Salceda de Caselas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°06′05.75″N 08°33′31.77″W / 42.1015972°N 8.558825°W / 42.1015972; -8.558825

Salceda de Caselas
Escudo de Salceda de Caselas
Concello de Salceda de Caselas.JPG
Casa do Concello
Situación
Situacion Salceda de Caselas.PNG
Xentilicio[1]: Salcedense
Xeografía
Provincia: Provincia de Pontevedra
Comarca: Vigo
Poboación: 8.448 hab. (2010)
Área: 35,9 km²
Densidade: 230,89 hab./km²
Entidades de poboación: 7 parroquias
Capital do concello: Salceda
Política (2011)
Alcalde: Marcos Besada (BNG)
Concelleiros: BNG: 6
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 1
Outros: -
Eleccións municipais en Salceda de Caselas
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes: 98,06 %
Sitio web oficial
http://www.salcedadecaselas.es

Salceda de Caselas é un concello da Provincia de Pontevedra en Galicia pertencente á Comarca de Vigo. A súa poboación en 2009 era de 8.289 persoas, segundo o Padrón municipal de habitantes. Isto supón un aumento de 351 persoas en relación ó 20082007, 7.686 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Salcedense.

Evolución da poboación de Salceda de Caselas - desde 1900 ata 2009 -
 1900  1930  1950  1981  2004  2009
  4.408   4.011   4.791   5.618   6.835   8.448
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


Índice

[editar] Localización

O territorio organízase en torno ao río Caselas, afluente do Miño, e está flanqueado polas depresións dos ríos Louro e Tea. A parte setentrional, na que remata a Dorsal Galega, é a de maiores alturas, cos montes de San Cibrán (430 m.), Chan de Mielo (402 m.), O Curuncho (400 m.), monte Faro (396 m.). No sur atópanse terrazas aluviais, de entre as que destacan as Gándaras de Budiño. Predominan as rochas metamórficas, que deron orixe a unha das principais actividades económicas, a explotación do granito.

Desfruta dun clima suave con temperaturas medias de 14°C (8° de media no inverno e 20°C no verán). As xiadas son infrecuentes e chove bastante no inverno, se ben os veráns son secos.

A excepción dalgúns soutos e carballeiras pequenas, a vexetación primitiva ten desaparecido e predominan os piñeiros e eucaliptos. O 30% das terras dedícanse á agricultura, que produce millo, patacas, hortalizas e uvas; nas zonas de ribeira hai prados.

[editar] Demografía

Evolución da poboación do concello:


[editar] Historia

O nome de Salceda débese ao desaparecido mosteiro beneditino de Santa María de Saliceta, arredor do cal se creou a capital municipal actual. Este mosteiro fundouno no ano 914 a raíña Dona Aragonta, esposa de Ordoño II e parenta de San Rosendo. Era dúplice, de monxes e monxas, e a el se retirou a vivir a súa creadora ao ser repudiada polo seu marido. Os terreos que circundan a igrexa do convento, reconstruída en 1769, denomínanse, precisamente, "do mosteiro" e a súa porta norte "da Raíña".

O Castelo de Toroña, en Entenza, xogou un papel importante nas guerras contra Portugal, ainda que del hoxe só fiquen algúns restos, pois foi derrubado no século XV por Isabel a Católica.

En Salceda de Caselas naceu Santo Toribio de Toroña, que chegou a ser bispo de Astorga.

Durante a Guerra de Independencia española, as tropas españolas ao mando do Abade de Couto, Mauricio Troncoso de Lira, asentáronse na ermida da Ascensión antes de partir do monte das Penizas, en Soutelo, baixo o mando de Felipe Concha para reconquistar Tui.

[editar] Patrimonio natural

No ano 2008 tiña sete montes veciñais en mancomún[3], que ocupaban unha superficie de 931,57 ha[4].

[editar] Economía

O concello de Salceda de Caselas é dos que non minguaron de poboación nas últimas décadas. A agricultura, a gandería e a explotación forestal, afectadas polo minifundismo, foron sendo desprazadas pola industria, centrada no polígono industrial de O Cerquido, que continúa o eixo Vigo-Porriño. Moitos veciños van traballar a Vigo ou ás empresas situadas en Porriño diariamente. As industrias máis importantes están relacionadas coa transformación do granito, os accesorios para a industria da automoción, os plásticos, as construcións metálicas e a cerámica.

[editar] Cultura

Pazo de Aballe.

No concello érguense numerosos pazos e casas señoriais. Destaca a casa grande da Picoña, que data de 1543; foi propiedade dos señores de Troncoso de Lira e Soutomaior. Outros son o pazo de Pegullal, o pazo de Aballe, o pazo da Corisca, a casa da Marquesa de Atalaia e o pazo de Budiño.

Pódense ver tres cruceiros notábeis: o cruceiro da Esfarrapada, o do Cristo e outro en Entenza.

As Penas de San Cibrán e as Gándaras de Budiño son dous espazos naturais destacados.

A festa de seu que acada maior sona é a Festa dos callos, á que adoita acudir Mariano Rajoy.

[editar] Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Salceda de Caselas

[editar] Lugares de Salceda de Caselas

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Salceda de Caselas vexa: Lugares de Salceda de Caselas.

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Salceda de Caselas

Entenza (Santos Xusto e Pastor) | Parderrubias (San Tomé) | A Picoña (San Martiño) | San Xurxo de Salceda (San Xurxo) | Santa María de Salceda (Santa María) | Santo Estevo de Budiño (Santo Estevo) | Soutelo (San Vicente)


[editar] Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.
  3. Montes veciñais en mancomún.
  4. Montes veciñais en man común 2008. Consellaría do Medio Rural.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas


Concellos da Comarca de Vigo Comarca de Vigo
Baiona
Baiona
Fornelos de Montes
Fornelos de Montes
Gondomar
Gondomar
Mos
Mos
Nigrán
Nigrán
Pazos de Borbén
Pazos de Borbén
O Porriño
O Porriño
Redondela
Redondela
Salceda de Caselas
Salceda de Caselas
Soutomaior
Soutomaior
Vigo
Vigo
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas