Mondariz-Balneario
| Mondariz-Balneario | ||||
|---|---|---|---|---|
|
||||
| Situación | ||||
| Xentilicio[1] | mondaricense | |||
| Xeografía | ||||
| Provincia | Provincia de Pontevedra | |||
| Comarca | Comarca do Condado | |||
| Poboación | 734 hab. (2010) | |||
| Área | 2,3 km² | |||
| Densidade | 319,13 hab./km² | |||
| Entidades de poboación | 1 parroquia | |||
| Capital do concello | ||||
| Política (2011) | ||||
| Alcalde | José Antonio Lorenzo Rodríguez (PPdeG) | |||
| Concelleiros | BNG: 2 PPdeG: 5 PSdeG-PSOE: 0 Outros: - |
|||
| Eleccións municipais en Mondariz-Balneario | ||||
| Uso do galego[2] (2001) | ||||
| Galegofalantes | 91,33% | |||
| Páxina web oficial | ||||
| MondarizBalneario.es | ||||
Mondariz-Balneario é un concello da provincia de Pontevedra, pertence á comarca do Condado. Segundo o IGE en 2010 tiña 734 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «mondaricense».
Índice |
Poboación[editar]
| Censo Total (Habitantes) | 690 |
| Menores de 15 anos | 93 (13.48 %) |
| Entre 15 e 64 anos | 433 (62.75 %) |
| Maiores de 65 anos | 164 (23.77 %) |
Historia[editar]
No termo municipal hai restos dun poboado castrexo no Coto de Cividade. Da época da romanización consérvanse os restos dunha calzada sobre o río Tea.
O concello está situado preto do castelo de Sobroso, polo que a fonte de Gándara adoitaba recibir a visita da nobreza. Segundo a tradición, en 1282 casaron na capela de San Pedro o rei Dinis de Portugal coa infanta Isabel de Aragón.
Durante o Antigo Réxime esta zona pertencía á provincia de Tui, unha das sete do Reino de Galiza. Trala reforma administrativa, o 30 de novembro de 1833 a xurisdición de Sobroso pasou a ser dependente da provincia de Pontevedra. O lugar pertencía aínda á parroquia de Mondariz, até que en 1904 se creou a parroquia de Troncoso.
A comezos do século XX o empresario Enrique Peinador promoveu a recuperación da fonte de Gándara e a creación do balneario, que axiña se converteu nun centro de hospedaxe frecuentado pola burguesía.
O 30 de novembro de 1924, co nome da Nosa Señora de Lourdes, a parroquia pasou a formar un concello independente, facendo referencia o seu nome ao balneario de augas medicinais. O 17 de abril de 1925 o rei Afonso XIII concedeu á vila o título de "Moi Hospitalaria".
Galería de imaxes[editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Mondariz-Balneario.
|
Parroquias[editar]
| Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Mondariz-Balneario | |
|---|---|
|
Mondariz-Balneario (Nosa Señora de Lurdes) |
Lugares de Mondariz-Balneario[editar]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Mondariz-Balneario vexa: Lugares de Mondariz-Balneario.
Notas[editar]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
Véxase tamén[editar]
| Concellos da Comarca do Condado | ||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mondariz |
Mondariz-Balneario |
As Neves |
Ponteareas |
Salvaterra de Miño |
||||||
|
|||||