Marín
Coordenadas: 42°23′36.46″N 08°42′9.94″W / 42.3934611°N 8.7027611°W
| Marín | |
|---|---|
| Casa do concello | |
| Situación | |
| Xentilicio[1]: | Marinense |
| Xeografía | |
| Provincia: | Provincia de Pontevedra |
| Comarca: | Morrazo |
| Poboación: | 25.864 hab. (2011) |
| Área: | 36,7 km² |
| Densidade: | 704,74 hab./km² |
| Entidades de poboación: | 75 |
| Capital do concello: | Marín |
| Política (2011) | |
| Alcalde: | María Pilar Ramallo Vázquez (PPdeG) |
| Concelleiros: | BNG: 3 PPdeG: 12 PSdeG-PSOE: 5 Outros: Mar-in: 1 |
| Eleccións municipais en Marín | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes: | 90,02 % |
| Sitio web oficial | |
| http://www.concellodemarin.es | |
Marín é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente xeografica e administrativamente á comarca do Morrazo, pero integrado socioeconomicamente na zona urbana de Pontevedra. Segundo o IGE en 2010 tiña 25.997 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Marinense.
Índice |
[editar] Xeografía
O municipio de Marín ten unha superficie de 36,7 km², inferior á media dos concellos de Galicia (que é de 93,57²) e dos da provincia de Pontevedra (que é de 71,57 km²), pero a súa situación entre o mar e a montaña proporciona un gran contraste e variedade de paisaxes. Conta con 8 quilómetros de costa, que forman parte da marxe sur da ría de Pontevedra.
Marín está situado na península do Morrazo, na marxe meridional da ría de Pontevedra, a 7 km de Pontevedra e 27 de Vigo. Linda ao norte coa ría de Pontevedra, ao leste co concello de Pontevedra, ao sur cos de Vilaboa e Moaña e ao oeste co concello de Bueu.
As alturas maiores do concello están no leste, o monte Xaxán (600 m) e Cotorredondo (500 m). A partir delas, o relevo descende en pendente cara a costa, na que alternan os acantilados e as praias, debido á alternancia de faixas de xistos e granitos. A illa de Tambo está situada a pouco máis dun quilómetro do porto e é de propiedade pública desde hai pouco, xa que antes pertencía á Armada Española. Con todo, a súa xurisdición correspóndelle ao concello de Poio.
[editar] Hidrografía
Marín conta co río Lameira, que atravesa soterrado parte do casco urbano, e co Loira, desembocando ambos os dous na ría de Pontevedra.
[editar] Clima
A temperatura media anual é de 14,4 °C, e oscila entre os 9,3 °C en xaneiro e os 19,8 °C en xullo. Só tres meses ao ano (decembro, xaneiro e febreiro) teñen unha temperatura media inferior a 10 ºC. Chove bastante (1.800 mm), especialmente a finais de outono e inverno. En xuño descenden bruscamente as precipitacións e son febles durante os tres meses de verán para volver aumentar en setembro. Disto derívase un clima suave, que permite a presenza de árbores tipicamente mediterráneas coma a laranxeira, o limoeiro, kiwi, etc.
[editar] Demografía
- 2005: 26.103 persoas segundo o Padrón (1 de xaneiro de 2005)
- 2003: 24.825 persoas segundo o Padrón municipal de habitantes.
| Evolución da poboación de Marín - desde 1900 ata 2010 - | |||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2010 |
| 9.228 | 13.194 | 17.592 | 22.647 | 25.706 | {{{6}}} |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||
A poboación está fortemente concentrada, para o que adoita ser habitual en Galicia, no núcleo urbano que conta con case 17.000 veciños. A poboación estranxeira (uns 2.000, que supoñen máis do 10 % da poboación) procede na súa maior parte de América do Sur (37,05 %) e África (35,10 %), especialmente marroquinos, seguido moi de lonxe pola Unión Europea (14,07 %) e Asia (8,36 %).
