23 de xuño e destacan a procesión marítima da virxe e a tirada de fogos de luces.
A Festa do Mariñeiro, normalmente celebrada a mediados de Agosto, consiste nunha gran fidehuá da que poden degustar todos os asistentes. Outra festa relixosa importante é a Festa de San Pedro, na honra do patrón do pobo, ao que lle da nome. Outros actos a destacar son a Travesía a nado ata a Illa de San Simón, no que se procede a un recorrido de 500 metros dende a praia ata a illa.
Cesantes conta con varias asociación coma o Centro Cultural Recreativo, o club de Remo Cesantes ou un obradoiro de estudos locais que realiza actividades na parroquia chamado Obradoiro de Estudos Locais, creada por familiares de Fernando Monroy.
A gran tradición mariñeira da parroquia viuse afectada pola traxedia do barco O'Bahía no 2004, no que morreron varios veciños da parroquia e que se lles dedicou un monólito na praia de Cesantes.
Personaxes célebres [editar]
- Mendiño, trobador medieval.
- Iago Bouzón, futbolista do Recreativo de Huelva.
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de Cesantes [editar]
| Lugares da parroquia de Cesantes no concello de Redondela (Pontevedra) | |
|---|---|
|
San Pedro | Outeiro das Penas | Carballiño | O Coto | San Simón |
Parroquias de Redondela [editar]
| Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Redondela | |
|---|---|
|
Cabeiro (San Xoán) | Cedeira (Santo André) | Cesantes (San Pedro) | Chapela (San Fausto) | Negros (Santo Estevo) | Quintela (San Mamede) | Reboreda (Santa María) | Redondela (Santiago) | Saxamonde (San Román) | Trasmañó (San Vicente) | Ventosela (San Martiño) | Vilar de Infesta (San Martiño) | O Viso (Santa María) |