Das Kapital

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O Capital, de Karl Marx

O Capital (en alemán, Das Kapital) é unha obra de económica política de Karl Marx na que realiza unha análise crítica do capitalismo e senta as bases para un modelo de socialismo. Publicouse por primeira vez en 1867.

Para Marx, a necesidade primaria do capitalismo, en tanto suxeito da historia, é a plusvalía, a diferenza entre o valor da forza do traballo e o valor das mercadorías producidas por esa forza de traballo. Só a través da produción de plusvalía o diñeiro pode converterse en capital, polo que a base do capital está na explotación da forza de traballo como mercadoría.

Ferramentas persoais