| Demografía | Idade media | % Homes | % Mulleres | % Menores de 20 anos | % Entre 20 e 64 anos | % Con 65 ou máis anos |
| 2004 | 39,4 | 37,7 | 41,1 | 20,3 | 64,3 | 15,4 |
[editar] Economía
O porto de Marín é o terceiro peirao pesqueiro e de tráfico de contedores galego, ainda que a pesca é a su actividade económica principal. O seu porto pesquero conta con importantes plantas conxeladoras e unha considerable flota de altura, sendo o porto máis importante tanto a nivel rexional (o primeiro de Galicia en capturas, por diante do porto de Vigo e tamén o porto da Coruña) como a nivel nacional, cun tráfico de 2 millóns de toneladas no ano 2002, especialmente importante no desembarco de pescada, ollomol e xurelo[Cómpre referencia].
Poboación ocupada por sectores e sexo (IGE, 2001)
| Total | Agricultura, gandeiría, caza e silvicultura | Pesca | Industria | Construción | Servizos | |
| Homes | 6109 | 50 | 1492 | 930 | 908 | 2729 |
| Mulleres | 3309 | 34 | 103 | 256 | 53 | 2863 |
A maior parte das empresas sitúase no sector servizos (en concreto no apartado de Comercio, reparación de vehículos de motor, motocicletas e ciclomotores e artigos persoais e de uso doméstico). O sector da construción tamén engloba un volume relevante, e finalmente, a industria só é manufactureira.
Desde o punto de vista formativo, o nivel dos traballadores ou persoas en idade de facelo é baixo ou medio baixo, é dicir que unha porcentaxe importante da poboación, o 58,5 %, ou ben non rematou os seus estudos elementais ou ben só posúe estes estudos. Un 2,2 % que non sabe ler nin escribir e un 12,2% só iniciou os seus estudos, para abandonalos a idade moi temperá.
[editar] Historia e cultura
Os primeiros restos de asentamentos humanos son dous megálitos: o dolmen da Mámoa do Rei e o dolmen do Chan da Arquiña. Consérvanse tamén os petróglifos de Mogor e o castro da Porteliña entre as parroquias de San Xurxo de Mogor e a de San Xulián, preto do Colexio San Narciso.
Marín chamouse antigamente San Xiao de Ancorados por ancoraren alí os barcos de liña. O padre Sarmiento di que o seu nome ten que ver coa palabra latina para mar, mare.
Como por todo o Morrazo, abondan os dolmens e as gravuras rupestres. No século XII dona Urraca concedeulle o reguengo propiedade de Diogo Arias Deza. Á morte deste, pasou a ser propiedade do mosteiro de Oseira en 1151. No Antigo Réxime as parroquias de Ardán, O Campo e Piñeiro pertencían a Cangas. E por breve espazo de tempo Piñeiro constituíse en concello propio en torno a 1822. Desde Marín houbo sempre unha forte emigración cara a América, especialmente nos séculos XVI e XVII, que non cesou até o XX.
Marín estivo sempre á sombra de Pontevedra, se ben a partir do século XVII cobrou maior importancia o seu porto, xa que o de Pontevedra quedou cegado, sen calado útil para o tráfico portuario.
A vila foi ocupada polas tropas napoleónicas durante a Guerra de Independencia española. O 4 de abril de 1809, as Alarmas do Morrazo, lideradas por J. Antonio Gago de Mendoza y Freire, asaltaron o forte de San Fernando e renderon a gornición francesa. Nesas datas, estiveron fondeadas no porto as fragatas inglesas Venus e Libeli que facilitaron armas e municións ós sublevados.
[editar] Marín na cultura popular
- Eu pidíralle unha rosa
- a unha nena de Marín,
- púxose tan colorada
- que a pedirlla non volvín.
