Camiño portugués
O camiño portugués son as vías do Camiño de Santiago que dende Portugal van cara a Santiago de Compostela. Estes trazados foron adquirindo importancia a partir do século XII.
Índice |
[editar] Itinerarios
O camiño portugués da costa vai dende Lisboa pasa por Coimbra e Porto para seguir cara a Barcelos, Ponte de Lima e Valença do Minho, onde cruza o Miño para entrar en Galicia por Tui (desde a construción da ponte en 1884) e segue por Redondela, Pontevedra e Padrón ata entrar en Compostela.
O camiño portugués interior vai dende Faro ata Chaves, entra en Galicia por Verín e en Ourense enlaza coa Vía da Prata.
Na era medieval o camiño presentaba un forte tránsito, a súa orixe están nas calzadas romanas que unían Bracara Augusta coas distintas cidades galegas como Tude (Tui), Iria Flavia e Lucus (Lugo), que son a base para a configuración do actual camiño.
Na actualidade este goza de gran recoñecemento e é moi transitado especialmente nos meses de verán, considerándose coma a segunda ruta Xacobea en importancia tralo Camiño Francés.
[editar] Galería de imaxes
-
Peregrinos, Ponte de Tui.
-
Cartel en Pontevedra.