Aeroporto de Sá Carneiro
O Aeroporto Francisco Sá Carneiro ou Aeroporto Internacional do Porto (código IATA: OPO; código ICAO: LPPR) localízase no Grande Porto, na zona de confluencia entre os concellos de Maia, Matosinhos e Vila do Conde, en Portugal.
O aeroporto foi inaugurado en 1945 e substancialmente mellorado en 2003. Actualmente é administrado pola empresa "ANA - Aeroportos de Portugal, SA" e ten unha capacidade para 6 millóns de pasaxeiros/ano. En 2006 recibiu 3.402.893 pasaxeiros, 2.600 toneladas de carga e 4.120 voos.
É, en termos de movementos e pasaxeiros, o terceiro aeroporto portugués despois do Aeroporto de Lisboa e do Aeroporto de Faro. Mesmo así, ten testemuñado un incremento progresivo das súas ligazóns, froito do aumento das operacións das compañías de baixo custe, en concreto da compañía Ryanair.
O aeroporto está constituído por unha pista 17/35 con 3.480 m de longo e 45 m de ancho.
Prevese que no futuro o aeroporto poida ser ampliado cara o sur cunha nova terminal que permitirá mellorar os servizos do aeroporto cando este supere os 5 millóns de pasaxeiros. Tamén está previsto, para mediados de 2009, o inicio da construción dunha nova pista, servindo a actual como pista de rodadura.
Índice |
Destinos e compañías aéreas [editar]
No Aeroporto Francisco Sá Carneiro operan na actualidade as seguintes compañías aéreas:
- Air Berlin (Palma de Mallorca)
- Air France
- Brussels Airlines (Bruxelas)
- Clickair (Barcelona)
- easyJet (Xenebra, Basilea, París-Charles de Gaulle - a partir do 8 de febreiro de 2008, Lyon - a partir do 5 de abril de 2008)
- Iberia
- Operado por Air Nostrum (Madrid)
- Lufthansa (Frankfurt)
- Luxair (Luxemburgo)
- Ryanair (París-Beauvais, Dublín, Girona, Frankfurt-Hahn, Liverpool, Londres-Stansted, Madrid, Marsella, Milán-Bergamo, Bristol, Estocolmo-Skavsta, Pisa-Florencia, Valencia)
- SATA International (Ponta Delgada, Toronto-Pearson - sazonal)
- TAP Portugal (Amsterdam, Caracas, Xenebra, Lisboa, Londres-Gatwick, Londres-Heathrow, Luxemburgo, Madeira, Milán-Malpensa, Newark, París-Orly, Río de Xaneiro-Galeão, Roma-Fiumicino, Salvador, San Paulo-Guarulhos)
- TACV (Sal - sazonal)
- TUIfly (Colonia/Bonn, Stuttgart, Hamburgo)
- Transavia (París-Orly)
- Volare Airlines (Milán-Malpensa)
Charter [editar]
- Air Transat (Montreal-Trudeau, Toronto-Pearson)
- Skyservice (Toronto-Pearson)
- Swiss International Air Lines (Zúric)
Accesos [editar]
O aeroporto, outrora precario e con malas comunicacións, é hoxe considerado un dos mellores aeroportos europeos, enlazado con novas autoestradas e con infraestrutura, dentro do aeroporto, do Metro do Porto ligándoo directamente co centro da cidade do Porto, cos trens de velocidade elevada (Campanhã) e co estadio de fútbol do Dragão e, facendo transbordo, con outros centros urbanos do Grande Porto: Póvoa de Varzim e Vila do Conde (Liña B, estación Verdes); Maia (Liña C, estación Fonte do Cuco); Matosinhos (Liña A, estación Senhora da Hora); e Vila Nova de Gaia (Liña D, estación Trindade). Taxis e os autocares dos STCP complementan a conexión do aeroporto coa cidade do Porto.
Dende Galicia hai ligazóns regulares ao Aeroporto do Porto en autocares dende A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra e Vigo (ida e volta) dúas veces ao día, nos días laborables, e unha vez ao día, nos fins de semana.
Premios [editar]
O Aeroporto do Porto ten sido recoñecido internacionalmente pola calidade das súas instalacións e do seu servizo:
- En 2006 a "European Convention for Constructional Steelwork" (ECCS) distinguiu o terminal de pasaxeiros do Aeroporto Sá Carneiro na categoría de mellor obra en acero, por ser un edificio que vence 80 metros de van a través do emprego de estruturas trianguladas [1].
- En 2007 foi considerado o terceiro mellor aeroporto de Europa (en termos absolutos) e o mesmo lugar a nivel mundial na categoría de menos de 5 millóns de pasaxeiros. A clasificación é da asociación internacional de aeroportos (ACI - Airports Council International) que mide a calidade dos servizos prestados en 90 aeroportos de todo o mundo, con base en enquisas sobre a satisfacción dos pasaxeiros[2].