Meis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Meis
Escudo de Meis
CMeis.jpg
Casa do Concello
Situación
Situacion Meis.PNG
Xentilicio[1]: Meisiños - Meisense
Xeografía
Provincia: Provincia de Pontevedra
Comarca: Salnés
Poboación: 5.002 hab. (2009)
Área: 52,4 km²
Densidade: 94,98 hab./km²
Entidades de poboación: 8 parroquias
Capital do concello: O Mosteiro
Política (2011)
Alcalde: José Luis Pérez Estévez (PPdG)
Concelleiros: BNG: 1
PPdeG: 9
PSdeG-PSOE: 3
Outros: -
Eleccións municipais en Meis
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes: 98,71 %
Sitio web oficial
http://www.meis.es

Meis é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE, no ano 2009 tiña 5.002 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Meisiños - Meisense.

Evolución da poboación de Meis - desde 1900 ata 2009 -
 1900  1930  1950  1981  2004  2009
  4.503   4.906  5.490  5.213   5.004  {{{6}}}
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


Índice

[editar] Xeografía

Limita ao norte con Vilanova de Arousa e Portas, ao leste con Barro e Pontevedra, ao sur con Poio e Meaño, e ao oeste con Ribadumia.

[editar] Patrimonio

Labirinto no petróglifo de Outeiro de Cribo.

Existen restos da cultura castrexa no monte Castrove, no que tamén se sitúan os petróglifos de Outeiro de Cribo.

O mosteiro da Armenteira foi fundado no século XII, e a igrexa do recinto foi reconstruída entre os séculos XVI e XVIII. A capela de Santa María de Nogueira pertenceu a un antigo mosteiro. As igrexas de San Martiño de Meis e San Salvador son do século XII. A igrexa de Paradela conserva a ábsida románica. O templo de Santo Tomé de Nogueira ten frescos do século XVI. A igrexa de Nogueira ten un retablo de pedra.

Ademais de tres pazos situados na parroquia de Paradela: o pazo de Señoráns, o pazo de Pompeán e o de Quintáns, destacan os antigos muíños fluviais, destacando o conxunto de Arcos.

[editar] Turismo

[editar] Festas gastronómicas

  • Festa dos Callos: no lugar do Mosteiro, en xullo.
  • Festa da Carne de Poldro: o 15 de agosto, tamén no Mosteiro. Celébrase desde o 2006, coincidindo coa Feira Anual do Cabalo.

[editar] Comunicacións

Por Meis pasa a Autovía do Salnés AG-41, que comunica Barro e Sanxenxo e a estrada comarcal PO-300, que comunica Meis e Cambados.

[editar] Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Meis.

[editar] Lugares de Meis

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Meis vexa: Lugares de Meis.

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Meis

A Armenteira (Santa María) | Meis (San Salvador) | Nogueira (San Vicente) | Paradela (Santa María) | San Lourenzo de Nogueira (San Lourenzo) | San Martiño de Meis (San Martiño) | San Tomé de Nogueira (San Tomé)

[editar] Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.
Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas