O Rosal
| O Rosal | |
|---|---|
| Casa consistorial, nun pazo do século XVIII. | |
| Situación | |
| Xentilicio[1]: | rosaleiro/a |
| Xeografía | |
| Provincia: | Provincia de Pontevedra |
| Comarca: | Baixo Miño |
| Poboación: | 6.595 hab. (2010) |
| Área: | 44,1 km² |
| Densidade: | 146,53 hab./km² |
| Entidades de poboación: | 4 parroquias |
| Capital do concello: | O Rosal |
| Política (2011) | |
| Alcalde: | Jesús María Fernández Portela (PP) |
| Concelleiros: | BNG: 2 PPdeG: 8 PSdeG-PSOE: 2 Outros: - |
| Eleccións municipais no Rosal | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes: | 96,21 % |
| Sitio web oficial | |
| http://www.concellodorosal.es/ | |
O Rosal é un concello situado ó suroeste da provincia de Pontevedra. Pertence á comarca do Baixo Miño, situándose á beira da desembocadura do río Miño.
Segundo o IGE, no 2010 tiña unha poboación de 6.595 habitantes.
| Evolución da poboación de O Rosal - desde 1900 ata 2009 - | |||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 |
| 5.225 | 5.302 | 5.679 | 5.558 | 5.992 | 6.595 |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||
A súa economía é eminentemente agrícola, forestal e gandeira (pastos), con algo de pesca de baixura. Son afamados os seus viños, que pertencen á Denominación de Orixe Rías Baixas.
Índice |
[editar] Historia
Atopáronse vestixios paleolíticos, que inclúen pinturas rupestres, e da Idade do Bronce. A cultura castrexa estivo moi presente nesta zona.
Durante a Idade Media pertenceu ó Mosteiro de Santa María de Oia, da orde Cisterciense.
O concello constituíuse en 1847, independizándose do da Guarda. En 1879 o rei Afonso XII outorgoulle o título de vila.
[editar] Patrimonio
Os muíños do Folón e do Picón é un conxunto de 36 muíños do século XVIII situados nos ríos Folón e Picón, todos eles restaurados e mesmo algún en funcionamento. Preto do lugar atópanse a ermida de San Martiño e as fervenzas do río Folón e do río da Cal. Pódense visitar percorrendo a ruta homologada de sendeirismo PR-G 94, roteiro circular de 3'5 km con principio e fin xunto ó Muíño da Ponte das Penas.
O monumento ao cabaqueiro lembra os telleiros da vila, que crearon a xerga denominada latín dos cabaqueiros.
A casa consistorial ocupa un pazo do século XVIII.
[editar] Lugares do Rosal
Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Rosal vexa: Lugares do Rosal.
[editar] Parroquias
| Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias do Rosal | |
|---|---|
|
As Eiras (San Bartolomeu) | O Rosal (Santa Mariña) | San Miguel de Tabagón (San Miguel) | Tabagón (San Xoán) |
[editar] Alcaldes
- José Luis Martínez Rodríguez AP (1979-1987) PP (1987-1999) (1979-1999).
- Jesús María Fernández Portela PP (1999-actualidade).
[editar] Colexios
- CPI Manuel Suárez Marquier (1977).
- CRA María Zambrano: Sede en Pías. 6 edificios (Marzán, Pías, Couso, Fornelos, Novás, Tabagón)
[editar] Deporte
- S. D. Atlético Novás (Balonmán).
- Unión Deportiva Ribera (Fútbol).
- Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores SL (Ciclismo)
- Atletismo suarez marquier [1] (atletismo)
[editar] Música
- Banda Municipal do Rosal.
- Coral Musical do Rosal.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes do Rosal.
[editar] Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
|
|||||
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cun concello de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados cos concellos de Galicia (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |