Festival Sinsal Audio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sinsal
Illa de San Simón, unha das sedes do festival.
Localización Illa de San Simón, Redondela
Anos 11
Nº edicións 10
Fundadores
Data xuño-agosto
Xénero Rock alternativo - música electrónica - jazz - música experimental
Organizador
Web oficial sinsalaudio.es
Na rede

O Festival Sin Sal Audio, coñecido popularmente coma Sinsal, é un festival de música celebrado na Illa de San Simón, na parroquia de Cesantes, en Redondela. A súa característica máis peculiar é que non ten programación coñecida de antemán, pois as bandas que actúan no festival non se coñecen por adiantado, senón unha vez os asistentes estean no lugar. Dende a súa primeira edición reuniu a bandas da talle de Alt-J, Triángulo de Amor Bizarro, Unicornibot, Maïa Vidal, Jane Joyd, Alela Diane, Christian Kjellvander, Nite Jewel, Múm ou Das Kapital, entre outros.

Historia[editar | editar a fonte]

O festival Sinsal celébrase na actualidade na illa de San Simón, un espazo natural na contorna da enseada de San Simón, no fondo da ría de Vigo e coas localidades de Redondela, Soutomaior e Vilaboa nos arredores. Porén, o festival comezou en Vigo no ano 2003, en diversas salas e teatros da cidade. Máis tarde estendeuse tamén a outras cidades galegas como Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol e Pontevedra.[1] A partir do ano 2010 a organización decidiu mudar a lugares máis naturais e recónditos a localización do festival, e bautizaron esa serie de eventos coma Festival AP9, por ser esta a autoestrada que vertebra as tres principais cidades galegas. No 2011 o festival mudou definitivamente á illa de San Simón.

Na edición do ano 2013 o festival aprazouse por mor da traxedia do Accidente de Angrois en Compostela.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Festival Sinsal Audio: Historia". Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2013. Consultado o 02 de setembro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]