Biotita
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Biotita | |
|---|---|
| Mineral de biotita | |
| Fórmula química: | K(Mg,Fe)3(Al,Fe)Si3O10(OH,F)2 |
| Clase: | Silicatos |
| Subclase: | Filosilicatos |
| Sistema cristalino: | Monoclínico |
| Cor: | Negra e marrón escura |
| Brillo: | Nacarado |
| Dureza: | 2-3 |
| Fractura: | Irregular |
| Exfoliación: | Perfecta, en láminas |
| Raia: | Branca |
| Densidade: | 2,8-3,2 g/cm3 |
A biotita é un tipo de mica de cor negra que fundamentalmente contén silicatos de aluminio e ferro. É un mineral frecuente en moitos tipos de rochas, e por tanto xunto coa moscovita, son as micas máis abundantes da Terra. É moi habitual atopala en moitas rochas graníticas de Galicia.
Índice |
[editar] Aspecto
A biotita preséntase en forma de cristais con forma hexagonal formando frecuentemente maclas. A súa exfoliación é perfecta e faina en forma de láminas moi flexibles e elásticas, suaves, traslúcidas, de brillo nacarado e lixeiramente coloreadas.
Segundo as diferentes inclusións de elementos que presente a biotita pode ser:
- Lepidomelana, se inclúe óxido de ferro (FeO).
- Manganofilita, se inclúe manganeso (Mn).
- Wodanita, se inclúe titanio (Ti).
- Natrobiotita, se inclúe sodio (Na).
- Hendricksita, se inclúe zinc (Zn).
[editar] Lugares onde se atopa
Atópase con frecuencia en granitos, pegmatitas, gneises, pizarras, dioritas e en rochas volcánicas sendo, polo tanto, un mineral formador de rochas.
[editar] Usos da biotita
Úsase coma aislante eléctrico e térmico.
[editar] Outros silicatos
Outros silicatos importantes son:
O feldespato e o cuarzo.