Vila de Cruces
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cun concello de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados cos concellos de Galicia (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Vila de Cruces | |
|---|---|
| Casa do Concello | |
| Situación | |
| Xentilicio[1]: | Cruceños |
| Xeografía | |
| Provincia: | Provincia de Pontevedra |
| Comarca: | Deza |
| Poboación: | 6.437 hab. (2010) |
| Área: | 155,0 km² |
| Densidade: | 42,02 hab./km² |
| Entidades de poboación: | 28 parroquias |
| Capital do concello: | Vila de Cruces |
| Política (2011) | |
| Alcalde: | Jesús Otero Varela (PPdeG) |
| Concelleiros: | BNG: 2 PPdeG: 8 PSdeG-PSOE: 3 Outros: - |
| Eleccións municipais en Vila de Cruces | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes: | 98,8 % |
| Sitio web oficial | |
| http://www.viladecruces.es | |
Vila de Cruces é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. Limita cos concellos de Boqueixón, Touro, Arzúa e Santiso (da provincia da Coruña), e Silleda, Agolada e Lalín (provincia de Pontevedra).
Segundo o Padrón municipal de habitantes a poboación en 2010 era de 6.437 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cruceño.
| Evolución da poboación de Vila de Cruces - desde 1900 ata 2009 - | |||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 |
| 9.924 | 9.284 | 11.068 | 8.439 | 6.953 | 6.437 |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||
| Censo Total | 6.475 |
| Menores de 15 anos | 562 (8.68%) |
| Entre 15 e 64 anos | 3.897 (60.18%) |
| Maiores de 65 anos | 2.016 (31.13%) |
Evolución da poboación entre 1900 e 2009:

Índice |
[editar] Historia
O concello denominouse Carbia ata 1944, por estar nesta parroquia a capitalidade. O 19 de setembro de 1944 o concello inaugurou a súa nova sede en Vila de Cruces, tomando esta denominación oficialmente.
[editar] Festas e celebracións
A Patrona da vila é a Nosa Señora da Piedade e celébrase a súa festa o fin de semana seguinte ó 4 de agosto (excepto se é sábado que pasaría a ser o seguinte).
- Entroido
Varias parroquias celebran o entroido cos altos dos xenerais.
- Gastronomía
Tamén celebra festas gastronómicas como a da Castaña en novembro, a do Chourizo en febreiro e a do Galo de Curral en maio, todas elas con degustación gratuíta de produtos da zona.
Os días de feira na Vila son 4 e o 17 de cada mes.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Vila de Cruces.
[editar] Parroquias de Vila de Cruces
[editar] Lugares de Vila de Cruces
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vila de Cruces vexa: Lugares de Vila de Cruces.
[editar] Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.