Deputación de Pontevedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pazo da Deputación, sede do organismo en Pontevedra.
Escudo da provincia de Pontevedra

A Deputación Provincial de Pontevedra é o organismo que representa os concellos de toda a provincia. A súa sede sitúase na capital da provincia. En 2011 o presidente era Rafael Louzán Abal, estando constituída a Corporación por 14 deputados do PPdG, 8 do PSdeG e 5 do BNG.

O orzamento no ano 2007 ascendeu a 148.972.000 euros.

Índice

[editar] O Pazo provincial

O Pazo provincial de Pontevedra sitúase no paseo Montero Ríos, desta cidade. Inicialmente tiña a sede no convento de San Francisco, desde onde se trasladou ó actual pazo en 1890. Este construíuse sobre a antiga leira do convento de San Domingos, baixo a dirección do arquitecto Alejandro Rodríguez Sesmeros.

[editar] Institucións

Da Deputación provincial dependen, entre outras, as seguintes institucións:

[editar] Presidentes

Rafael Louzán, actual presidente da Deputación.

[editar] Período dos Gobernadores Civís

[editar] Período dun presidente da Deputación para cada sesión

O artigo 37 da Lei de gobernos de provincia de 25 de setembro de 1863 contempla a elección de presidente: "A Deputación Provincial no primeiro día de cada reunión ordinaria ou extraordinaria nomeará de entre os seus individuos a un presidente".

[editar] Período inicial do Sexenio Revolucionario

Trala Revolución de 1868 ata a entrada en vigor da Lei provincial do 20 de agosto de 1870, volveu a figura do gobernador-presidente da Deputación de forma similar ó período inicial.

[editar] Período dun presidente da Deputación para todas as sesións

A Lei provincial do 20 de agosto de 1870, así como as sucesivas, define con claridade a figura do presidente cun carácter máis permanente e cunha clara continuidade ao longo de todo o período de sesións que lle corresponda á Corporación. O artigo 28 obriga á "Elección dun presidente, un vicepresidente e dous secretarios para todas as sesións que teñan que celebrarse ata a renovación".

Malia a clara e concreta regulamentación, os inicios deste período comprenden unha sucesión de presidentes en curto espazo de tempo.

[editar] Nomeados polo Gobernador Civil

Entre 1874 e 1875 as corporacións provinciais constitúense coa intervención directa dos gobernadores civís. Os presidentes son nomeados polo gobernador civil e nalgún caso pola mesma corporación.

[editar] Nomeados pola corporación

Coa entrada en vigor da Lei provincial do 2 de outubro de 1877 vólvese ó procedemento de elección de presidente por parte da corporación.

[editar] Directorio militar

O Real Decreto do 12 de xaneiro de 1924 restablece o sistema de nomeamento de deputados polo gobernador e elección entre eles do presidente.

[editar] Estatuto provincial

O Estatuto provincial do 20 de marzo de 1925 restablece o nomeamento dos deputados por parte do gobernador e a elección dun presidente por un período de seis anos.

  • Daniel de la Sota Valdecilla (1 de abril de 1925).
  • Casto Sampedro Folgar (interino; 25 de febreiro de 1930).

[editar] Elixidos polo gobernador civil

Segundo o Real decreto do 15 de febreiro de 1930 o gobernador dálles posesión ós deputados e elíxese presidente.

[editar] Segunda República Española

O 15 de abril de 1931 tomou posesión o Comité, facéndose cargo da Deputación por delegación do Goberno Provisorio da República.

O 25 de abril de 1931 toma posesión a Comisión Xestora da Deputación tras o cal se procede no sucesivo á elección do presidente de entre os membros que a compoñen.

[editar] Presidentes por designación

O 15 de decembro de 1936 constitúese a nova Comisión Xestora.

[editar] Lei de réxime local

O 16 de decembro de 1950 promulgouse a Lei de réxime local, que indica que o nomeamento do presidente lle corresponde ó ministro da Gobernación.

[editar] Período contemporáneo

Trala promulgación da Constitución Española de 1978, os presidentes son elixidos entre os membros da Corporación por votación interna.

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas