Soutomaior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soutomaior
Escudo de Soutomaior
Soutomaior Galicia.jpg
Castelo de Soutomaior
Situación
Situacion Soutomaior.PNG
Xentilicio[1]: Soutomaiorense
Xeografía
Provincia: Provincia de Pontevedra
Comarca: Vigo
Poboación: 6.867 hab. (2009)
Área: 25,0 km²
Densidade: 261,48 hab./km²
Entidades de poboación: 2 parroquias
Capital do concello: Soutomaior
Política (2011)
Alcalde: Agustín Reguera Ocampo (PPdeG)
Concelleiros: BNG: 3
PPdeG: 9
PSdeG-PSOE: 1
Outros: -
Eleccións municipais en Soutomaior
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes: 97,45 %
Sitio web oficial
http://www.soutomaior.com/index_gal.html

Soutomaior é un concello da Provincia de Pontevedra, pertencente á Comarca de Vigo. Segundo o INE, no ano 2009 tiña 6.867 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Soutomaiorense.

Índice

[editar] Xeografía

Soutomaior localízase entre a Serra do Suído e a Ría de Vigo, atravesado polo río Oitavén. Este entra no concello encaixado até unirse co río Verdugo en Ponte da Barca, no Salto do Inferno, e logo os dous xuntos desembocan na enseada de San Simón.

O clima é oceánico, húmido na costa e de montaña no interior. Chove bastante (1.500 mm.), se ben non venta demasiado, co que a temperatura media no verán non supera os 20°C e a do inverno non baixa dos 10°C.

[editar] Economía

Ainda que mantén un carácter rural, a proximidade de Vigo provoca que o sector primario roce só o 10 % da poboación activa e diminúa rapidamente. Do mar extráense ameixas, berberechos e ostras.

Tamén diminúe o sector secundario (35 % da poboación), que mostra dependencia de desprazamentos diarios a Pontevedra e Vigo. A metade da poboación dedicada ao sector terciario faino no comercio minorista, empresas de transportes e restaurantes.

[editar] Historia

A historia do territorio durante a Idade Media xira en volta do castelo de Soutomaior e da familia que o fundou, especialmente Pedro Álvarez de Soutomaior (Pedro Madruga), que se enfrontou aos irmandiños e loitou na guerra dinástica que precedeu o reinado dos Reis Católicos.

[editar] Patrimonio

O castelo de Soutomaior, no monte Viso, foi construído no século XII e transformouse no XV nunha fortaleza medieval parcialmente destruída durante a revolta irmandiña.

No monte da Peneda houbo un castro, do que se conservan restos de tres vivendas e a muralla. Na idade media construíuse alí a fortaleza de Castrizán, derrubada en 1478 durante a Gran Guerra Irmandiña. Posteriormente construíuse o santuario da Virxe das Neves, tamén chamada capela da Peneda. Nela celébranse dúas romarías anuais: o luns de pascua e o 5 de agosto.

En Aranza atópase o santuario da Virxe da Pena de Francia, construído en 1788.

A igrexa de Santiago de Arcade é románica e conserva unha interesante portada e capiteis. Na parroquia de Arcade hai 8 cruceiros (adro parroquial, O Calvario, rúa Leiras, rúa Valmonte, Negueirós, rúa do Calacual, capela da Peneda e Cimadevila) e 2 petos de ánimas (A Cacharela e A Devesa)[3].

Na parroquia de Soutomaior hai 6 cruceiros (adro, cemiterio, As Laxes, Moreira, santuario da Virxe da Pena de Francia e Cortellas), 7 cruces, un peto de ánimas e un esmoleiro.

Unha vez había dous bois que xa eran moi velliños e que traballaran xuntos toda a súa vida. O amo vendeunos para matar e tiveron que arredarse para sempre... E din que no intre da despedida díxolle un ó outro:
-Adeus, meu compañeiro, e deica a feira de Soutomaor.
(Na feira de Soutomaor había mercado de coiros)

Castelao: "Manter un animal para comelo" (Cousas)

.

[editar] Lugares de Soutomaior

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Soutomaior vexa: Lugares de Soutomaior.

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Soutomaior

Arcade (Santiago) | Soutomaior (San Salvador)


[editar] Galería de imaxes

[editar] Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.
  3. Fernández de la Cigoña Núñez, E.: Cruces, cruceiros e petos do concello de Soutomaior. AGCE, 2007

[editar] Véxase tamén


Concellos da Comarca de Vigo Comarca de Vigo
Baiona
Baiona
Fornelos de Montes
Fornelos de Montes
Gondomar
Gondomar
Mos
Mos
Nigrán
Nigrán
Pazos de Borbén
Pazos de Borbén
O Porriño
O Porriño
Redondela
Redondela
Salceda de Caselas
Salceda de Caselas
Soutomaior
Soutomaior
Vigo
Vigo
Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas