Latitude

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Latitude é un termo usado na xeografía e cartografía. No globo terrestre, é o ángulo que establece, co plano do ecuador terrestre, un raio que vaia dun determinado observador ou lugar ao centro da Terra. Na Liña do Ecuador a latitude é de 0º, no polo Norte é 90º (indicado 90º N) e no polo Sur é -90º (indicado 90ºS). Así, as latitudes positivas, 'por riba' do ecuador, corresponden ó hemisferio norte (chamado tamén hemisferio boreal), e as negativas, 'por baixo' do ecuador, ó hemisferio sur (ou austral).

A latitude e o clima[editar | editar a fonte]

A latitude é medida en graos, e corresponde ó ángulo formado pola liña que une calquera punto situado sobre un paralelo e o centro da Terra co plano do ecuador. Así pois, calquera punto dun paralelo ten a mesma latitude.

Os Paralelos son liñas imaxinarias que cortan a Terra en franxas horizontais paralelas á liña do Ecuador. Os paralelos máis coñecidos son o Trópico de Capricornio, Trópico de Cáncer, Círculo Polar Ártico, Círculo Polar Antártico, e a propia Liña do Ecuador.

O que determina o lugar da Terra por onde pasan esas liñas é a medida do ángulo de incidencia dos raios de sol na superficie. Así, cando o raio de sol incide na superficie da Terra co seu maior ángulo de inclinación teremos a marca dun trópico.

O nome do trópico será o da constelación que estea detrás do Sol nesa época (Cáncer ou Capricornio).

O raio de sol é enerxía en forma luminosa. Así, un raio que incida en ángulo recto (90 graos) terá unha área de incidencia pequena, ou sexa, a dispersión desa enerxía no chan estará máis concentrada. Cando un raio de sol incide na superficie da Terra nun ángulo menor (aproximadamente 23 graos, que é a mesma medida dos Trópicos), terá unha área de incidencia moito maior para distribuír a súa enerxía, e por este motivo transfire menos calor por centímetro cadrado de chan.

Desta forma, no Ecuador, onde o raio de sol chega ó chan máis concentrado, o clima é máis quente. Nos trópicos, onde o raio de sol chega ao chan máis espallado, o clima é menos quente. Nos pólos, onde o raio de sol chega moito máis espallado, o clima é moito menos quente.

Así e todo, os puntos máis fríos da superficie terrestre non son os pólos, senón a estación científica sobre o Lago Vostok, na Antártida, e a aldea de Oymyakon, na Siberia (á latitude de 63º 15')

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]