- A Marín non vou
- que durmín no chan
- levántanse os homes a seis da mañán
- a Sanxenxo si
- que durmín na cama
- levántanse os homes cando lles da a gana
[editar] Singularidade relixiosa
Durante o século XIX intensificáronse as relacións comerciais con Inglaterra, froito do cal chegaron misioneiros protestantes, destacando a Thomas Blamire, co que o concello se converteu nun foco de expansión protestante nas rías Baixas.
Na actualidade, a congregación evanxélica é das máis numerosas de España, e tamén é o concello con maior porcentaxe de habitantes afíns a esa confesión (o 10 %, segundo fontes da mesma Igrexa Evanxélica de Marín). A súa maior congregación en canto a número de fieis reúnese no centro da poboación, nun edificio de gran aprecio arquitectónico polo seu estilo catalán decimonónico, e por ser centenario (inaugurado o 31 de decembro de 1899). Outras congregacións a mencionar son a Igrexa Evanxélica de Seixo, que se reune en outro edificio centenario en Seixo, e outra congregación de corte pentecostal no centro de Marín.
[editar] Cultura
A imaxe de Marín, capital da cigala, está asociada á papeleira de ENCE (aínda que estas instalacións industriais atópanse dentro do concello de Pontevedra) e á Escola Naval Militar, creada en 1943 e que ocupa a parte central do núcleo urbano cunhas instalacións de 241.000 m². Son tradicións relevantes a danza das espadas.
[editar] Festas
En Marín celébranse moitos eventos culturais, e os máis importantes son:
As Festas do Carme (16 de xullo), que é o evento máis importante da vila coa celebración de numerosos actos ao longo dos 10 días que dura a festividade.
A Festa de San Miguel (29 de setembro), nela celébrase a "Danza das espadas", na que os mareantes da vila percorren as súas rúas marcando os pasos coa música das gaitas, unidos uns a outros polo que denomínanse as "espadas".
A festa da Sidra e da mazá en Santo Tomé de Piñeiro, onde os produtos desta terra son a base da festa, que conserva este produto típico da zona mediante a celebración que xunta a todos os veciños e veciñas da parroquia co fin de degustar varios pratos que fan coas mazás.
O Entroido, onde todos os marinenses e demais visitantes bótanse á rúa cos seus disfraces a celebrar o entroido. Conta con moitas actuacións nas súas rúas ademais de desfiles e concursos. Destaca como día grande deste Entroido, o chamado "Enterro da sardiña", onde disfrazados cos seus traxes de loito e cunha grande tristura despídense do cadáver da sardiña. Tamén son importantes nestas festas as charangas, que compoñen cancións de temas de actualidade.
[editar] Praias
No litoral do concello de Marín hai gran catidade de praias, das cales catro contaron con bandeira azul no ano 2006: Portocelo, Mogor, Aguete, e Loira, ademais de Lapamán, que comparte co concello de Bueu.
A praia de Portocelo é a máis oriental e a que conta con mellores servizos, como duchas, restaurante e vixilancia. Malia ser inclinada de máis, é acolledora e dista pouco do núcleo urbano, o que favorece a marcha a pé dos bañistas. Entre a praia e o núcleo está a Escola Naval, e entre ambas as dúas existe un eucaliptal de bastantes anos, que xa aparece na película Botón de Ancla.
[editar] Política e goberno
Dende maio de 2011, o concello é gobernado por María Pilar Ramallo Vázquez (PPdeG) con maioría abosoluta, a máis holgada da historia da democracia neste concello. Anteriormente o alcalde era Francisco Veiga Soto (PSdG - PSOE) en alianza co BNG.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Marín.
-
Galeón a vela
-
Petróglifos de Mogor. Arte prerromana galega.
[editar] Lugares de Marín
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Marín vexa: Lugares de Marín.
[editar] Parroquias
[editar] Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
| Concellos da Comarca do Morrazo | ||||||
|---|---|---|---|---|---|---|
Bueu |
Cangas |
Marín |
Moaña |
|||
|
|||||