Mos
Coordenadas: 42°11′28.80″N 08°38′23.50″W / 42.191333°N 8.639861°W
| Mos | |
|---|---|
| Casa do concello. | |
| Situación | |
| Xentilicio[1]: | Mosense |
| Xeografía | |
| Provincia: | Provincia de Pontevedra |
| Comarca: | Vigo |
| Poboación: | 14.650 hab. (2009) |
| Área: | 53,2 km² |
| Densidade: | 272,63 hab./km² |
| Entidades de poboación: | 40 lugares en 10 parroquias |
| Capital do concello: | A Rúa |
| Política (2011) | |
| Alcalde: | Nidia Arévalo (PPdeG) |
| Concelleiros: | BNG: 2 PPdeG: 10 PSdeG-PSOE: 5 Outros: |
| Eleccións municipais en Mos | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes: | 96,40 % |
| Sitio web oficial | |
| http://www.concellomos.es/ | |
Mos é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á Comarca de Vigo. Forma parte da comarca xeográfica da Louriña. Segundo o IGE en 2009 tiña 14.650 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é mosense.
| Evolución da poboación de Mos - desde 1900 ata 2009 - | |||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 |
| 6.094 | 7.367 | 8.876 | 13.102 | 14.214 | {{{6}}} |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||
Índice |
[editar] Xeografía
O concello abrangue dez parroquias. Limita ao norte con Redondela e Pazos de Borbén, ao sur co Porriño, ao oeste con Vigo, e ao leste con Ponteareas. A posición xeográfica de Mos fai historicamente do concello unha zona de paso de importantes vias de comunicación. Os recentes proxectos de construción das vías do AVE e dunha nova autoestrada están a xerar unha forte polémica no municipio.
[editar] Parroquias
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Mos vexa: Lugares de Mos.
[editar] Historia
En Mos atópanse abundantes restos arqueolóxicos que son testemuña dunha intensa ocupación do territorio dende a Antigüidade, como o castro de Torroso. Aínda así, desde a existencia de poboados prehistóricos documentados pola presenza do Campo de Mámoas e a Pedra Cabaleira (dolmen con restos de corredor incipiente) non hai mais datos ata a romanización. Nesa época transcorría por Mos a vía romana XIX, que unía Braga con Lugo e Astorga.
- O marquesado de Mos
As dez parroquias da parte máis alta do val da Louriña estaban divididas, durante o Antigo Réxime, en tres xurisdicións distintas. O Conde de Salvaterra administraba as parroquias de Cela, Dornelas, Petelos e Sanguiñeda, mentres que Louredo, Guizán, Pereiras e Tameiga dependían do Conde de Maceda, que era o propietario do Pazo de Santo Antoíño. Pero a casa máis influínte nestas terras era a do Marqués de Mos, que tiña baixo a súa xurisdición as parroquias de Mos e Torroso.
Entre 1685 e 1686 Gabriel de Quirós recibe o título de Marqués de Mos de mans de Carlos II; Desde 1776 ten grandeza de España, mercé outorgada a Benito Correa e Sarmiento, cuarto marqués de Mos. A partir dese momento e ata principios do século XIX a parroquia de Mos comezou a utilizar o título de vila. A mediados do século XIII era coñecida como o nome de Molis.
En 1810 únese o marquesado de Mos ao de Valadares, ao morrer este sen descendencia, e en 1908, ao falecer o marqués da Veiga de Armijo e de Mos, pasa a propiedade a unha sobriña, María Vinials, marquesa de Ayerbe.
Coa creación dos primeiros concellos constitucionais en España, no ano 1833, xorde tamén o de Mos, formado desde o primeiro momento polas dez parroquias que ten na actualidade. O cambio máis importante produciuse en 1935, co polémico traslado da capital de Mos a Petelos.
[editar] Patrimonio
Mos conta con abundante patrimonio arquitectónico espallado pola súa xeografía. O municipio estaba atravesado na época romana pola vía XIX do itinerario de Antonino, que ía de Braga a Lugo. Desa época consérvase un miliario romano. Na actualidade a zona está atravesada pola vía portuguesa do camiño de Santiago.
O pazo de Mos, recentemente restaurado, deu nome ao municipio e baseouse no seu escudo o actual brasón da vila. Data do século XVI.
O pazo de Santo Antoíño está situado na parroquia de Louredo. Ten orixe no século XIV, pero foi reconstruído no XVIII. Conta cunha capela do XVI.
Conta ademais con moitas igrexas espalladas polas súas parroquias, entre elas a igrexa de Louredo, que conserva o seu tímpano románico, aínda que reformada no século XVIII. A igrexa de Guizán tamén conserva a portada románica e a igrexa de Sanguiñeda, que data do ano 1685, conta con esculturas que se cre que proceden dun templo románico anterior.
O concello ven rehabilitando, dende a anterior lexislatura, os abundantes muíños abandonados dende hai décadas.
[editar] Clima
A característica fundamental do clima de Mos é a existencia de dous microclimas ben diferentes, un de montaña e outra de val, representados nas inmediacións de Peinador e O Porriño, respectivamente.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Mos.
[editar] Datos de interese
| Cela | Dornelas | Guizán | Louredo | Mos | Pereiras | Petelos | Sanguiñeda | Tameiga | Torroso |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 36311 | 36417 | 36417 | 36415 | 36415 | 36419 | 36416 | 36418 | 36416 | 36417 |
[editar] Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
[editar] Véxase tamén
|
|||||
[editar] Ligazóns externas
- Web oficial do concello
- Todo Mos
- Mancomunidade da área intermunicipal de Vigo
- Mos, Turismo Rías Baixas